Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo ponse de pádel

Vimianzo ponse de pádel

Aberta a nova Pista de pádel municipal de Vimianzo Aberta a nova Pista de pádel municipal de Vimianzo Xa sabemos que Vimianzo sempre se pon a última falando de modas deportivas. A vila xa está tomada polos runners, que seguro que en breve collerán a raqueta despois da apertura das novas pistas de pádel. Despois da apertura do complexo de Pádel Costa da Morte no Polígono, o Concello de Vimianzo vén de inaugurar unha pista de pádel municipal. A infraestrutura, que está situada a carón do Pavillón Polideportivo de Vimianzo, construíuse nus terreos que até o de agora estaban sen uso, contribuíndo á mellora e ao ornamento da zona do Paseo fluvial, no centro da vila. As instalacións poderán usarse, de maneira gratuíta as fins de semana e polas tardes, xa que en horario escolar serán utilizadas pola comunidade educativa do CEIP San Vicenzo. Será preciso anotarse e retirar as chaves ben na Casa da Cultura, ben no Castelo. Inauguracion municipal da pista de padel de Vimianzo Horarios da Pista de padel de Vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios