Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xa está en marcha o novo Xallas de Santa Comba

Xa está en marcha o novo Xallas de Santa Comba

Xa está en marcha o novo clube xalleiro trala fusión entre Xallas CF e Santa Comba CF. E tras darlle un repaso ás decisións importantes tomadas arredor do #fútboldacosta, coñecemos o novo proxecto do Xallas Santa Comba CF, un equipo que fusiona o verde co laranxa.

A primeira nova reseñable é que a Xunta Xestora do Xallas Santa Comba CF, xa ten dicidio o adestrador elexido para comezar este novo proxecto deportivo: Manuel G. Corredoira. O adestrador coruñés vén de facer unha gran temporada no Zas, equipo que xa dirixira hai anos. Corredoira chegou a metade de temporada, salvou ao equipo da Liga da Costa e acadou a Copa da Costa Xuvenil.

Corredoira dá o salto á Preferente e ademais de ser o adestrador da 1ª plantilla, asumirá asimesmo a función de Director Deportivo do Clube, e coordinará o traballo de tódolos técnicos do Clube.

Plantel

O novo míster xa está perfilando o novo plantel, que evidentemente sufrirá un profundo proceso de renovación. Vai ser un equipo para estar ben arriba na Preferente, que pretende "fundamentalmente contar coa xente da casa dos dous clubes", segundo nos conta Huelvis. "Non vai ser unha plantilla demasiado ampla, porque queremos darlle saída aos xuvenís, e non podemos supeditar todo o traballo da canteira por ter un equipo más atractivo".

Un dos problemas cos que se atopa o plantel é que a parte laranxa apenas terá vacacións. Pensan comezar a traballar a finais de xullo, pero ainda teñen que disputar Super Copa dos gañadores de Copa, que se cadra empezará esta fin de semana, "co que aínda estaríamos ata o 7-8 de xullo xogando..." laméntase Huelvis.

Xunta Xestora

Aquí deixamos cos compoñentes da Xestora, o xerme da futura Xunta Directiva que se dará a coñecer en futuras datas, logo da celebración dunha Asamblea Aberta, para que tódolos posibles socios do novo clube teñan a posibilidade de sumarse a este novo proxecto.

  • José Manuel Pérez Gorgal.
  • Francisco Mosteiro Suárez.
  • Basilio Quintáns Fernández.
  • Rafael Suárez Pais.
  • José Manuel Vázquez Rodríguez "Huelvis".

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Artigos futboleiros

Fonte

Comentarios