Venres. 19.04.2024
El tiempo

Veteranos: O Dumbría sorprende ao Club do Mar

Veteranos: O Dumbría sorprende ao Club do Mar
Dumbria-Club do Mar Veteranos 3 Antonio celebrando o gol da vitoria cos seus compañeiros do Dumbría ao Club do Mar-Foto-Veteranos Dumbría

Sen dúbida, a nova máis destacada da xornada 23 nas Ligas de Veteranos foi a segunda derrota do ano do poderoso Club do Mar en Dumbría. O líder destacado, aínda con 12 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o San Lorenzo, sucumbría no Conco ante un Dumbría que amosaba a súa mellor cara, a das tardes boas, a pesar súa irregular temporada. Os Isidro, Martín, Diego ou Antonio (autor do único gol do partido) puideron cos Rubén, Miguel Riveiro e compañía.

Dumbria-Club do Mar Veteranos 2Imaxe do Dumbría-Club do Mar Veteranos-Foto-Veteranos Dumbría Imaxe do Dumbría-Club do Mar Veteranos-Foto-Veteranos Dumbría Imaxe do Dumbría-Club do Mar Veteranos-Foto-Veteranos Dumbría Imaxe do Dumbría-Club do Mar Veteranos-Foto-Veteranos Dumbría Imaxe do Dumbría-Club do Mar Veteranos-Foto-Veteranos Dumbría

Polo demais, a táboa na 1ª está tranquila, con San Román e Soneira apretando pola segunda praza. Por abaixo, parece que Castriz e Hosgran teñen todas as papeletas para descender. O Hosgran está practicamente sentenciado, a 11 puntos do Laxe, que saca á súa vez 5 puntos ao cadro xalleiro.

Quedan 7 xornadas para o remate das Ligas.

O partido da semana

Ponteceso - San Román (0-4)

Ponteceso Veteranos 2017 Ponteceso de Veteranos
  • Ponteceso: Siro, Pepe, Chupi, Óscar, Miguel, Aluche, Alfonso, Chema, Viru, Chinés e Toni. Tamén xogaron: Vidal e Víctor.
San Roman Veteranos 2017 San Román
  • San Román: Añón, Óscar Lendo, Martín, Montero, Carlos, Vechi, Óscar, Santi, Álex, Víctor e Alberto. Tamén xogaron: Suso, Chusca, Marcos, Loureiro e Javi Fontes.
  • Goles: 0-1, m.14: Óscar Cotelo dende fóra da área; 0-2, m.28: Alberto; 0-3, m.54: Pablo; 0-4, m.64: Javi Fontes.

O San Román propuxo un partido de moitísimo toque de balón facendo un fútbol moi bonito, superando aos locais e creando ocasións de gol, poñéndos 0-2 ao descanso. A segunda parte o Ponteceso quixo pero non puido, adiantou liñas pero en cada contra o San Román levaba o perigo á portería do gran porteiro Siro, nunha mañá na que non estivo tan seguro como noutros partidos.
Coa saída de Javi Fontes e Marcos, e o San Román recuperou o balón e sentenciaron este partido de gran deportividade.

 

A 2ª División: O Corcoesto, máis líder

Corcoesto Veteranos no campo do San Isidro copia Imaxe do Corcoesto nun partido anterior

Vencía tamén o Cabana, e o San Isidro, pero o Corcoesto sumou unha vitoria máis que lle deixa máis cerca do título e do ascenso. O cadro cabanés é o único invicto das dúas ligas, e saca 13 puntos a un San Isidro que pelexará o ascenso co Cabana, que só o aventaxa en 2 puntos.

Vimianzo de Veteranos O Vimianzo non puido co líder

Os Pichichis

Pichichis Veteranos x23  

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información en www.futboldacosta.com

Máis información

Comentarios