Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Xallas e Sofán abrirán a campaña nunha Preferente marcada pola novidade das Apostas

Xallas e Sofán abrirán a campaña nunha Preferente marcada pola novidade das Apostas

Aberta queda a tempada 2018/2019 en www.futboldacosta.com, a nosa plataforma de resultados en tempo real. E faino co calendario completo da Preferente Norte, na que competirán os nosos representantes Xallas e Sofán. Uns equipos que se enfrontarán este mesmo domingo 5 de agosto na Copa Deputación e que, curiosidades do destino, abrirán a temporada o 26 de agosto na 1ª xornada da Preferente.

Unha Liga na que terán que desprazarse ata 7 veces á zona de Santiago, 2 á Barbanza, 3 á Coruña, 1 a Ferrol, e 5 á zona de Lugo-Mariña. As Pontes, Noia, Negreira e Arteixo son os candidatos a un ascenso ao que non renuncian Xallas nin Sofán.

As apostas

Luckia presentación copia

A gran novidade que presenta a RFGF para este ano é “A Xogada”, a nova proposta de apostas para a Preferente e Terceira. Da man da marca galega de apostas deportivas Luckia.

Os apostantes poderán participar utilizando calquer terminal que Luckia ten distribuidas por toda Galicia. A aposta poderá realizarse ata que comece o primeiro partido dos que apareza na correspondente xornada. Para atopar a aposta simplemente haberá que acceder á oferta semanal de Luckia na que sempre aparecerá o produto “A Xogada”.

Unha aposta que ademais repercute nos clubs, de xeito que esta será a primeira vez que os equipos de Preferente reciban unha axuda económica por parte da Federación, que repartirá 2.000 euros a cada un dos sesenta clubs das dúas categorías durante as dúas temporadas nas que se extende o contrato (18-19 e 19-20).

Xallas e Sofán

Moitas caras novas (non no banquiño onde seguen Néstor e Iván Cancela) en ambos conxuntos, Como podedes ver no noso sempre actualizado “Mercado de Fichaxes”, estes son os movementos nos dous clubs:

  • Xallas F.C.: IAGO GARRIDO (procede do Bergantiños), ELOY ARANTON (Paiosaco), IVAN GONZALEZ (Dumbria), MADIOP (Ribeira), SANTI HERNÁNDEZ (Estradense), RUBÉN (Noia).
    Son baixa: CAMILO (ao Sofán), BORJA GÁNDARA (Buño).
  • SD Sofán IVAN PARAFITA (San Lorenzo), JESUS (Cerceda xuv), CAMILO (Xallas).
    :Son baixa: JUAN DE DORA (Villalbés), DAVID PENA (Olímpico), SITO (Soneira).
 

Máis información

http://www.futboldacosta.com/ https://quepasanacosta.gal/o-mercado-de-fichaxes-do-futbol-da-costa-sempre-actualizado/

Comentarios