Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Victoria de Martín Varela no Open de Ferrol

Victoria de Martín Varela no Open de Ferrol
O cormelán Martín Varela desputou a pasada fin de semana o Open Cidade de Ferrol 2012. E Varela fíxose co título. Martín estreaba a súa condición de número 1 a nivel nacional en tenis en cadeira de rodas. No cadro individual, Varela partía como cabeza de serie. Xogou en cuartos fronte ao coruñés Roberto García, e superou a proba con facilidade. En semifinais enfrontouse a Juan Gutiérrez, número 8 da clasificación nacional. E Martín superou a proba aínda que con máis dificultade. E na final, Martín xogou fronte a Álvaro Illobre, número cinco na clasificación. Varela venceu de xeito contundente. No cadro de dobres chegou á final e fixo parella co portugués Paulo E. Santo. Martín Varela pecha así tempada cun novo título nacional, no que se proclamou Campión Galego e Campión de España na especialidade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios