Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenís: A Esteirana dase a revancha na Copa ante un Fisterra que pechou dun golpe unha gran temporada

Xuvenís: A Esteirana dase a revancha na Copa ante un Fisterra que pechou dun golpe unha gran temporada
Fisterra Xuvenil o sabado na Gandara Fisterra Xuvenil o sábado na Gándara De ter dous partidos nunha fin de semana a rematar a temporada. Así lle pasou ao Fisterra de Pablo Lestón que en dous días caía eliminado da Fase de Ascenso á Liga Galega e da Copa da Costa. Despois de facer unha gran temporada chea de compromiso, quedando 2º en Liga, os fisterráns caían nos Cuartos da Fase de Ascenso o sábado na quenda dos penaltis ante o Palas. E o domingo, era o valor doble dos goles o que lle daba o pase a Cuartos da Copa a unha Esteirana que tiña gañas de vinganza tras quedar por detrás dos fisterráns na Liga.

O Corme cae a Semis

Corme Xuvenil no novo Carral-Foto-Fin Lema O Corme Xuvenil no novo Carral-Foto-Fin Lema Non puido o Corme co Riveira na primeira final polo ascenso á Liga Galega. Os de Lelo, despois de superar na Previa ao Once Caballeros, caían co Riveira por 1-4 nun choque disputado na Gándara. Os da Barbanza sorprendían aos costeiros metendo 3 goles en menos de 10 minutos no ecuador do primeiro tempo, sentenciando xa o partido, e facendo inútil o gol da honra de Manu Bermúdez na segunda. Agora tócalles volver a semis, onde lle espera o Porto Burela. Terá que vencelo e facer o propio co gañador do As Pontes-Palas para ascender á Liga Galega.

A Copa da Costa

Non houbo sorpresas na Copa. Partidos claros para Corme, Os Miúdos e Cabana ante Sofán, Laxe e Soneira respectivamente. Ademais, o Baio aproveitou a vitoria da ida para eliminar sen demasiadas complicacións ao Coristanco, e o San Lorenzo tirou de orgullo en Verdillo para superar a un bo Ponteceso. A eliminatoria máis igualada foi a protagonizada polo Xallas e Camariñas. Despois do 4-6 a favor dos camariñáns na ida, o Xallas metíase con 2-3 quedando a dous goles dunha remontada que non dou chegado.

O Partidazo da Copa: Esteirana - Fisterra (0-1)

  • Esteirana: Álex de Yi, Kevin, Sergio, David de Noia; Farinós (Joaquín), Juan (David Pais), Álex de Dina, Roberto, Jaime; Íker (Benji) e Carajillo (Xian).
  • Fisterra: Jose Carlos, Miguel, Cristopher, Rui, Gabi, Benlloch (Iván Escarís, m.56), Dani, Ángel, Xan Xixo (Puyol, m.70), Pichino e Aarón.
  • Goles: 0-1: Aarón no primeiro pao nun corner.
Chegaba a eliminatoria con 1-2 a favor da Esteirana despois do choque de Ara Solis, e cun Fisterra con só 12 xogadores, e cansados do tremendo esforzo do sábado ante o Palas, no que os penaltis o eliminaban da fase. O choque copeiro foi un partido moi igualado, con dous grandes equipos e dous adestradores que pensan que mereceron mellor sorte. Pronto se metía por diante o Fisterra cun gol a balón parado. Pero a Esteirana non se volveu tola, valíalle o 0-1, así que decidiu baixar o balón e controlalo ante un cansado equipo verde. Os visitantes intentaban roubar e aproveitar as imprecisións da zaga local para meterse arriba e Aarón tivo tres boas ocasións na primeira metade que salvou Alex de Yi. Na segunda, o Fisterra buscaba balóns ás costas da defensa, pero nin Cris, nin Puyol nin Rui estiveron acertados nalgunha cabalgada ante o meta esteirán. Os locais aproveitaron que os fisterráns acabaron volcados para ter un par de boas ocasións, pero José Carlos tamén apareceu para facer dous paradóns e manter a incertidume ata o final. De horarios Parece evidente que os dous partidos foron unha gran lousa para o Fisterra qur tivo que xogar dous partidos en apenas 20 horas. A concentración da Gándara obrigaba aos fisterráns a xogar o sábado ás 17:00h (e a Copa o domingo ás 12:00h), porque e en principio o As Pontes-Imperátor estaba para as 12:00h. Pero o partido entre ferroláns e herculinos retrasouse ás 19:00h, feito que podería ter permitido aos fisterráns adiantar o seu choque ás 12:00h e así ter 17 xogadores no canto de 12 e ademais darlle unhas horas máis de descanso aos seus rapaces. Aínda os de Lestón foron a penaltis gracias ao gol de Ezequiel no min.89, tamén dende os 11 metros, pero onde non tiveron sorte.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios