Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Xa comezou a Liga de FS de Cee con sorpresas

Xa comezou a Liga de FS de Cee con sorpresas

Coma sempre este ano QPC fará un completo seguemento da Liga de Fútbol Sala máis importante da Costa da Morte. O nivel dos equipos segue sendo espectacular e non é estrano atopar nomes que soan nas crónicas dos equipos costeiros da Preferente ou das Ligas Autonómicas.

I é que falamos dunha liga con máis de 30 anos de historia, trala que un dos seus máximos organizadores, Juan, xa leva 26 anos. Este ano conta co apoio da SCD de Brens, pero o Concello segue sen apoialo.

Esta tempada 2012-2013 hai 20 equipos (10 en 1ª e 10 en 2ª) e mesmou houbo algún equipo que tivo que quedar fóra. Os partidos dispútanse durante a semana: 3 partidos os luns e xoves; e 2 partidos os martes e mércores.

A falta dos calendarios finais, que se formalizarán a vindeira semana e que incluiremos en www.futboldacosta.com, repasamos tanto os equipos participantes, como os resultados da 1ª xornada e os partidos da 2ª:

1ª División

  • Carpintería Loureiro-Coral, de Muxía.
  • Cervecería Atrio, o antigo Barral de Vimianzo.
  • Cafetería Castelao, de Arteixo con xentes de Fisterra.
  • Federopticos Ollo, de Cee.
  • Hotel Praia de Quenxe, de Corcubión.
  • Lires Cons, de Olveira, Dumbría.
  • Panadería León, de Xaviña, Camariñas.
  • Panadería Antoxo, de Vimianzo.
  • Ferroatlántica, de Cee.
  • Restaurante Faina II, de Cee.

2ª División

  • Recreativos de Cee.
  • Carlunas de Xallas de Xallas, Cee.
  • Bar Recunquiño-Marigel, de Cee.
  • Pescados Corcubión.
  • SDC Brens.
  • Montaxes Quintaplas, de Fumiñeu, Muxía, os que eran de Pereiriña.
  • San Isidro CF de Quintáns, Muxía.
  • Talleres Paco, de Vimianzo.
  • Estética Raquel de Muxía.
  • Bar Raíces, de Cee.

Xornada 1

Ponse de líder na 1ª o Hotel Praia de Quenxe tras endosarlle un set ao Federópticos Ollo. O Panadería de León xaviñán tamén colleitou unha boa goleada. Pero a sorpresa da xornada protagonizouna o Lires Cons, que superou a todo un Cervecería Atrio, o antigo Distribuciones Barral, gañador das dúas últimas Ligas e que supón o primeiro partido que perde en 2 anos.
Estes foron os resultados:

  • 15-10-2012:
    - Loureiro - Cafetería Castelao (3-6).
    - Federópticos - Hotel Praia de Quenxe (0-6).
    - Lires Cons - Cervecería Atrio (2-0).
  • 16-10-2012:
    - Recreativo de Cee - Carlunas de Xallas (7-0).
    - Panadería de León - Panadería Antoxos (7-2).
  • 17-10-2012:
    - Ferroatlántica - Faina II (2-2).
    - Bar Recunquiño-Marigel - Pescados Corcubión (4-0).
  • 18-10-2012:
    - SCD Brens - Montaxes Quintaplas (0-6).
    - San Isidro FC-Quintáns - Talleres Paco (3-3).
    - Estética Raquel - Bar Raíces (5-1).

Xornada 2 (22-10)

  • 22-10-2012:
    - 20:30 - Restaurante Faina II - Cervecería Atrio.
    - 21:20 - Lires Cons - Federópticos Ollo.
    - 22:10 - Hotel Praia de Quenxe - Carpintería Loureiro-Coral.
  • 23-10-2012:
    - 20:45 - Panadería Antoxos - Ferroatlática.
    - 21:35 - Cafeterñia Castelao - Panadería de León.
  • 24-10-2012:
    - 20:45 - Talleres Paco - SCD Brens.
    - 21:35 - Carlunas - Estética Raquel.
  • 25-10-2012:
    - 20:30 - Montaxes Quintaplas - Bar Recunquiño-Marigel.
    - 21:20 - Bar Raíces - San Isidro.
    - 22:10 - Pescados Corcubión - Recreativo Cee.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios