Martes. 10.12.2019
El tiempo

Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román

Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román
Festa da Supercopa de Veteranos entre Coristanco e San Román Festa da Supercopa de Veteranos entre Coristanco e San Román Fermosa festa do Fútbol da Costa de Veteranos esta fin de semana na Rocheira de Coristanco. A doble final da Supercopa servía para dar comezo a esta nova temporada.

Final A: Coristanco 2-1 San Román

Coristanco de Veteranos 15-16
  • CORISTANCO: Chapas, Coquis, Valenza, Lorenzo, Antonio, Adrián, Toniño, Suso, Ton, Moncho e Charly. Tamén; Juan, Díaz, Javier e Alberto.
San Roman de Veteranos
  • SAN ROMÁN: Zalo, Sebas, Bechi, Víctor, Amorrortu, Óscar, Carlos, Montero, Mauri, Chusca e Avelino. Tamén: Santi, Maikel, Alex e Loliño.
  • Goles: 0-1, m.40: Moncho de cabeza nun córner; 0-2, m.80: Adrián tras un rexeite, cando o San Román máis dominaba; 1-2, m.85: Carlos.
  • Árbitra: España, moi ben nun choque moi deportivo.
Partido deportivo que comezaba cun Coristanco (campión de Copa) mandón, con gañas de revancha tras perder a Liga o ano pasado no último suspiro ante o San Román. Antes do descanso se adiantaba o cadro e tra unha segunda parte moi igualada, o gol de Adrián parecía sentenciar o primeiro título da temporada. Pero aínda, coma no final da Liga, non se rendera o San Román e despois do gol de Carlos, e con só 5 minutos para o fina, Chapas, o meta local tivo que sacar dúas ocasións para evitar a tanda de penaltis. O Presidente da Asociacion dos Veteranos do Fútbol da Costa, Modesto Parga, entrega ao capitán do San Román o título de Campión de Liga e subcampión da Supercopa

Final B: Erbecedo 3-0 Ponteceso

Erbecedo de Veteranos
  • ERBECEDO: Chicho, Marcelino, Martín, Antonio, Colodino, David, Mauri, Sande, Rubén e Luís. Tamén: Amarelle, Abreo, Mario e Xordi.
  • GOLES: 1-0 m.55: Mauri de penalti; 2-0 m.75: David en xogada; 3-0 m.90: Abreo.
  • Árbitro: Duda, moi ben.
Ponteceso de Veteranos Partido igualado na primeira parte, onde o Ponteceso tivo dúas ocasións claras para marcar pero nunha en córner cando parecía que estaba dentro unha gran parada do porteiro debutante no Erbecedo Chicha, evita o que parecía o 0-1. Pouco despois un defensa do Erbecedo evita que o balón entre na portería tras despexala sobre a liña de gol, nuns primeiros 20 minutos de dominio pontecesán. Pero que a partir desas dúas ocasións o Erbecedo foise facendo co partido e xa na segunda parte a raíz do primeiro gol, foi o claro dominador do partido, facendo dous goles e puidendo facer algún máis.

Máis información en www.futboldacosta.com

Tempadas anteriores

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios