Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un final de infarto deu unha das poucas alegrías da fin de semana de tenis de mesa

Un final de infarto deu unha das poucas alegrías da fin de semana de tenis de mesa
O AD ZAS Construcciones Cernadas conseguíu a vitoria máis significativa da fin de semana, con protagonismo de infarto para Stevo Lema, segundo pola esquerda O AD ZAS Construcciones Cernadas conseguíu a vitoria máis significativa da fin de semana, con protagonismo de infarto para Stevo Lema, segundo pola esquerda Mala xornada a desta fin de semana para o tenis de mesa costeiro. 9 partidos e só 3 vitorias para os costeiros, que seguen traballando arreo e espallando a febre do tenis de mesa pola volta. A mellor nova, a primeira vitoria do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª División Galega, cun final de infarto que case acaba co noso Stevo.

2ª Divsión Nacional

  • Resultado: Mercantil Vigo Tenis de Mesa – AD Zas Ponciano Nieto (6-0).
Levaba moitas esperanzas de conseguir algo positivo o AD Zas Ponciano Nieto na viaxe a Vigo e ante un dos rivais que estará tamén na loita por evitar descenso. E eles sabedores tamén do moito que se xogaban puxeron os mellores xogadores na escea. Así e todo os zaseiros non deberon vir co cotundente resultado en contra pois Miguel Rey perdeu os dous partidos por 3-2 e un deles no desempate. Está claro que os madrugóns non sentan ben aos soneiráns. Serviu este encontro para o debut de José Ángel Lado nesta 2ª División Nacional que de momento lle queda moi alta pero tempo terá para chegar a ela en condicións. Nesta división hai que entrenar moito, estar en plena forma e xogar ben, nela están xogadores que xa estiveron en división superiores e que cos anos van baixando de categoría para non estresarse cos entrenos e competicións e ese nivel de xogo nótase. En Zas estase no camino e chegarase a el. Costaralles moito ao AD Zas Ponciano Nieto acadar a primeira vitoria pero seguro que este chegará, esperemos, na vindeira xornada.  

1ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Vilagacía TM - AD Zas Construcciones Cernadas (3-4).
A mellor nova da fin de semana foi a primeira vitoria do AD Zas Construcciones Cernadas nesta 3ª xornada, facendo bo o dito de “a terceira vai a vencida”. Os zaseiros superaron a un Vilagarcía que se presentaba cos seus mellores xogadores para esta división. Empezou Raúl perdendo un partido no que debía superar claramente a Marcelo Recuna pero os nervios non o deixan xogar con soltura, pero logo tanto Miriam como Stevo puxeron o marcador claro (3-1) gañando os seus individuais e o dobre e deixando para que Miriam cerrase o encontro ante Marcelo pero este estaba inspirado e con moitos ánimos despois da victoria inesperada contra Raúl, e, así superou a Miriam nun apretado 3-2 que poido ser para calquera. Logo Raúl non dou co xogo para superar a Ramón Tobío. E, xa cun 3-3 no marcador veu o definitivo entre Stevo e Jesús Recio no que os dous primeiros sets foron claros para Stevo pero Jesús animado polo público e por erros de inactividade de Stevo anotouse os dous seguintes chegando así a un definitivo 5º set donde Jesús sempre foi por diante e incluso se puxo 10-7 (con 3 bolas de partido e co delirio do público) e aí púxollas todas Stevo e cun final non apto para os que sufran do corazón superouno por 14-12, no que tamén tivo que esperar a terceira bola de partido para sentenciar.  

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio – Hípica Coruña (2-4).
  • Resultado: AD Zas O Pinar – Hípica Coruña (0-4).
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras – Oroso TM (4-1).
  • Resultado: VTM Pizzeria Hilton – Oroso Peluquería Tije (0-4).
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras – Oroso Peluquería Tije (2-4).
  • Resultado: VTM Pizzería Hilton – Oroso TM Trastes (3-4).
  • Resultado: Concello de Santa Comba – Arteal “B” (4-3).
Solo dúas vitorias en 2ª Galega entre todos os equipos da comarca. A máis importante foi a do Concello de Santa Comba ante un dos rivais que estará con eles na loita polo ascenso e cun axustado 4-3, e o partido clave entre eles foi o dobre no que tamén os xalleiros sairon victoriosos con outro apretado pero xusto 3-2. Con esta vitoria os de Santa Comba manteñense invictos xuntos cos de Noia, a pesar de que o Arteal está momentaneamente no primeiro posto xa que leva dous encontros máis xogados. A outra vitoria correspondeu ao VTM Pinturas Figueiras de Vimianzo ante o equipo Oroso TM Trastes onde están os rapaces que empezan e alguna vez acompañados por un veterano. Destacar no resto dos encontros a boa sintonía de todos, o desfrute do deporte, o bo ambiente e o aprender que sempre nos queda moito que adestrar.  

Xornada festiva

O pasado domingo 5 de novembro un total de 32 xogadores da comarca participaron na 2ª xornada da liga Ksas TM que se disputa en Sigüeiro, Oroso. Non é unha liga oficial pero que lles gusta moito a todos os que participan nela. O domingo pasado foron máis de 100 participantes e todos os da Costa foron en bus, gracias á colaboración dos concellos de A Baña, Vimianzo e Zas. Como é unha liga para fomentar o deporte do tenis de mesa, aos resultados daselle menos importancia pero todos queren gañar os seus partidos.  

Vindeira cita

O sábado 11 de novembro haberá os seguintes partidos 2ª División Nacional: AD Zas Ponciano Nieto – Vilagarcía TM, AS 17’00 H. no ximnasio do CPI de Zas. 1ª División Galega: - AD Zas Construcciones Cernadas – Monte Porreiro Mixto no ximnasio de Zas as 17’00 h. - Vilagarcía Tenis de Mesa – Concello de Mazaricos en Vilagarcía as 17’00 h.. 2ª División Galega: - AD Zas Dimobel Bazar Baio – Recreo Cultural de A Estrada as 16’00 h. no ximnasio de Zas - AD Zas O Pinar –Recreo Cultural de A Estrada as 18’00 h. no ximnasio de Zas - Concello de Santa Comba – VTM Pizzería Hilton as 16’00 h. no recinto feiral de Santa Comba - Concello de Santa Comba – VTM Pinturas Figueiras as 18 h. no recinto feiral de Santa Comba - Hípica Coruña – SD A Baña as 17’00 h. nas instalacións da Hípica en A Coruña.  

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios