Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Baio, Ponteceso e Camariñas apretan aos dous de arriba

Xuvenil Norte: Baio, Ponteceso e Camariñas apretan aos dous de arriba

Cada semana sorprenden os resultados neste Gr.4 da Liga Xuvenil. Con todo, Malpica e Dumbría B seguen sendo os favoritos para o título, pero xa están moi cerca os Baio, Ponteceso e Camariñas, que esta semana vencían os seus partidos e aproveitaban o descanso do Dumbría B para recurtar.

Ponteceso - Corme (7-1)

  • Ponteceso: Xurxo, Dani Valle (Joseph, min.70), Guille, Fabián (Diego, min.65), Diego Collazo (Lorenzo, min.80), Dani Cotelo (Jonathan, min.55), Alberto, Borja, Puente, Cristian (Mendieta, min.65), Jorge.
  • Corme: Javi, Alejo, Koeman, Percebe, Reixia, Alberto, Juanma (Dani Chans), Antonio (Chuti), Eloy, Fran (Eloi Carniceiro), Brais.
  • Goles: Cristian (4), Jorge, Alberto e Borja polo Ponteceso; e por bando cormelá Eloy.

Encontro de rivalidade no que o Corme de Alejo e Pandi, consciente da súa inferioridade (ao contrario que o ano pasado) chegaba contemporizando. O Ponteceso de Mato presionaba arriba e tivo a sorte de abrir a lata rápido. Así e todo durante os últimos primeiros 20 minutos do primeiro tempo o Corme tomou o mando do partido e ata conseguíu empatar, pero un gol ao fío do descanso puxo as cousas máis claras para os locais.

Na segunda foron mellores os xogadores do Ponteceso e afianzaron a vitoria cunha goleada. Cómpre destacatar a reaparición de Lorenzo no bando local, que levaba dende agosto fóra dos terreos de xogo.

Coristanco - Camariñas (2-3)

  • Coristanco: Nacho, Martínez, Pichel, Xenxo, Corral, Damián, Gonzalo, Fede, Dani, Naya, Iván. Tamén xogaron: Cristian, Martin, Adrián, Brais, Rubén.
  • Camariñas: Álvaro, Mariño (Bieito Mas, min.46), Manuel, Caamaño, Bieito Villar (Saviola, min.46), Gatusso, Diango, Javi (Yuyo, min.46), Nené, Nazo e Martín (José Carlos, min.46).
  • Goles: 0-1, min.35: Diango; 0-2, min.44: Nazo; 0-3, min.70: Yuyo; 1-3, min.83: Rubén; 2-3, min.86: Gonzalo.

Partido vibrante, no que o Camariñas se puxo 0-3 pero acabou pedindo a hora. I é que na primeira lle entraba todo aos de De la Sierra, pero o cando o Coristanco sacou a garra, e realizou os cambios, fixo un partidazo, e apretou e moito a vitoria.

A primeira metade foi bastante parella, aínda que era o Camariñas o que contaba coas mellores ocasións para adiantarse no marcador, pero Nazo, Nené e Martín non acertaron a bater a un inspirado porteiro local. Sería Diango quen marcaría chegando dende atrás a porta valeira tras unha boa xogada individual de Gatusso por banda esquerda. Xa cando parecía que se iría así ao descanso Nazo aumentaba o resultado a favor do Camariñas.

Tralo descanso, con catro trocos do Camariñas, aumentaron as ocasións de gol para o conxunto azulón pero non era o día dos dianteiros camariñáns. Yuyo anotaba o terceiro nun man a man, e cando parecía que xa estaba todo resolto, o Coristanco dáballe emoción ao encontro con dous goles nos últimos minutos que fixo que o Camariñas acabase pedindo a hora.

Malpica - Laxe (5-0)

  • Malpica: Jesús (Ángel), Miguel Ángel (Roque, min.65), Kevin (Jorge, min.46), Pereira, Eme, Joro (Luísma, min.61), Juny, Diego, M. Uruguaio (Almeida, min.65), Adra e Martín Maradona.
  • Laxe: Dani Ortiza, Diego, Mosqueira, Roberto, Nucho, Rellán, Adri Suárez, Djmel, Adrián Lema (Adelantado, min.61), Manu (Cuco, min.65) e Carril (Charly, min.31).
  • Goles: 1-0, min.20: Juny define no man a man tras un envío en profundidade de M. Uruguaio sobre; 2-0, min.35: M. Maradona a centro de M. Uruaguai; 3-0, min.36: M. Maradona aproveita un rexeite do poste dunha falta directa botada por M. Uruguaio; 4-0, min.52: Juny, en espectacular xogada persoal; 5-0, min.75: Almeida a pase de Juny.
  • Lesión: O visitante Carril, retirouse no min.31 con dores musculares.

Fácil vitoria do equipo xuvenil malpicán fronte a un débil Laxe. I é que cando sacan a pólvora os de Piña fan moito dano. Así o demostraron o M. Uruguaio, M. Maradona e Juny.

Muxía - Zas (1-4)

  • Muxía: Cristian, Santi, Antonio, Francisco, Fabián, Julián, José Ramón, Fran, Felipe, David, Ismael.
  • Zas: Miki (Tívoli), Adri, Tomás (Gonchi), Amado, Ramón, Quintáns, Rony (Bruno), Óscar, Josito, Isma, Víctor.
  • Goles: 0-1, min.10: Quintáns; 0-2, min.25: Quintáns; 0-3, min.40: Óscar; 1-3, min.65: Ismael;1-4, min.70: Isma.
  • Expulsión: o muxián Santi e un xogador zaense nunha rifa.

Xa sinala o marcador ao descanso un calro 0-3, e iso que o Zas tiña 3 baixas importantes de xogadores que ían cos maiores. A mala nova foi a tangana que acabou cos dous xogadores na bancada.

Cabana - Baio (0-5)

  • Cabana: Sergio, Valiña, Mato, Pazos, Duda, Samuel, Pablo, Rubén, Stefan, Aless, Iván.
  • Baio: Guillermo, Maikel (Pardo, min.55), Iago, Pablo (Vereda, min.60), Lucas (Marcos, min.70), Fachal, Rafa (Silvariño, min.65), José Manuel, Iván (Poyo, min.75), Bieito, Valentín.
  • Goles: 0-1, min.10: Bieito; 0-2, min.40: Pablo; 0-3, min.65: Lucas; 0-4, min.75: Bieito; 0-5, min.80: Bieito.
  • Lesión: o meta cabanés Sergio cunha escordadura de nocello.

Os dous goles ao principio e ao final da primeira metade marcaron o choque. Marcou pronto o Baio aproveitando un erro da defensa cabanesa, e tras medai hora de igualdade, o tanto de Pablo á saída dun córner deu alas aos de Bacho e quitou esperanza no bando local. Na segunda o Cabana non prantou demasiada cara aos baieses que marcaron 3 tantos máis. Demasiada diferencia así e todo para o visto no campo das Redondas.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora De la Sierra, o Blog do Malpica de Luís E. Porto.

Comentarios