Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha de cal e unha de area para os equipos costeiros de tenis de mesa

Unha de cal e unha de area para os equipos costeiros de tenis de mesa
Equipo do Angepon

Unha de cal e outra de aréa nos desprazamentos dos equipos dotenis de mesa costeiro ao pavillón do Club del Mar. Pois por un lado o Anorthosis gañaba facilmente o seu encontro, mentres que polo outro lado o Concello de Zas Aquacenit non foi que de superar e gañar a un equipo que sí xa contaba coa súa estrella.

2ª División Galega Grupo Centro

  • Resultado: Club del Mar Xuvenil - Anorthosis Vimianzo (1-6).
  • Resultado: Club del Mar Xuvenil - Concello de Zas Aquacenit (4-3).

Aparentemete fácil vitoria para o Anorthosis, e iso que os xogadores si decían que tiveran que suar para gañar, xa que a mellor xogadora do equipo rival chegou tarde e non puido alinearse (aínda que sí xogou o dobre, que foi o único partido que gañaron). En fin, Roi, Ángel e Marce solventeron os seus partidos individuais con claridade.

Pola contra, a estrella do rival do Concello de Zas Aquacenit si que estivo presente todo o partido. Laura Fernandez, unha nena infantil das mellores de Galicia, fixo estragos ao cadro costeiro, e Gonchi, que non estaba en condicións e con moitas dores de espalda, xa perdeu o primeiro partido. Stevo perdeu tamén contra Laura o segundo. Pero con todo chegouse ao último entre Laura e Miguel cun 3-3 e despois de disputar un dos mellores partidos que se poden ver nesta categoría decantouse para Laura no 5º set por 11-8. Puido ser para o noso lado pero... outra vez será.

Vindeira xornada

Sábado 13 de outubro de 2012 no ximnasio do CPI de Zas:
- 16:00h: Anorthosis Vimianzo - CTM Lalín "B".
- 18:30h: Concello de Zas Aquacenit - CTM Lalín "B".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios