Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Xa temos os 11 ideais QPC do fútbol da Costa

Xa temos os 11 ideais QPC do fútbol da Costa

Un total de case 22.000 votos en algo máis de 2 semanas dan conta do potencial que temos no fútbol costeiro. Ata fixestes "petar" o señor Google e tivemos que abrir unha nova folla de cálculo porque "non aceptaba máis celdas"...
Queremos darvos as gracias, e se ben sabemos que houbo algunha xente que votou unhas cantas veces (non está nada ben eso de desvirtuar as votacións...) consideramos que os resultados son moi aceptables conforme ao acontecido na tempada.

Xa sabedes que escollemos 4 xogadores de cada posto das 2ª e 3ª Autonómica tras falar con numerosos xogadores, adestradores, siareiros... Seguro que algún falta, pero cremos que é o máis obxectivo que se pode facer.

Así, e mentres tamén escollemos ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa, presentámosovos os dous 11 ideais das Ligas da Costa.

11 ideal da 2ª Autonómica 2011/2012

11 ideal QPC da 2ª Autonómica do Fútbol da Costa 2011-2012
  • Porteiro: Pombo (Camariñas).
  • Lateral Dereito: Adrián (Sofán).
  • Lateral Esquerdo: Óliver (Zas).
  • Central: Maikel (Camariñas).
  • Central: Mario (Baio).
  • Medio Centro: Moriño (Camariñas).
  • Medio Centro: Roco (Fisterra).
  • Interior Dereito: Bertín (Club do Mar).
  • Interior Esquerdo: Canai (Baio).
  • Dianteiro: Juan oBello (Camariñas).
  • Dianteiro: Alejo (Corme).
  • Adestrador: Lentejo (Corme).

11 ideal da 3ª Autonómica 2011/2012

11-ideal-QPC-3Auto-2011-2012
  • Porteiro: Angel Luís (Muxía).
  • Lateral Dereito: Jonathan (Independiente).
  • Lateral Esquerdo: José (Cabana).
  • Central: Chúa (Outes).
  • Central: Angel (Muxía).
  • Medio Centro: David (Outes).
  • Medio Centro: Rodrigo (Carnota).
  • Interior Dereito: Lorenzo (Cerqueda).
  • Interior Esquerdo: Joselu (Carnota).
  • Dianteiro: Rubén Rama (Cabana).
  • Dianteiro: Rico (Montelouro).
  • Adestrador: Pablo Mallón (Cabana).

Os máis votados

Facendo un repaso aos máis votados, en xeral, atopamos ao cabanés Jose con 8593 votos, se ben só tiña 2 contrincantes no lateral esquerdo da 3ª e tiña máis posibilidades. Así que se temos que quedarnos con un, co máis escollido, co máis claro, este é o xa ex adestrador do Cabana Pablo Mallón, con 8469 votos como Mellor Adestrador da 3ª. Felicitamos a Pablo Mallón que, por certo, está moi preto do Sofán...

Podemos destacar que os equipos que mellor campaña realizaron son os que están máis arriba nas votacións: a familia camariñá estivo ben activa, e os Pombo, Maikel e Brais aparecen entre os máis votados. Outros equipos con moitos siareiros foron o Outes (Arturo, Chúa e Manu Roque foron moi votados); o Cabana (co propio Mallón e Rubén Rama) ou Carnota (con David de Brea, Rodrigo, Joselu e Peipo).
Precisamente esa loita polo Mellor Porteiro da 3ª foi a máis reñida e só 66 votos separan a Angel Luís do propio Peipo.

Así que aquí vos deixamos con todas as votacións:

11 ideal da 2ª Autonómica 2011/2012


11 ideal da 3ª Autonómica 2011/2012

Máis información

Crónicas da semana

Comentarios