Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Unha lesión complica a presencia de Martín Varela nos Xogos Olímpicos de Río 2016

Unha lesión complica a presencia de Martín Varela nos Xogos Olímpicos de Río 2016
Martin Varela ITF Open Mirando 2014 Unha lesión complica a presencia de Martín Varela en Rio 2016

Todos son obstáculos. Ademais do devandito problema económico, Martín Varela vén de recibir un revés inesperado en forma de lesión. O tenista cormelán vese na obrigación de pasar polo quirófano por mor dunha hernia inguinal que lle diagnosticaron, un feito que complica e moito a súa participación nos Xogos Olímpicos de Río 2016. Deste xeito o deportista de Corme vese na obrigación de deixar de competir nos próximos meses.

A lesión chega no momento menos oportuno, xa que Martín se atopa nun dos mellores momentos da súa carreira deportiva, algo que foi clave para obter os bos resultados que acadou nos diferentes torneos nos que participou durante os últimos meses.

No transcurso do Open de Eslovaquia, Martín comezou a notar molestias no abdomen e no regreso de terras eslovacas, o cormelán pasaría pola consulta do cirurxián, quen lle confirmou que existe perigo de estrangulación e obstrucción da hernia.

Dita hernia inguinal impídelle a Martín competir a un nivel tan esixente como estaba facendo, pero a pesar desto, o tenista de Corme segue e seguirá acudindo ás diferentes actividades nas que colabora a A.D.VIDÚ, da que é presidente.

Nas próximas semanas, o deportista cormelán espera ser operado canto antes para empezar a súa recuperación o antes posible. “Espero operarme o antes posible e recuperarme no menor prazo posible para poder retomar a miña carreira deportiva con novas metas e proxectos relacionados coa inclusión das persoas con discapacidade”, sinala Martín aínda con esperanzas de chegar a tempo.

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de David Castro.

Comentarios