Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro

Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro

Rematou a festa do fútbol de Esteiro. O XXXV Campionato de Barrios de Esteiro chegaba onte, 15 de agosto, ao seu fin, cun Xosé Luís Vara Oliveira ateigado con máis dun milleiro de persoas. Tralas semifinais celebradas a pasada fin de semana, que non permitiron que a Esteirana presentara moita batalla no Trofeo Sorum, os dous favoritos chegaban á final tras desfacerse dos Carallo Santo e Cánchester de Creo.

Así, os Independiente de Uhia e Os Ciclóns afrontaba a finalísima tras quedar primeiros e segundos en Liga.O equipo do Maio foi quen de darlle a volta a un partido que se lle puxera moi de cara ao Independiente. O equipo de Uhía adiantárase no marcador con goles de Adelino e Alex dominando claramente unha final na que mesmo estragaron varias ocasións de gol con tiros á madeira e unhas boas intervencións do porteiro do equipo rival.
Sen embargo, a falta de un cuarto de hora para o final, o equipo do Maio gracias ao tesón dos seus xogadores e a un hat trick de Kike Paluca que asinou unha magnífica actuación poñería no marcador o resultado final de Independiente 2 - Ciclóns 3, acadando a gloria para os Ciclón's e provocando o delirio nos siareiros do Maio. Os Ciclón's lograron así este ano o seu sétimo campionato, conseguindo tamén Ramón do Camarón o trofeo ao porteiro menos goleago e Kike Paluca o premio para o máximo goleador do torneo de Esteiro.

Felicitamos pois a eses Ramon, Maceiras, Amancio, Foguete, Dani, Jose, Manuel, Pablo, Jorge, Kike, Pichu, Lucky, Dani, Tuno, Adrián, Manolo, Ángel, Mingos, Fran, Beni e Yago, que forman estes Ciclóns 2012.

Cómpre lembrar que foi o Praias de Reimóndez o que levou o deshonroso trofeo da Cuchara, ao mái puto estilo 6 Nacións do rugby, tras caer na última xornada co Tal.

Vindeira cita en Muros

Precisamente a Esteirana participará no encontro homenaxe a Jano e Naso, xogadores do Muros falecidos hai anos nun accidente de coche. A cita será o vindeiro sábado 25 de agosto en Miraflores ante o cadro local.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios