Luns. 26.08.2019
El tiempo

Un corcubionés do Dumbría mantense na Selección Galega de Volei Praia

Un corcubionés do Dumbría mantense na Selección Galega de Volei Praia

Manuel Marcote, infantil do Manuela Rial, non aguantou toda a concentración. Pero o corcubionés do Volei Dumbría Javier Domínguez , un habitual nos últimos anos do combinado nacional, segue representando á Costa da Morte nos adestramentps da Selección Galega de volei praia. Xa non só na pista é bo este espigado xogador, senón que na area tamén se manexa de marabilla

Este domingo, Javier terá que ir ata a praia da Barraña, en Boiro, para adestrar cos mellores xogadores galegos. Destes adestramentos sairán os xogadores que representen a Galicia no volei praia que se xoga en parella.

Así que estaremos atentos a ver se a parella galega que compita no Campionato de España infantil de Volei Praia ten cor costeiro. Non habería mellor broche para unha temporada de éxitos no volei costeiro. Sorte Javier.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría e do Manuela Rial da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios