Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xornada de derrotas para o basket costeiro

Xornada de derrotas para o basket costeiro

Xornada completa xa para o balocesto costeiro, coas familias de Carballo e Cee a tope.

Por Bergantiños, arrincou, con derrota, a singradura dun Calvo Basket Xiria 100% carballés. Mentres, as do Vazquez y Reino continúan a súa estrea histórica, pero desta volta coñecendo o sabor da derrota.

Por Cee, regular partido, nin bo nin malo, pero que deixa moitas cousas a mellorar si o C.E. Cume Cee Costa da Morte quere acadar a primeira vitoria.

Houbo ademais un intenso derbi de cadetes, que quedou do lado carballés.

 

Familia ACB

Semana de mellora no xogo dos equipos ceenses, que estiveron a un paso en rematar a xornada con vitoria, que se escaparía nos últimos momentos tanto na categoría sénior coma na cadete masculino.

3ª División Masculina, Gr.B, xornada 2

ACB Costa da Morte en Cambre 3 O ACB Costa da Morte en Cambre
  • Resultado: C.E. Cume Cee Costa da Morte – CB Cambre (47-56)
  • Xogaron: Manu (9, 1T); José; Deril (9, 1T); Rodrigo (12, 1T); Cristian M. – cinco inicial – Adrián (2); Luci; Sergio (5, 1T); Christian V. (6, 2T); Ivan (4).
ACB Costa da Morte en Cambre

Segunda derrota consecutiva para o equipo costeiro que tras un mal inicio defensivo no primeiro cuarto (13-20) levaría unha diferenza que non sería capaz de corrixir. Melloría notoria no acerto e puntos anotados neste primeiro periodo ,aínda que falta moito por mellorar. O segundo cuarto o equipo estivo máis intenso nas liñas de pase, conseguindo que o equipo visitante se atascase por momentos e cun ataque tamén moi atascado, Chris aparecería dende a liña exterior con dúas triplas case consecutivas e dous tiros libres de Deril, fixeron que o equipo local se levase este período (10-8).

O terceiro cuarto levou unha tónica parecida, mais co xogador número 96 de Cambre moi entoado, fixo que os roubos de balón cos que comezamos o período non se reflexasen no marcador, cerrando o cuarto cun 10-16 de parcial. Ademais dúas faltas moi rigorosas pitadas ao equipo local, moi protestadas polo técnico costeiro, trouxeron outras dúas aínda máis rigorosas, unha falta inexistente de Adrián e unha en ataque a Luci “por cargar” ao penetrar, que incluso facía o xogador Cambres nº96, moi ben feito, xa que é totalmente legal.
No último período, esquecidas as protestas, o equipo volve á intensidade á hora de defender, imprimindo un punto máis de mobilidade de balón en ataque, gañando este cuarto por 14-12.

ACB Costa da Morte en Cambre 2  

Liga Provincial Cadete Masculino, xornada 1

  • Resultado: Escola Basket Xiria - ACB Costa da Morte (38-30).
  • Escola Basket Xiria (11+7+8+12): Yago Iglesias, Iago Caamaño (15), Manu Abelenda (7), Samuel Lodeiro (2), Mario López (7) ;  Javi Freire (3), Damián Pose (2) e Borja Ríos (2).
  • ACB Costa da Morte (6+10+10+4): López (6), Oliveira (12), Insua, Benlloch, García(8); Rodríguez (2), Esperante, Del Moral, Martínez(2) e Marcote.

Disputado e igualado derbi entre carballeses e ceenses que venceu un Xiria que non fixo o seu mellor partido ante un ACB que segue mellorando. Aínda que os locales estiveron ata o terceiro cuarto sempre por diante, as malas lecturas do man a man facían que se puxesen por diante os xogadores de Pais e o intercambio de canastas chegaría ao final do terceiro cuarto cun 26-26 no marcador. A superioridade de membros no banco por parte do equipo local lles daría un punto mais de rendemento no tramo final, que foi onde se acabou decidindo o partido.

 

Familia Artai

Liga Galega Cadete, xornada 1

  • Resultado:; MARÍN PEIXEGALEGO - C.B. ARTAI (61-65).
  • Parciais: 10-14; 15-18; 15-17; 21-16.
  • C.B. ARTAI: Marco (16), Javi Santiago, Julio (6), Pablo (4), Nión (5), Manu (10), Carlos (9), Edu (6), Diego (2), Samu e Mario (7),
Eduardoc adete do Basket Xiria Eduardo, cadete do Basket Xiria

Partido correspondente á primeira xornada da máxima categoría cadete masculina. Difícil debut para os azuis, ante un rival directo como Marín, destinados a pelexar por manter a categoría ambos equipos. Empezaron ben os carballeses, facéndose co ritmo do partido. Contras e as boas defensas eran contínuas facendo cunha vantaxe importante. Vai cambiando de cor o proxecto cadete masculino de Carballo para esta tempada 16-17. Malia erros tanto individuais como colectivos, que deben puír aínda, os mozos da capital de Bergantiños demostraron saber competir nunha liga moi completa e na que deberán enfrontarse aos mellores equipos da categoría a nivel galego.

 

Familia Basket Xiria

Sénior Masculino - 1ª División, xornada 1

Baksket Xiria foto senior O Calvo Basket Xiria é 100% carballés
  • Resultado: Calvo Basket Xiria - Baloncesto Cambre (67-75).

Este pasado sábado comezou a temporada para o Calvo Basket Xiria. Cun plantel continuista ca única incoportación de Manu Rey para o xogo exterior, e varias baixas importantes na pintura como Kane e Toné. En todo caso, o máis importante é que todos os xogadores son naturais de Carballo. Ademais, o equipo ascende ao cadete Anxo Estany, que con só 16 anos será habitual do primeiro equipo. A outra novidade é no banco, pois tras 6 anos, Basilio Pampín, deixa o primeiro equipo (queda ao mando de outras categorías), volvendo quedar ás ordes de Arturo Ferraces.

O plantel do Calvo Basket Xiria, dirixido por Arturo Ferraces e Iván Villaverde como axudante, está formado por: Héctor Añón Rodríguez (Alero), Jose Manuel Castro “Tato” (Ala-Pivot), Francisco Cristóbal Brandon (Base), Javier García-Argüelles Rey (Alero), Luis Gómez Precedo (Pivot), Jorge Guillamet Suarez (Escolta), Pablo Moreira Martinez (Escolta), Manuel Rey Alvarez (Escolta), Roi Vega Torreira (Base), Anxo Estany Gomez (Ala-Pivot).

Así, o pasado sábado, o Vila de Noia recibía ao Baloncesto Cambre, e non podía estrearse ante a súa afección con vitoria.

A vindeira semana viaxan a Sarria para enfrontarse o sábado ás 18:00h ao Cemento Cosmos.

 

Sénior Feminino - 2ª División, xornada 2

Vazquez y Reino Basket Xiria Senior feminino Vazquez y Reino Basket Xiria Senior feminino
  • Resultado: Inmaculada Santiago - Vázquez y Reino Basket Xiria (74-59).
  • Vázquez Reino Xiria: Laura 28, Iria, Ana 2, Silvia 11, Sara 4, Limeres 8, Cristina, Estela, Irene, Mato 2, Andrea Pombo 2, Patricia 2.

Partido moi dificil o disputado na tarde do sábado en terras santiaguesas, contra un equipo experimentado que viña de lograr unha vitoria a domicilio na primeira xornada. As locais saíron á pista moito máis agresivas que as carballesas, que pronto se viron 12 puntos abaixo, debido ao excelente ritmo imposto polas da Inmaculada e a pouca fluidez das mozas de Vazquez e Reino. Logo dun tempo morto e o aumento da intensidade, as visitantes igualan o xogo e logran parar a sangria no marcador, e no 2º cuarto, grazas ao labor de Laura en ataque (autora de 12 puntos neste cuarto), as visitantes son capaces de igualar o marcador ao descanso.

Na 2ª parte as visitantes logran poñerse por diante por primeira vez cunha diferenza de tres puntos, pero é xusto a partir dese momento, cando as santiaguesas, logran voltear o marcador outra vez, e volven tomar a dianteira, debido ás continuas perdidas de balon das xogadoras de Carballo na saída de presion, o que permite anotar en situacións de vantaxe numerica ás compostelanas.

No último periodo baixón de intensidade, perdas de balón e excesiva dependencia dos puntos de Laura (28 neste partido) e de Silvia (12), para facer fronte a un equipo cun xogo mais equilibrado, entre xogo interior e xogo exterior.
As carballesas manteñen a ilusión da primeira vitoria na primeira xornada e a vindeira semana visitarán de novo a capital compostelá para enfrontarse a un ADB Fontiñas, que aínda non coñece a vitoria.

  Banner dimolk horizontal futboldacosta

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios