Venres. 29.03.2024
El tiempo

Veteranos: O Zas rebenta a Liga e ponlla en bandexa ao San Román

Veteranos: O Zas rebenta a Liga e ponlla en bandexa ao San Román
Zas de Veteranos da Liga do Futbol da COsta-Foto-Modesto O Zas rouboulle media Liga ao San Lorenzo-Foto-Modesto

Afrontan esta fin de semana os Veteranos a última xornada de Liga, despois do envorco da pasada xornada. Chegaba o San Lorenzo de líder despois de 7 xornadas no alto da táboa. Pero chegou o Zas e botou todo o traballo por terra. O equipo zaseiro, 3º da táboa, vencía en Verdillo por 2-4, deixando que o San Román, que non fallaba ante a visita do Porteño, recuperase un liderato no que xa estivo durante moitas xornadas.

Teno de cara o San Román, con dous puntos de vantaxe sobre o propio San Lorenzo e 3 sobre o Zas. Os laracheses teñen que gañar en Castriz, ante un equipo que non se xoga nada. Pode que o empate lle valga pero o San Lorenzo non podería gañar por máis de 9 goles ao Corcoesto, pois teñen o golaveraxe individual igualado, e no global vai por diante o líder. Deste xeito, o San Lorenzo debe gañar, por goleada, ao Corcoesto e esperar o tropezo do San Román.
O Zas aínda ten opcións pois ten o golaveraxe individual a favor co San Román., pero tería que perder o San Román, non podería gañar o San Lorenzo e eles terían que vencer ao Coristanco.

San Roman da Liga de Veteranos do Futbol da Costa-Foto-Modesto O San Román ten a liga no peto-Foto-Modesto

Descensos e ascensos decididos

Xa saben que descenden Bértoa e Laxe e ascenden Hosgran e Nantón.

Pichichis

Asemblea para a Copa

Esta mesma noite de vernes 4 de maio celébrase a Asemblea no Local Social de Neaño, Cabana, na que se celebrará o sorteo de Copa.

Ademas, haberá información pola póliza RC dos seguros, e se votará a proposta de incluír 27 fichas por equipo en vez das 25 actuais.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios