Luns. 26.08.2019
El tiempo

Un novo 3x3 polo Castelo Rock

Un novo 3x3 polo Castelo Rock

Muros vivirá o 17 e 18 de novembro unha fin de semana dedicada ao baloncesto. A localidade acollerá o II Torneo 3x3, Castelo Rock, onde se tratará de conxugar o baloncesto 3x3 con concursos e o aproveitamento do tempo libre de maneira efectiva.

A actividade, promovida e organizada pola ACRD Praia do Castelo, terá lugar no pavillón de Miraflores como sede do evento.

Inscrición

  • Equipos de 4 xogadores (homes, mulleres, mulleres e homes…)
  • A cota de inscrición é de 10 euros e o prazo remata o 16 de novembro ás 14.00 h.
  • Normativa FEB para torneos 3X3.
  • Concurso de triplas.
  • Premios para os tres primeiros clasificados.

De cara a completar os trámites precisos para a inscrición, deben visitarse as seguintes ligazóns:

  • Comunicádevos a través de [email protected] ou o 652 820 784 (de 16.00 a 20.00).
  • Evento no Facebook.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    • Nota de prensa da Asoc. Praia do Castelo.

    Comentarios