Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Víctor Garrido, novo director deportivo para impulsar o Balonmano Xallas

Víctor Garrido, novo director deportivo para impulsar o Balonmano Xallas
Victor Garrido novo Director do Balonman Xallas Victor Garrido novo Director do Balonman Xallas En marcha o novo proxecto do Balonmán Xallas, que chega da man de Víctor Garrido Torres (O Grove, 1991), que asumirá a partir do mes de xullo a responsabilidade de coordinar e formar aos adestradores do Balonman Xallas. O adestrador meco pasou polo Balonman Rasoeiro, formou parte durante tres anos do corpo técnico da selección galega xuvenil feminina e durante os últimos catro anos exerceu de coordinador da área feminina no Asmubal Meaño, dirixindo aos equipos de base e ao sénior que militaba na categoría de Prata. A directiva do Balonmán Xallas aposta deste xeito pola profesionalidade dun técnico nobo, con ilusión, con formación e que ven a Santa Comba cunha maleta chea de ideas para que o balonmán pegue un gran impulso na vila xalleira.

Novas relacionadas

Comentarios