Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Volveu o volei máis vibrante ao Conco

Volveu o volei máis vibrante ao Conco
Volei SuperLIga2 no Conco ante Boiro

Volveu o volei ao Conco e o fixo cun partido emocionante e vibrante, ante máis de 300 espectadores, que se resolveu por un 0-3 axustado para o equipo visitante, o Boiro voleibol.

O derbi galego desta xornada saldouse cun vitoria moi rifar e axustada que caeu ao lado visitante. O primeiro saldouse cun 19-25 marcado polos saques visitantes difícilmente contrarrestados polo Voley Dumbria, que xa desde o principio permitiulle ao Boiro poñerse cunha distancia cómoda no marcador coa que puido pechar cómodamente o primeiro set.

Outra historia serían os dous seguintes sets, os homes de Charly Suarez e Luís Fernández, axustaron a recepción, e de mans de Javier Dominguez polo centro e cunha gran defensa colectiva , mantiveron no segundo e no terceiro parcial un cara a cara constante que só se puido resolver en finais de auténtico infarto por 23-25 e 25-27.

Voley Dumbria da SuperLIga2 no Conco

A vindeira semana tócalle descansar ao cadro costeiro, que se atopa na parte baixa da clasificación, na antepenúltima posición, cun punto de vantaxe sobre o CyL Palencia e 3 sobre o Emeve, e xa lonxe, a 5 puntos de distancia do Hotel Río Carnaval de Badajoz.

Máis información

Crónicas do Volei Dumbrçia

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios