Sábado. 30.05.2020
El tiempo

Unha fusión, dous finados e outro clube máis no #futboldacosta

Unha fusión, dous finados e outro clube máis no #futboldacosta

Seguimos traendo máis novedades do #fútboldacosta. Desta volta traemos varias novas xa cantadas pero que estes días acaban de convertirse nunha realidade. Pasamos por Santa Comba, O Pindo, Pereiriña, Castrelo...

Por certo, todo un par de días antes de que O Concello de Zas recibe a Copa do Mundo conquistada pola "Roja" no mundial de 2010. A cita será este xoves, 21 de xuño no Centro Sociocultural de Zas de 10:00h a 14:00h e de 17.00h a 20:00h

E pendentes estamos da importante reunión do vindeiro martes 26 de xuño, onde se decidirán cousas claves para a vindeira tempada.

Fusión en Santa Comba

A primeira, a máis positiva: A fusión entre Xallas e Santa Comba para convertirse no Xallas de Santa Comba.
E dicimos positiva malia que moita xente da vila enténdao como o remate dunha era (sobre todo no Xallas), cremos que soster dous equipos a ese nivel era máis que complicado. Neste caso, un equipo, o verde, co apoio social, e outro, o laranxa, con apoios económicos serios.
O resultado, un equipo que aspirará a todo a partir da vindeira tempada.

Un equipo finado e un a punto de finar

Hoxe, martes 19 de xuño, a ex directiva do Pindo daba de baixa o equipo na Federación. Di adeus así un equipo novo, i é que aguantar con todo o traballo un pequeno grupo de 4ou 5 persoas é demasiado.

O mesmo acontece pola Pereiriña. Este domingo 24, o clube ceense ten unha Asemblea vita. A partir das 20:00h coñecerase se hai relevo para unha directiva demasiado cansa, ou se se dá de baixa o clube.

Novo equipo en Vimianzo

Sociedade Deportiva Castrelo será o segundo equipo de nova creación en Vimianzo. Trala creación do Baíñas, é o Castrelo o que se pon en marcha tamén avalado por un forte grupo empresarial, os construtores irmáns Insua.

Ollo que ademais, esta mesma noite, os socios do Soneira escollen o novo Presidente, logo da marcha de Juan Silva, precisamente o creador do Baíñas SD.

Como apuntamento, unha nova fichaxe, a do adestrador Gueli para o banco do San Lorenzo.

Máis información

Crónicas da semana

comentarios