Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un corcubionés competindo cos mellores do mundo no I Maxistral de Xadrez de Compostela

Un corcubionés competindo cos mellores do mundo no I Maxistral de Xadrez de Compostela
O corcubiones Memarde con pezas negras no I Maxistral Cidade de Compostela O corcubionés Luís Memarde con pezas negras no I Maxistral Cidade de Compostela

En marcha está o I Maxistral Cidade de Compostela no que compiten varios dos mellores xogadores do mundo. Unha competición servirá para ir quecendo motores de cara ao Mundial de Xadrez nas categorías sub-8, sub-10 e sub-12, que se celebrará en Santiago no próximo mes de novembro.

Entre os 10 xogadores invitados pola organización a este torneo pechado destacan catro Grandes Mestres Internacionais: os arxentinos Sandro Mareco e Fernando Peralta, o letón Illmars Starotsis e o rumano Marius Manolache. Tamén participará o asturiano Mestre Internacional Calos Suárez.

Á súa altura compite o Mestre FIDE Luís Marcos Mermade Santiago, natural de Corcubión (1994) e afincado en Santiago, é o representante costeiro neste torneo, que serve para seguir sumando puntos internacionais. Con el, os 5 dos mellores xogadores galego, que compiten (só pode haber 5 de cada país para evitar “trampas”), dende o pasado mércores e ata o 13 de setembro os Mestres Internacionais Roi Reinaldo de Nigrán, Julio Suárez de Vilagarcía e o compostelán Diego Suárez e o Mestre Fide composteláns Fernándo Sánchez.

Na primeira mesa, o corcubionés fixo táboas cun dos mestres arxentinos, polo que a cousa pinta ben.

O torneo ten tamén voz costeira, pois é o esteirán David Lariño, xogador do Cabo Touriñán e mestre da escola muxiá. As partidas comezan ás 16:30h no comedor do Pazo de Fonseca, e o público poderá acceder dende o xardín. Ademais retransmítense en directo por chess24 e Lariño comeza a comentar a partir das 17:00h.

David Larino e o speaker do I Maxistral Cidade de Compostela David Lariño é o speaker do I Maxistral Cidade de Compostela

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-gm-vladimir-petkov-demostra-o-seu-poderio-no-iii-torneo-de-xadrez-de-mazaricos/ https://quepasanacosta.gal/david-larino-e-mauro-rey-alcanzan-grandes-resultados-no-torneo-de-xadrez-da-semana-verde/

Comentarios