Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Xuvenís: Apretado no sur e fenda no norte

Xuvenís: Apretado no sur e fenda no norte

A xornada 10 deixou claro quen manda no norte. 3 manitas de Malpica, Ponteceso (que deciden o liderato a semana que vén) e Cabana os sitúan como favoritos.
Polo sur, parece que a cousa vai estar máis apretada para acadar eses 3 postos que dan acceso á Liguilla Previa. Hai 4 equipos con opcións, e os de abaixo non o van poñer fácil. A vindeira semana será importante con pois toca doble enfrontamento directo con dous vibrantes Cee-Fisterra e DUmbría-XSC.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 10

Fisterra-Esteirana -Foto-Fran Insua

Segue moi apretada a zona de arriba no grupo sur. Parece que 4 equipos se van xogar as 3 prazas, e ademais a competitividade dos Outes, Mazaricos, Muros ou Esteirana fai que cada partido sexa complicado. Segue líder esta semana o Xallas de San Comba, que vencía nun partido bastante sinxelo ao Corcubión, con tantos de Marquiños, Styven (2), Diego Maneiro.

A 1 só punto está o Fisterra, que batía na Esteirana ata endosarlle 7 goles. Un Fisterra que vén moi forte e conta con varias pezas claves. Hai que falar nesta SD de Hidalgo, medio de moita calidade, de corte fs, e moi repartidor de balón, e xa habitual co equipo da 3ª. Hai que falar tamén de Bruno, o capitán, que soe xogar de extremo esquerdo, cunha rapidez, regate e verticalidade tremenda, tamén habitual co B e mesmo co primeiro equipo. E que dicir de Cote, que co seu 1,90m de estatura é unha das referencias da categoría, que nunca mellor dito, se lle queda pequena.

Fisterra-Esteirana -Foto-Fran Insua

O Dumbría queda con 23, puntos a 2 do liderato, tras vencer, con máis sufrimento do esperado ao Outes. Mentres, o Cee mantense a 2 dos dumbrieses, espectante a calquera erro dos de arriba, e pendente dos choques directos, como o da vindeira semana.

Deixamos dous encontros como os máis interesantes da xornada:

Mazaricos - Cee (2-3)

Mazaricos-Cee xuv - Foto- Jose Cambeiro
  • MAZARICOS: José, Rubén (Arturo, min.50), Bieito, Ramón, Carreira, Marcos, Ferreiro, Raúl, Alex, José Ángel, Alberto.
  • CEE: Paulo, Jesús (Carlos Leis, min.80), Raper, Tonecho, Martín, Esteban, Tebo, Lamela (Andrés, min.60), Pablo (Ghicho, min.65), Nanó, Uri (Mario, min.70).
  • Goles: 1-0, min.5: Alberto; 1-1, min.15: Tebo; 1-2, min.35: Andrés; 1-3, min.60: Tebo; 2-3, min.80: Alejandro.
  • Lesión: o ceense Lamela cun tirón

Partido máis fácil para o Cee do que sinala o marcador, pero perdoou demasiado e acabou sufrindo. Os de José Carlos foron superiores, pero no partido as defensas sucumbiron aos atacantes e houbo moitas ocasións, e puido acabar con goleadas escandalosas para ambos lados.

Por bando mazaricán seguen botando en falta a Sandelo e Oreiro arriba lles falta agresividades. Así e todo. tras varios erros na culminación por parte dos ceenses, os locais estiveron a piques de acadar o empate nunha falta.

Cómpre enviar un saúdo ao delegado ceense Juan, ingresado estes días no Hospital, e ao que lle desexamos unha pronta recuperación.

Mazaricos-Cee xuv - Foto- Jose Cambeiro

Outes - Dumbría (2-3)

  • OUTES: Aitor, Samuel, Piti, Rafa, Nieto, Chía (Álvaro, min.55), Rubén (Mosto, min.75), Jura (Babu, min.15), Edu, Veleiro, Paulo (Abraham, min.70).
  • DUMBRÍA: Chupi, Maikel, Samuel, Cabana, Dito, Jose, Kevin, Lucas, Javier, Israel, Martín. Tamén xogaron: Rafa, Charli, Yerai, Mauro, Adrián Ozón.
  • Goles: 1-0: Veleiro; 1-1: Martín rematou unha falta; 2-1: Babu; 2-2: Martín (descanso); 2-3: Lucas de córner directo.
  • Lesión: o local Jura.

Partido moi apretado no que o Dumbría tivo que tirar de 3 xogadas a balón para vencer a un tremendamente aguerrido Outes. A primeira metade transcorreu sen demasiadas ocasións, pero cada chegada era gol. Nun toma e daca, o Outes aproveitaba os erros defensivos dun feble atrás Dumbría, que sen embargo, atopaba no balón parado unha arma pouco habitual.

Na segunda, cun Dumbría xogando ben por fases, Lucas marcaba un tremendo córner directo, e por fin conseguía unha solidez defensiva necesaria para estar arriba. Así e todo o Outes non dou o partido por perdido e deu guerra ata o último suspiro facendo sufrir á parroquia ceense.

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 10

Baio-Muxia Xuv- Foto- Vilas Lopez

Polo norte, 3 manitas dos de arriba, unha vitoria apretada e unha sorpresa. Ponteceso, Malpica e Cabana endosaron sendas manitas a Camariñas, Corme e Muxía, demostrando a fenda que hai entre os equipos de arriba e os de abaixo. Así, Malpica e Ponteceso quedan con 25 puntos, 4 máis que o Cabana, e 5 máis que o Baio.

O Coristanco queda agora algo descolgado, con 16 puntos, trala súa derrota en Laxe, no que pode considerarse a sorpresa da xornada. Os laxenses xogaron unha boa primeira metade, e Manuel Saleta os adiantaba na primeira. Magovi, a gran referencia dos coristanqueses, empatou e tivo nas súas botas o gol que puido cambiar o rumbo do partido. Pero fallou e o propio Manuel Saleta e o cadete Elías sentenciaron o partido.

Volvendo a zona de arriba, o Malpica non tiña piedade do Corme, que iso si, aguantou 45 minutos sen recibir un gol, pero nada máis comezar a segunda chegou o vendabal malpicán con tantos de Camilo (2), M. Maradona (2) e Kevin.
Polo Ponteceso, que puido con solvencia co Camariñas, marcaron Bieito (2), e Borja e Iago. Mentres que por bando cabanés asinaron a goleada Redondo (3), Iván Mato e Alessandro.

A fin de semana deparou tamén o partido aprazado pola Barca entre Baio e Muxía. Os baieses non deixaron a ocasión de achegarse á zona de arriba, e o partido serviu para que Santi Díaz recuperase o olfato goleador asinando 3 tantos, aos que se sumaron os de Chrisitian e Lucas. Peski marcou para o cadro muxián.

Baio - Zas (1-0)

Baio-Zas - Foto-Alejandro Mel
  • BAIO: Guille, Alberto, Pablo (Álvaro, min.46), David, Xoel (Kevin, min.75), Fachal, Anxo, Lucas, Santi Díaz (Ío, min.75), José Manuel (Carlos, min.55), Cristian.
  • ZAS: Tívoli, Alberto, Gonchi (Canai, min.15), Óliver (Bolita, min.75), David, Amado, Dani, Manu, Iago Francés, Pastor (Hernández, min.70).
  • Gol: 1-0, min.12: Lucas tras un centro de Santi Díaz tras un erro defensivo zaense.
  • Lesión: Gonchi.

Había moita expectación para este derbi zaense, para comprobar o bo estado do Baio de Emilio e a melloría do Zas de Felkpe Solís. E o partido non defraudou. De feito, foi moi igualado, máis do que agardaban os baieses que se enforntaron a un Zas que prantou cara en todo momento e que se cadra mereceron un empate.

Comezaba o Baio sen perdoar, e un balón morto tras un erro nunha cesión entre defensa e porteiro, permitía que Santi Díaz centrase un balón que Lucas remachou á rede visitante. Os zaenses, algo mermados polas baixas, e que non puideron contar durante os 90 minutos con Pastor e Óliver, xa habituais cos maiores, intentárono por todos os medios. De feito, o propio Pastor tivo un par de ocasións para empatar pero non estivo acertado.

O exceso de confianza fixo que os locais necesitasen dalgún correctivo tralo descanso, como o cambio que metía a Guille, porteiro habitual, de lateral. Así e todo, os baieses tamén tiveron varias ocasións para sentenciar pero Santi Díaz, Carlos e José Manuel se prantaron só diante de Tívoli na segunda metade pero non sentenciaron.

Baio-Zas - Foto-Alejandro Mel

Máis información

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios