Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Veteranos: Modesto Parga analiza o comezo de temporada

Veteranos: Modesto Parga analiza o comezo de temporada
Veteranos do Dumbria O Dumbría é un dos candidatos

Da man de Modesto Parga, facemos un resumo do comezo da competición dos Veteranos.

Pero antes cómpre facer unhas matizacións sobre os sistemas de competición. Na División de Honor, os dous primeiros clasificados xogarán o Campionato Galego, habendo outra praza para o Campionato Galego, que se disputará entre os 4 seguintes, enfrontándose entre eles nun playoff. Ademais, descenderán a 1ª os 3 últimos clasificados.

A 1ª, que conta con 13 equipos, ascenderán os dous primeiros, xogándose a terceira praza entre o 3º e o 6º noutro apaixoante playoff con semifinais e finais.

Outra das novidades é que a Copa da Costa de Veteranos xogaranse todas as eliminatorias a partido único.

Crónica

Quinta xornada de Liga a desputada, tanto de Division de Honor (antes 1ª Div.) como 1ª División (antes 2ª División).

Cómpre destacar nestas cinco xornadas disputadas en Division de Honor, ao San Lorenzo, que conta como vitorias todos os partidos disputados, sendo un dos candidatos a gañar a Liga DH. Un San Lorenzo que con nvas fichaxes desta tempada, como Roberto, Ivi e, sobre todo, Edgar, facendo unha das mellores dianteiras desta Liga de DH.

Outro dos candidatos nesta DH, é o Sporting Zas, que conta también un gran persoal, destacando neste inicios de liga o xogador Braulio que nesta última xornada el só marcou 4 goles ao Cabana.

O Soneira conta esta tempada coa fichaxe de Cabrejo, que sobresae entre os demais pola súa rapidez e por ser un gran futbolista moi coñecido en toda a Costa e Galicia.

O Ponteceso era o outro equipo invicto ata este domingo, pero rompeu esta racha o líder San Lorenzo nun gran partido que se viu no campo do Pinguel, onde nunha falta desde fóra do área, Ivi do San Lorenzo marcou un gol que moitos xogadores profesionais soñan con marcar, porque o pipinazo que lanzou cravouno en toda a escuadra da portería defendida polo gran porteiro Curro, que ata ese momento non había encaixado ningún gol.

O Campeon de Copa, o Porteño, que está facendo unha gran tempada como a pasada, conta nesta co retorno ás súas filas do seu xogador franquicia Martin, que co cañoncito Pablo tanto goles dálle ao seu equipo, Martin que con 6 goles os mesmos que Edgar están a tan só 1 gol do máximo goleador de liga, Braulio.

Non hai que descartar para nada nesta liga o Campeón da tempada pasada, o San Román que aínda que non iniciou ben, este domingo gaño por 0-7 ao Coristanco no seu campo, recuperando para as súas filas Santi que a tempada pasada mollou co Malpica (federado). E neste grupo de candidatos también hai que incluír ao Dumbría.

Na parte negativa atópase en recién ascendido Nantón, que de momento non gañou ningún partido, sendo o equipo mais goleado 25 con tan só 4 goles marcados en cinco partidos.

En 1ª División

Sofan-san Roman de Veteranos Imaxe dun Sofan-San Ramón de VeteranosVeteranos do Dumbria O Dumbría é un dos candidatos

En 1ª División, hai que destacar ao Xornes que encabeza a táboa de clasificación con 12 puntos, a un equipo novo co Mazaricos e San Ramón, que compiten por primeira vez nesta liga.

O Leiloio, que se atopa en segunda posición co Razo que en todos os partidos disputados ata o momento destaca por gañar os partidos na segunda parte e conta coa súa goleador Marcos que está nestes momentos como o máximo goleador da 1ª con 6 goles, seguido de Walter (Corme ) con 5 e David (expresidente do Cerqueda) también con 5 goles.

Ollo ás redes sociais que se poden ver xoias como estas:

https://www.facebook.com/s.d.sofan.veteranos.7/videos/345446709523684/?t=0 https://www.facebook.com/veteranos.leiloio.1/videos/320398245412021/?t=6  

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

 

Comentarios