Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un trasatlántico sobre a falla de San Andrés

Un trasatlántico sobre a falla de San Andrés
Magnánima cita en Zas entre o líder da Liga da Costa e un Fisterra no seu mellor momento en anos; na Terceira hai un ascenso sobre o tapete entre Corcubión e UD Monte Louro Os capis de Zas e Fisterra danse a man no choque do an pasado-Foto-Alejandro Mel Os capis de Zas e Fisterra danse a man no choque do ano pasado-Foto-Alejandro Mel Así como a Premier League ou a NBA modifican a propósito a orde dos calendarios para programar os partidos grandes en momentos especiais, parece feita polo mesmo patrón a xornada post Semana Santa na Liga da Costa. Segunda e Terceira Autonómica viven unha bifurcación nos seus caminos con dous cruces que marcarán o desenlace da historia. San Andrés de Zas acolle posiblemente un dos dous mellores partidos que se poden ver na categoría raíña, co enfrontamento entre o Sporting, líder, e un Fisterra que navega a tres puntos. O 'barco', como ten nomeado a familia verde ao proxecto deste curso, chega a un porto no que saberá se sela o pasaporte á gloria ou tomará un punto de retorno de cara ao ano que ben. Os ingredentes son tan magnánimos e brutales como, por exemplo, o enfrontamento entre os dous máximos goleadores da competición, David Blanco e Adrián, que suman entre ambos 68 dianas. O precedente do partido da primeira volta fala tamén de emoción ao grande, con 1-1 e unha igualada final in extremis por parte do Sporting. A orde, o rigor táctico a unha efectividade ofensiva brutal son patróns comúns para dous equipazos. O momento ten creado unha expectación grande na vila do Cristo, ata o punto que haberá desprazamento masivo. Imaxinen a Nacho aos seus cual armador do Titanic na súa viaxe inaugural dicindo: que todos vexan como navega. E mentres en Coristanco o San Lorenzo xogará cun ollo na Rocheira e outro en San Andrés, coa potencialidade de ser o gran beneficiado da xornada. Por outra parte, na loita por evitar o descenso, o Porteño-Ameixenda, Mazaricos-Volantes e Buño-Camariñas son tan incertos como necesarios para os implicados.

A gran final da 3ª

Un escalón máis baixo é precisamente o que tratarán de evitar na Terceira Autonómica Corcubión e Monte Louro, que na cita de Cubaleiro desputan unha timba de póker co ascenso á Liga da Costa como 'ciega'. O que leve os tres puntos é de Segunda Autonómica. Así de simple, a pesares dos tres tropezos seguidos dos locais. O líder Laxe, pola súa banda, poderá igualar e celebrar na casa ante o Nantón. Máis arriba, na Primeira Autonómica, outro barco que navega con rumbo directo é o dun Soneira que recibe ao Lesende de Sil no Municipal, nun partido sobre o papel asumible. Haberá derbi no Cairo entre un Corme máis necesitado que o Outes, mentres que o aguerrido Piloño pon a proba a un crecente Sofán. É favorito en Ribeira o Baio ante o Palmeira, e de puntuar os do Platas Reinoso darán un paso moi importante. Cartel promocional do partido da UD Corcubión Cartel promocional do partido da UD Corcubión Louro tamén alenta aos seus Louro tamén alenta aos seus Arriba de todo, na Preferente, a visita do Bertamiráns é durísima para un Xallas de moda, mentres que o Dumbría rima con utopía na súa loita, esta vez no campo do Castro. Non o terán fácil os seus equipos de base de élite: o Xuvenil de Gallega en Lalín ante o quinto clasificado e o Cadete de División de Honor co histórico Conxo.  

Preferente Norte, xornada 31

 

Primeira Autonómica, xornada 29

Segunda Autonómica, xornada 29

Terceira Autonómica, xornada 26

Xuvenil - Liga Galega, xornada 28

Lalín 03/04 - 12:00 Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 28

Dumbría 03/04 - 12:00 Conxo
 

Copa da Costa Xuvenil, volta dos Oitavos

Cadro da Copa da Costa 2016 - Horarios Oitavos Volta  

Primeira Cadete, xornada 27

Primeira Infantil, xornada 27

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 25

AlevínCosta Norte F8, xornada 5

BenxamínCosta Sur F8, xornada 25

BenxamínCosta Norte F8, xornada 5

Prebenxamín Costa F8, xornada 6

 

Veteranos, 1ª División, xornada 26

Veteranos, 2ª División, xornada 26

 

Novas relacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios