Venres. 19.04.2024
El tiempo

Virtualizando o Fútbol da Costa

Virtualizando o Fútbol da Costa
Montaxe-imaxe-webs-entidades donClic Son tempos de verán, tempos de fichaxes. E como fan os clubs da Costa para presentar as súas mellores perlas? A través da rede. Cada vez son máis os equipos que utilizan as redes sociais ou as súas webs (houbo un tempo dos blogs) para anunciar as novas fichaxes. Así, ademais de seguir o noso Facebook de “Fútbol da Costa”, podedes botar un “gústame” a moitas das páxinas de Fb dos equipos da volta. Falamos por exemplo dos Xallas, Dumbría, Sofán, Soneira, Fisterra, Outes, Baio, Zas, Mazaricos, Ponteceso, Cerqueda, Baíñas, Cee, Montelouro, Camariñas, Muxía, Porteño, Ameixenda, Nantón, Cabana, Castrelo ou Seaia.

Un paso máis, a web

Hai algúns que dan un paso máis, e ademais das redes sociais utilizan completas webs nas que poden actualizar a súa páxina web. Un exemplo é a SD Sofán, que leva xa anos publicando as crónicas dos seus partidos e as novidades máis importantes a través da web. Agora, da man da empresa donClic, solucións tecnolóxicas, están renovando a súa web. donClic fai tamén os carnets de socios e outros servizos, e ademais de traballar para equipos como o Bergantiños, tamén o fai para o Basket Xiria, para o Volei Xiria, para o Club Ciclista carballés, etc…  

Máis información

 

Máis novas

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios