Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha gran reforma para o complexo deportivo das Eiroas

Unha gran reforma para o complexo deportivo das Eiroas
Campo das Eiroas-Carballo-Foto-David Castro Campo das Eiroas-Carballo-Foto-David Castro

As Escolas Luís Calvo seguen medrando, e xa contan con 500 licenzas, e en breve pode que necesiten mesmo unha cidade deportiva. Pero polo de agora, Concello e Bergantiños chegaron a un acordo para o proxecto de reforma das Eiroas que se acometerá durante o 2019 e que permitirá dar un novo salto ao fútbol carballés. Un proxecto, froito do consenso entre a Concellaría de Deporte e o Bergantiños, que suporá un investimento de máis de medio millón de euros, nunha partida dos orzamentos que se aprobarán no pleno de hoxe mesmo, luns 17.

As obras servirán para mellorar o acceso, construír unha nova grada con capacidade para 300 espectadores/as e ampliar os vestiarios do campo principal, “que teñen case vinte anos e foron concibidos para un campo con outras dimensións e outras necesidades”, sinalou o propio Luciano Calvo.

Sinatura Concello Carballo e Calvo para a reforma das Eiroas Sinatura entre o Concello Carballo e Calvo para a reforma das Eiroas

Comentarios