Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: A 3ª praza en xogo

Xuvenís: A 3ª praza en xogo
Imaxe do derbi muradan-Foto-Xose Sendon Imaxe dun antigo derbi muradán-Foto-Xose Sendón A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Cando quedan 6 xornadas para o remate da primeira fase das ligas xuvenís, parece que os campións do Norte (Ponteceso) e do Sur (Xallas) están máis que decididos, e parece que Cabane e Cee serán os segundos. A loita está aberta por esas 3ª prazas que dan acceso á Liguilla dos mellores.

11 vitorias en 11 partidos suma este Xallas impresionante. Non foi líder o Montelouro, o 3º da Liga Sur, e o equipo de Dani Calvete solventou con poderío e suma 51 goles a favor e só 7 en contra. O Cee mantén a distancia e busca asegurarse unha das 3 primeiras prazas, mentres por detrás o Outes vai pelexar a 3ª praza ao propio Montelouro, sen esquecer á Esteirana que venceu o derbi cos Miúdos, ou o propio Fisterra, que empataba no Cunchido.

Mentres, polo Norte, tocáballe descansar ao implacable líder, o Ponteceso, e parece que o Cabana é o único candidato fixo a pelexar arriba tras vencer ao bo Baio, pois o Corme non pasaba dun empate na Ponte. O cadro cormelán terá que remar para asegurar a 3ª praza. Por agora conta con 4 puntos de vantaxe sobre Baio, 5 sobre Coristanco, 6 sobre Zas e Camariñas e 7 sobre Muxía, todos con opcións.

 

Liga Xuvenil Sur, xornada 12

Esteirana - Os Miudos (2-1)

  • Esteirana: Álex de Yi (Dani); Anxo, Tobío, Rafa (Chaki), David de Noia; Jaime (Áxel), Rubén (Xian), David, Pachín (Eloy); Manu de Yi e Íker.
  • Os Miúdos: Xandre; Lice, Gael, Alberto, Jose, Airan, Manuel, Tajes, Xavier, Bruno (Óscar) e Alejandro.
  • Goles: 1-0, m.40: Pachín; 1-1, m.64: Xavier; 2-1, m.78: Áxel.

Frío derbi

Derbi soso e con poucas ocasións de gol, influído polo intenso frío na matinal do sábado.

Comezaba o partido falto de ritmo, cos dous equipos moi lentos na circulación do balón e sen claridade de ideas. Tivo opción a Esteirana de adiantarse nos primeiros minutos, cando nun centro de Íker dende a esquerda ,sen aparente perigo, a indecisión entre o meta muradán e a súa defensa era aproveitada por Manu para levarse o balón pero sen acertar no remate final. Pola súa banda, a ocasión máis clara dos Miudos chegou nun lonxano lanzamento de falta que se marchou lixeiramente desviado. Preto do descanso chegou a xogada polémica do encontro. Unha falta a favor da Esteirana en medio campo era colgada na área, decretando penalti o colexiado, moi protestado polos visitantes, por un empurrón no intento de remate dun xogador local. Pachín non erraría dende os 11 metros, e abría o marcador.

Tras o descanso, os dous equipos quixeron ter maior control do balón e tratar de combinar, conseguíndoo por momentos pero sen moita continuidade e con escasos achegamentos ás áreas. Conseguían empatalo partido Os Miudos, nunha boa xogada do cadro visitante, Xavier tira unha parede cun compañeiro e prántase man a man con Álex, ó que bate na saída. Chegábase ó ultimo cuarto de hora e o partido gañaba en intensidade, tendo por fin, ritmo de derbi. Poñíase por diante de novo a Esteirana, un pase longo de Tobío era dominado por Áxel co peito, cun gran control orientado en carreira, para o posterior "zurriagazo" cruzado que bate no pau e entra ó fondo das mallas. Tivo ocasión de empatar o conxunto muradán por medio de Lice, pero o seu remate de cabeza saíu moi desviado. Os Miudos buscaban o empate e a Esteirana tentaba saír con rápidas contras que puxeron en apretos á Xandre. Nunha delas, Íker, moi batallador durante todo o partido, caza un balón longo, intérnase na área e o seu disparo é detido por Xandre. Novamente nun contragolpe puido o cadro esteirán pechalo partido, pero o tiro de Áxel marchou lamendo o longueiro.

Final do encontro, no que a Esteirana foi máis efectiva á hora de aproveitar as poucas opcións das que dispuxeron ambos conxuntos.

 

Outes - Fisterra (2-1)

  • Outes: David Gorgal, César (Serxio), David, Brión, Cutu, Saúl (Sergio Nieto), Adrián, Simón, Carlos (Jairo), Fran (Fabio) e Santi.
  • Fisterra: Aarón, César, Juanfran, Ángel, Fabián, Gabi da Anchoa, Breixo, Papin, Asier, Gonzalo e Iván (Pichino).
  • Goles: 1-0, m.15: Simón; 1-1, m.55: Breixo.

Pouca puntería

Partido igualado con unha parte para cada equipo, cun cadro local algo máis acertado. Na primeira dominou o Outes, impoñendo un ritmo intenso na presión en campo contrario. Adiantouse o cadro de Eli Mayo nun fallo dun saque do porteiro e puido marcar máis goles, pois tivo ata 6 ocasións de gol claras, mentres o cadro de Eskío só puido combinar nun par de xoadas.

Mellorou o Fisterra na segunda, e Breixo aproveitaba un rexeite para facer o empate. Era un toma e daca aí, co Outes tendo 3 ocasións claras, pero o Fisterra tamén chegando á área contraria, pero ningún acertaría. Quedou o Outes coa sensación de que puideron gañar pero se lles escaparon os puntos, mentres por Fisterra cren que foi un empate xusto.

 

Cee - Castriz (3-0)

  • Cee: Paulo, Adrián (Xavi Soto, m.60), Senlle, Chema, Tivi, Castillo (Ivan, m.60), Xabi Castro, Alex Castro (Saulo, m.60), Isma (Pablo, m.63), Samu Filgueiras (Borja, m.77) e Chiqui.
  • Castriz: Víctor, Rubén, Julián, Richi, Javier (Elías, m.59), Adrián (Miguel, m.49), Luís, Martín, Alejandro e Ismael (Javier, m.70).
  • Goles: 1-0, m.18: Isma; 2-0, m.42: Álex Castro; 3-0, m.47: Xabi Castro.

O Cee apunta alto

Comezou o Castriz, a pesar das baixas dominando e creando algunha ocasión de gol pero sin chegar a materializalas. A máis clara un man a man que salva Paulo fóra da área e que os xalleiros pedían a súa expulsión. Cambiou o guión a partir do gol de Isma, e o Cee foi superior durante o resto do encontro, ante un Castriz ben posicionado pero algo despistado.
Se os visitantes estiveron pouco acertados, polo cadro local faltou un pouco de tranquilidade na fase de finalización para poder marcar algún gol máis.

 

Xallas - Montelouro (4-0)

  • Xallas: Álex (Koke), Raúl, Cristian, Pablo (Parri), Jony, Alberto(Adam), Juanjo (Thiago), Carlos, Anxo (Rubén), Sergio e Santi.
  • Goles: 1-0, m.10: Anxo; 2-0, m.42: Santi a pase de Álex; 3-0, m.60: Sergio; 4-0, m.75: Santi.

Dominio do intratable líder

Partido dominado totalmente polo equipo local, que se poñia por diante moi pronto por medio de Anxo. Estirouse o Louro despois do gol xogando directo pero sen crear perigo na meta de Alex, e ao fío do descanso un gran pase de Sergio define Santi con calidade. Na segunda parte saíron os dous equipos moi durmidos, dando o partido por terminado. Sergio fixo o terceiro noutra boa xogada combinativa do Xallas. Santi fixo o catro cero final, e puido caer algún gol máis ante a baixada de brazos dos muradáns.

 

Liga Xuvenil Norte, xornada 10

 

Cabana - Baio (4-2)

  • Cabana: Darío, Kevin (Alejandro López), Pipa, Ferreiro, Bieito, Mateo, Reigía (Martín), Alberto (Nando), Julián, Carlos (Álex Lema) e Santi (Óscar).
  • Baio: Julián, Fran G., Sergio, Michi, Jose Antonio, Alberto, Cristian, Estefan, Santi Moreira, Luís Eiroa e Anxo. Tamén: Queiro, Álex F., Regueira e Javier Muíño.
  • Goles: 0-1, m.23: Estefan cun golazo de xogada persoal; 1-1, m.49: Santi culminando unha boa xogada combinativa; 2-1, m.50: Santi de novo demostrando ser o máis listo da clase nunha rápida xogada; 3-1, m.73: Álex Lema rematando ben a "bocaxarro"; 4-1, m.80: Álex Lema con outro oportuno remate; 4-2, m.83: outro golazo de Estefan.

O Baio pelexou con todo un Cabana

Adiantouse o partido ao venres pola noite por mor dos derbis do sábado. Había Redondas bastante público animando aos rapaces nun partido con máis emoción que fútbol e ben disputado polos dous equipos. Un tempo para cada equipo, o CD Baio saíu mellor na primeira parte acosando á portería local, aínda que con poucas opcións de finalización.

A calidade de Estefan abriu o choque metendo ao Baio, xustamente, por diante. Minutos máis tarde poideron ampliar a ventaxa se o árbitro interpretase coma man un balón interceptado dentro da área pola defensa local. Non foi así e aínda que os locais tamén tiveron algunha opción de remate, chegariase ao descanso co resultado a favor dos visitantes.

Todo cambiou na segunda parte ca reacción local e o pouco acerto defensivo dos de Baio que regalaron dous goles nada máis empezar. O Cabana con vantaxe chegouse atrás e sentenciou a contra con outros dous goles máis ante un CD Baio que subiu liñas á desesperada nunha mala interpretacion do entrenador Julio Vila que debería rearmarse e buscar a igualada sen arriscar tanto nun partido que non estaba perdido co 2-1.
O segundo gol de Estefan, nos minutos finais, maquillou o resultado, que aínda que non inxusto, si deixou aos de Baio con boas sensacións.

 

Porteño - Corme (2-2)

  • Porteño: Álex, Raúl (Fabio, m.46), Gonzalo, Toxo, Manuel, Martín (Josiño, m.60), Mario (Conde, m.75), Matías, Oli. Porto e Rubén (Dani, m.46).
  • Corme: Fran, Ángel, Martín, Cris, Eloy, Bruno, Truli, Kike, Manu Bermúdez e Isaac. Tamén: Ian, Yago, Mauro e Manu Garrido.
  • Goles: 1-0, m.18: Porto de penalti; 1-1, m.54: Isaac; 1-2, m.60: Manu; 2-2, m.86: en propia porta.

Unha parte e un punto para cada un

Partido igualado cun Porteño mellor na primeira metade, que puido ter ampliado a vantaxe do 1-0 inicial antes do descanso. Pero non chegou o segundo, e o Corme reaccionou e foi quen de darlle a volta ao marcador, pero xa cando o partido esmorecía, un gol en propia meta deixaba un punto ao cadro local.

 

Muxía - Coristanco (2-1)

  • Muxía: Jose, Ancho, Iván, Gusa (Rubén, m.46), Juan, Álex (Xan, m.60), Santi, Cristian, Ander, Rodri, Jose e Mario.
  • Coristanco: Alberto, Varela, Sergio, Álvaro, Jorge; Corral, Bértoa, Daniel, Chiki; Gabriel e Anido. Tamén: Carlos, Eloy, Adrián e Álex.
  • Goles: 0-1, m.5: Gabriel; 1-1, m.30: Jose; 2-1, m.80: Ánder.

O temporal xogou en Arliña

Adaptouse mellor o equipo de Conguito ao complicado campo de Arliña e sobre todo ao vento. Fixo un bo partido, pero o Coristanco estivo moitosminutos por diante e o cadro local só solventou nos minutos finais cun gol de Ander.

 

Zas - Camariñas (4-1)

  • Zas: Hadrián, Rubén, Damián, Brais, Ternande, Manu (Christian, m.75), Adrián, Pedro, Álvaro (Pablo Vidal, m.80), Manu Laxe (Dani Mato, m.60) e Andrés (Andy, m.65).
  • Camariñas: Brais B., Barreiro, Brais, Miguel, Facundo, Pablo S., Espi (Álvaro, m.60), Chikote (Gabriel, m.70), Joseba (Pifo, m.65), Pablo M., Adrián (Alvarito, m.80).
  • Goles: 1-0, m.7: Manu Laxe; 2-0, m.15: Damián; 2-1, m.20: Adrián; 3-1, m.55: Álvaro dende 30 metros, 4-1, m.75: Pablo Vidal, o cadete, aproveitando un bo pase de Dani Mato.

Un “clásico” en San Andrés

Xogouse o partido en San Andrés á hora do “clásico”, entre un Camariñas con tanto “mosqueo” como gañas, e un Zas con varios cadetes na convocatoria por mor das baixas. Foi un chque máis igualado do que indica o marcador. Comezou o Zas máis intenso e pronto Manu Laxe e Damián metían vantaxe no marcador.

Reaccionou o Camariñas que se veu arriba e Adrián, quen si non, recurtaba distancias. Tivo opcións de empatar o Zas pero non tiña o día cara gol o cadro de Baña.

Á volta do descanso, o Zas era quen de matar o partido nos primeiros 10 minutos co gol de Álvaro.

 

Crónicas dos Xuvenís

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios