Martes. 19.11.2019
El tiempo

Veteranos: O Club do Mar a piques de darlle volta a eliminatoria ante o Coristanco

Veteranos: O Club do Mar a piques de darlle volta a eliminatoria ante o Coristanco
Club do Mar-Coristanco de Veteranos Gran ambiente no choque entre Club do Mar e Coristanco de Veteranos Era, unha das eliminatorias estrella desta Previa dos Oitavos de Final da Copa da Costa de Veteranos. E a piques estivo de saltar a sorpresa. Xa saltara na ida, con 8-3 a favor do Coristanco (10º este ano) ante o campión ligueiro, Club do Mar. A cousa estaba quente e moito público acudiu este pasado domingo a Buño para ver o choque de volta. A eliminación do campión estaba no aire, pero a piques estiveron os caioneses de darlle a volta á eliminatoria. Foronmoi superiores durante todo o partido e quedou a só un gol de meterse en Oitavos. E ocasións tivo para facelo, despois de poñerse con 4-0 e ter varios minutos por diante. O heroe do partido foi o meta coristanqués Chapas, facendo varias paradas que salvaron a eliminatoria. Como unha falta de Rubén que ía a escadra; dúas ocasións de Edgar. O Coristanco, á contra, tamén tivo unha ocasión clara para marcar pero o balón foi ao pau. Carliños, que no partido de ida marcou 5 goles, apenas se achegou á meta local por por da marcaxe do laxense Ambrosio.

Máis choques

Imaxe do Malpica-Cabana de Veteranos Imaxe do Malpica-Cabana de Veteranos No resto de eliminatorias houbo disparidade de situacións. Nas Redondas, Cabana e Malpica protagonizaron un tenso choque. Tralo 0-0 da ida, un goliño dos cabaneses deulle o pase a pesar de que os malpicáns Abel e Bernardo tiveron grandes ocasións para cambiar o signo da eliminatoria. Os cabaneses enfrontaranse precisamente ao Coristanco. Igualdade tamén no Porteño-Castriz, polo que o cadro xalleiro se cola nos Oitavos polo valor doble dos goles dos rossoneros na Grixa. En fronte terán os xalleiros ao Laxe, que venceu ao San Isidro en Razo. Non sufriu demasiado o Ponteceso ante o Leiloio, e toca enfrontarse a un Bértoa que foi moi superior que o Buño. Ademais, Cerqueda e Fisterra superaron con solvencia a Poniente e Deportivo Carballo, ao igual que fixeron Milagrosa e Soneira ante Baio e Vimianzo. Máis igualado estivo o San Lorenzo- Dumbría. Os dumbrieses intentaron remontar o 0-3 da ida pero quedaron no intento. Tocaralles aos de Verdillo vencer a un Corcoesto que fixo valer a vitoria na ida en Fontiñas no derbi cabanés ante o Nantón. Así queda o cadro, que tendes sempre actualizado en www.copadacosta.com. Copa da Costa Veteranos 2017 - Previa  

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información

Fonte

Comentarios