Venres. 30.10.2020
El tiempo

Veteranos: Hosgran e Nantón apuntan a unha 1ª que segue mantendo unha loita durísima polo título

Veteranos: Hosgran e Nantón apuntan a unha 1ª que segue mantendo unha loita durísima polo título
Hosgran de Veteranos do Futbol da COsta-Foto-Modesto O Hosgran é novo equipo da 1ª División dos Veteranos da Costa-Foto-Modesto Antepenúltima xornada das Ligas dos Veteranos e a cousa está que ferve. Por agora o único decidido é o ascenso do Hosgran, que confirmaba esta semana pasada que estará a vindeira temporada na 1ª División tras vencer ao Corme. O equipo larachés ten todo de cara para alzarse co título, pois conta con 5 puntos de vantaxe sobre o Nantón e un partido menos. A loita polo ascenso queda entre Nantón e Fisterra. Pero ten tintes brancos esa segunda praza de ascenso, despois de que o Fisterra empatase 3 dos últimos 4 partidos, deixando ao Nantón 5 puntos por arriba. San Isidro e Leiloio xa caeron desa pelexa. Este domingo, de feito, o Hosgran pode cantar o alirón se gaña en Razo ante o San Isidro e non vence o Nantón. Pero se vence o Nantón será equipo de 1ª. Nanton de Veteranos do Futbol da COsta-Foto-Modest O Nantón ten medio ascenso na man-Foto-Modesto

Loita encarnada na 1ª División

San Lorenzo de Veteranos do Fútbol da Costa-Foto-Modesto O San Lorenzo segue líder-Foto-Modesto Na 1ª seguen 4 equipos con opcións ao título. San Lorenzo, San Román e Zas non fallaban e aproveitaban para deixar ao Dumbría (que descansaba) na 4ª praza. 5 puntos separan ao líder, San Lorenzo (58 puntos) do Dumbría (53), con San Román (57) e Zas (54) polo medio. Para esta xornada, o líder o San Lorenzo afronta un difícil compromiso visitando a un Soneira do que sempre se esperaba máis. O San Román teráo máis doado, en principio, coa visita a un pechacancelas practicamente descendido. O Zas recibe ao Milagrosa e o Dumbría terá un complicado choque en Caión co Club do Mar. Queda un só enfrontamento directo entre os catro de arriba. Na penúltima teremos un San Lorenzo-Zas por todo o alto. San Roman da Liga de Veteranos do Futbol da Costa-Foto-Modesto O San Román apreta a táboa-Foto-Modesto Zas de Veteranos da Liga do Futbol da COsta-Foto-Modesto O Zas aínda ten que enfrontarse ao San Lorenzo-Foto-Modesto

Pichichis

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

comentarios