Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha xornada de volei con sabor a reflexión

Unha xornada de volei con sabor a reflexión
Os infantís do Manuela Rial venceron aos coruñeses do Calasan-Foto- Jorge Parri

Foi esta pasada unha fin de semana moi intensa no pavillón do Conco. I é que a xornada completa do volei costeiro tiña un arrecendo especial: o das eleccións do pasado 21O. Así foron varios dos políticos da zona os que reflexionaron vendo aos rapaces, como Marisol Piñeiro (PP de Carnota) e Pequeño Castro (PSOE de Dumbría), un exemplo de como se apartan as cores políticas para unirse polo ben común: O Deporte da Costa.

Marisol Piñeiro do PP e Pequeño Castro do PSOE pasaron a xornada de reflexión vendo o volei

En canto ao deportivo, foi unha xornada dispar, con vitorias dos equipos masculinos e derrotas dos femininos. O equipo infantil masculino do Manuela Rial sumou a súa terceira vitoria e segue, de momento, sen coñecer a derrota no que vai de tempada. Nun partido no que os coruñeses do Calasancias só apretaron no segundo set o equipo supo amosar a súa superioridade, rematando cun claro 3-0 (25-18, 26-24, 25-21).

Os cadetes do Volei Dumbría tamén foron superiores ós coruñeses nun partido que, a priori, parecía máis axustado, e venceron con contundencia tamén por 3-0 (25-17, 25-16, 25-18) nun partido no que destacou o central Javier Domínguez.

As infantís do Manuela Rial estiveron cerca de conseguir tamén a vitoria, pero despois de gañar o primeiro set e perder o segundo cando dispoñian dunha ventaxe de seis puntos para gañar o set notaron a falta de experiencia na categoría e perderon o set. No seguinte set non foron capaces de repoñerse e acabaron perdendo o partido por 1-3 (25-22, 20-25, 25-27, 15-25).

Ademais, as cadetes do Volei Dumbría tamén ganaron un set nun partido que estivo máis igualado que o que reflicte o marcador final de 1-3 (17-25, 25-23, 16-25, 13-25).

Vindeira xornada

Esta fin de semana as infantís e cadetes despraáanse o sábado á Coruña para xogar contra Liceo ás 10:00h e ás 11:30h, respectivamente. Pola súa parte os infantís viaxarán a Rianxo para xogar ás 11:30h.
O domingo xogan os cadetes de Volei Dumbría en Ames as 12:30 h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios