Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xaque mate aos alcaldes en Touriñán

Xaque mate aos alcaldes en Touriñán

Fantástica iniciativa que prantexa o Clube Xadrez Cabo Touriñán. Trátase do I Torneo de Xadrez entres os alcaldes da Costa da Morte, polo que veremos a varios dos nosos rexedores exprimindo a cabeza diante do taboleiro.

O torneo será o domingo 4 de marzo, a partir das 17:00h, no salón de actos, o mercado do Concello de Muxía. Xa están confirmados os alcades de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, Pinchurri; o de Vimianzo, Manuel Antelo; o fisterrán José Traba, e como non, o muxián Félix Porto. Parece ser que o de Cee está pendente do xaque mate do xoves...

Ademais, haberá outras personalidades como Rosalía Fernández Rial (poeta muxiá que presentará o acto), Jorge Mira (o polivalente físico baiés catedrático da USC), Jose Luis Veiga (ex-campión galego de xadrez) e Francisco Luis Abella (campión da Costa da Morte).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios