Martes. 23.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Cee e Cabana únense a Xallas e Ponteceso

Xuvenís: Cee e Cabana únense a Xallas e Ponteceso
Xallas Xuvenil en Ara Solis 665 O Xallas Xuvenil está impresionante e sumou a súa 12ª vitoria en Ara Solis A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Seguen Ponteceso e Xallas ao seu, contando partidos por vitorias. Por detrás, parece que Cee e Cabana aseguran tamén praza na Liuguilla de campións tras vencer complicados choques ante Muídos e Corme respectivamente. Precisamente o Corme é un dos equipos que buscan esa 3ª praza, pero terá que loitar con Baio, Coristanco, e pode que con Zas e Camariñas, que demostrou ante o Ponteceso que é capaz de poñer contra as cordas a calquera.

Polo Sur, o Montelouro deu un paso e queda, en principio e cando quedan 5 xornadas para remate desta primeira fase, só o Outes como posible rival nesa loita pola 3ª praza.

Liga Xuvenil Sur, xornada 13

 

Castriz 1-1 Corcubión

  • Castriz: Víctor, Julián (Miguel, m.55) (Javier, m.80), Brais, Richard, Javier, Elias, Adrián, Luís, Martín, Alejandro e Ismael (Martín, m.70).
  • Corcubión: Santi, Beto, Isma, Porto, Senra, Breixo, Dani, Samuel, Maikel Moure e Gabi Golpes. Tamén xogou: Álvaro.
  • Goles: 0-1, m.40: Beto colle un rexeite ao borde da área e a clava pola escuadra; 1-1, m.55: Javier E. tras un tiro de Martín F.
  • Expulsión: o xalleiro Adrián Balsa aos 20 minutos e o corcubionés Maikel (m.30).

Demasiada tensión

Partido que empezaba con moita tensión desde os primeiros minutos. Os dous equipos querían demostrar que non merecen estar nos baixos da táboa. Unha expulsión no minuto 20 do capitan do Castriz facía tremer o peor para eles pero no minuto 30 un xogador do Corcubión entraba arrastro e coa plantilla por diante a un balón disputado que o colexiado non dubidou en castigar a pena máxima. 10 para 10 con moito tempo por diante

Dende aí o encontro tomaba un color algo "rossonegro" creando algunha que outra ocasion pero sen materializar "coma sempre". Os do Corcubión tamén tiñan as súas ocasións e de feito despois de conseguir un corner marcan un golazo por toda a escuadra a un balón caído no frontal da área. Os do Castriz esta vez non se viñan abaixo por ningún motivo e querían por todas todas un mínimo e xusto empate que por fin se conseguía por mediación da Javier E. gracias a un tiro de Martin F. que se colocaba de dianteiro debido a lesión de Miguel.

 

Fisterra 1-7 Xallas

  • Xallas: Álex (Sindo), Raúl, Rachón, Cristian, Pablo (Rubén), Alberto (Xoel), Juanjo, Carlos, Santi Díaz (Jony), Anxo e Sergio.
  • Fisterra: Aarón, César, Ángel, Juanfran, Gabi da Anchoa, Fabián, Breixo, Asier, Papin, Gonzalo e Pichino.
  • Goles: 0-1, m.15: Anxo; 0-2, m.25: en propia meta tras un centro de Rachón; 0-3, m.35: Alberto remata un pase de tacón de Santi Díaz; 0-4, m.50: Sergio; 0-5, m.60: Sergio; 1-5, m.65: Asier; 1-6, m.75: Sergio; 1-7, m.80: Rachón dende o medio campo.

Aguantou pouco o Fisterra

10 minutos durou a presión fisterrá ata que o Zallas se fixo definitivamente co partido. 3 córners consecutivos metían ao líder contra as cordas, pero xa sacaba algunha contra, como a que Santi Díaz enviaba lambendo ao pau. Aparecía a calidade técnica e a superioridade física dos xalleiros poico a pouco, e pronto Anxo non fallaba á súa cita co gol. Seguiu o Fisterra moi intenso pero sen sorte de cara a porteria. O 0-2 empuxou un defensa local un centro de Rachón e o terceiro demostraba tamén a calidade dos visitantes.

Despois do descanso, saiou o Fisterra outra vez moi forte, pero Sergio faría o 0-4 moi pronto matando as esperanzas locais. Sergio redondearia unha boa tarde con dous goles máis, Asier faría o da honra para os locais e xa contra o final puxo Rachón o golazo da tarde case desde medio campo.

 

Os Miúdos 1-2 Cee

  • Os Miúdos: Xandre, Lize, Alberto, Gael (Dani), Álex, Airán, Jose, Pesky (Miguel de Miro), Yerai, Manuel (Miguel) e Xavi.
  • Cee: Paulo, Adrián (Iván, m.56), Senlle, Alex Agulleiro (Samu Trillo, m.80), Tivi, Hugo, Chema, Xabi Castro (Alex Castro, m.66), Chiqui (Pablo, m.83), Samuel Filgueiras e Isma (Saulo, m.63).
  • Goles: 1-0,m .10: Xavi; 1-1, m.20: Samu Filgueiras dende lonxe; 1-2, m.40: Isma empurra na liña de gol un remate de cabeza de Chega ao pau.
  • Expulsión: o ceense Tivi.

Paulo protagonista

Complicado partido tivo o Cee para vencer en Muros e manter o seu segundo posto ben seguro. Pero pasaron apuros os de Rafa ante un cadro negro que fixo un bo xogo, chegando ben en ataque pero sen acerto cara gol. Comezaba o choque de tanteo, sen dominador claro, e cos locais meténdose por diante. Subiu liñas o Cee tralo gol e foi meténdose arriba e deu a volta ao marcador.

Na segunda parte foi un querer e non poder dos locais, ante unha gran defensa do equipo visitante, que tamén puideron sentenciar á contra coas chegadas de Xabi e Isma. Non aproveitaron e tocou sufrir ante as embestidas finais dos Muídos, facendo empregarse con todo a Paulo, que foi protagonista salvando a vitoria.

 

Montelouro 7-2 Esteirana

  • Montelouro: Joaquín (Xaco); Cristian, Sergio, Bolo, Juan; Junjo, Anxo, Adrián, Bouzas, Juan de Selia e Bertín.
  • Esteirana: Álex de Yi (Tiki); Álex de Dina, Anxo, Chaki, David de Noia (Eloy); Áxel, Rubén, Xian, Pachín; Carajillo e Íker (Fran).
  • Goles: 1-0, m.7: Carajillo; 1-1, m.33: Juan de Selia; 2-1, m.41: Anxo; 3-1, m.44: Bolo; 4-1, m.61: Adrián; 5-1, m.75: Juan de Selia; 6-1, m.86: Juan de Selia; 7-1, m.88: Junjo; 7-2, m.90: Áxel.
Montelouro celebra un gol ante a Esteirana-Foto-Nieves Formoso Montelouro celebra un gol ante a Esteirana-Foto-Nieves Formoso

Golpe de autoridade do Montelouro

Incontestable vitoria do Montelouro no derbi ca Esteirana, que afianza ós de Louro na terceira posición que da dereito a xogala liguiña de ascenso. Presentábase á Esteirana con numerosas baixas, ás habituais de Rafa, Tobío e Jaime, sumábanse esta semana as de David e Manu de Yi, convocados co primeiro equipo. Ata sete cadetes completaron a convocatoria do equipo xuvenil de Lodeiro.

Comezaba o partido con clara cor visitante, achegándose con perigo á portería loureán con rápidas transicións e fútbol de toque. Daba un primeiro aviso nunha xogada combinativa, Pachín mete un balón en profundidade para Íker, que ante a saída do porteiro, cédelle o balón a Áxel e o seu remate é sacado baixo paus pola zaga local. Non perdoaba o cadete Carajillo na seguinte xogada, aproveitando un balón á espalda da defensa, o seu disparo bate a Joaquín, poñendo o 1-0 no marcador. A piques estivo Íker de anotalo 2-0 pouco despois, pero o seu disparo era atallado polo meta local. Foi unha primeira media hora de dominio visitante, cun fútbol vistoso no que Rubén e Xian se fixeron co mando do partido no centro do campo. Comezaba a espertar e a sacudirse o dominio visitante o Montelouro, que reaccionaba por medio do seu mellor home. Juan de Celia recibe o balón, vaise dos centrais e bate a Álex no man a man. A partir de aquí o guión cambiou completamente, o cadro de Louro fíxose co mando do partido e xa non o soltou ata o final. Puido poñer de novo Juan de Selia por diante ós seus, pero o seu remate marchouse alto. A Esteirana estaba tocada e o Montelouro non o desaproveitou, nunha xogada parecida ó gol do empate, Anxo poñía por diante ós locais. Puido aumentar a renta o cadro de Caluso, pero esta vez Álex de Yi salvaba ós seus cunha magnífica parada. O Montelouro seguía co seu asedio e pouco antes do descanso, unha galopada de Bolo pola banda sorprendía ós visitantes, este prantábase na área e anotaba o 3 a 1 , que supoñía un auténtico mazazo para o conxunto de Esteiro.

A segunda metade non tivo historia. O Montelouro, moi superior físicamente, seguía a tocar a rebato e arrasou a unha Esteirana moi mermada físicamente, fundida, cuns cadetes heroicos que viñan de disputar na tarde do sábado o seu encontro en Cabana. Aguantaba como podía a Esteirana as embestidas do Montelouro. Adrián aumentaba diferencias á saída cun córner cun remate so no segundo pau. Juan de Selia anotaba o quinto no minuto 75, e á Esteirana medrábanlle os problemas ó quedar con 10 homes pola lesión de Rubén. Nos instantes finais, un último arreón do Montelouro aumentaba a sangría. Juan de Selia anotaba o sexto, e completaba o seu "hat-trick" particular. Dous minutos despois sería Junjo o que pechaba o marcador para o cadro local. Antes do pitido final, nun arranque de coraxe, Áxel anotaba o definitivo 7-2.

Golpe de autoridade do Montelouro que se afianza na terceira posición, descartando á Esteirana da loita pola última praza que dá acceso a disputala liguiña de ascenso.

O Montelouro con Luis-Foto-Nieves Formoso O Montelouro dedicou a vitoria a Luís-Foto-Nieves Formoso  

Liga Xuvenil Norte, xornada 10

Corme 0-2 Cabana

Corme-Cabana Xuvenil- Foto- Fin Lema 2 Corme-Cabana Xuvenil- Foto- Fin Lema
  • Corme: Fran, Ángel, Cris, Martín, Eloy, Trully, Kike, Javi, Isma, Manu e Isaac. Tamén xogaron: Mauro, Yago e Manu Tasende.
  • Cabana: Darío, Kevin, Pipa, Ferreiro, Bieito, Mateo (Martín), David Muíño (Dani Reigía), Alberto, Julán, Carlos (Santi) e Álex Lema.
  • Goles: 0-1, m.20: Alberto rematando un saque de falta botado por Ferreiro; 0-2, m.76: Santi sentencia o partido nunha contra.

O Cabana segue firme

Antes de comenzar este partido gardaron cormeláns e cabaneses, por iniciativa do cadro local, un sentido minuto de silencio por Xosé Neira Vilas, un gran amante da Costa da Morte dispoñible sempre para colaborar con calquera actividade cultural para a que fora requerido.

No deportivo, primeira parte moi boa do Cabana, cun serio traballo defensivo e chegando ademais con claridade a meta do Corme. Na segunda parte co acertado cambio de sistema do Corme e ata o segundo gol nunha xogada personal de Santi, o cadro cormelán fixo sufrir e moito aos cabaneses, e Darío tivo que salvar en varias ocasións o empate.

Corme-Cabana Xuvenil-Foto-Fin Lema Corme-Cabana Xuvenil-Foto-Fin Lema  

Camariñas 0-1 Ponteceso

  • Camariñas: Brais, Gabriel, Pifo (Miguel, m.65), Pose, Facundo, Espi, David, Álvaro (Joseba, m.70), Adrián, Pablo S. e Pablo M.
  • Ponteceso: Damián, Adrián (Feli), Ismail, Jorge, Minichema, Alberto (Javi), Luca, Cacha (Lucas), Eloy, Aday (Busto) e Gabi (Loureiro).
  • Gol: 0-1, m.87: Eloy.

O Camariñas a piques de roubarlle puntos ao líder

Tivo o Camariñas contra as cordas ao poderoso líder ata o último suspiro a base de intensidade. Foi un partido precioso a pesar de estar sen goles ata os últimos minutos. Durante a primeria metade o Camariñas (coas importantes baixas de Brais, Barreiro e Chicote) puido mesmo meterse por diante e apenas sufriu, deixando o control do balón aos visitantes e sacando perigosas contras. Tardou en espertar o líder ata a segunda metade, e chegaron varias ocasións, pero non foi ata 3 minutos antes do final cando Eloy, deepois dun tiro á cruceta de Álvaro por bando local, daba o gol da vitoria aos de Fernando, se ben un empate podería ter sido máis xusto visto o visto sobre o Hermanas Patiño.

 

Baio 7-1 Muxía

Baio-Muxía -Foto-Alejandor Mel Baio-Muxia -Foto-Alejandor Mel
  • Baio: José Manuel, Fran G., Álex F., Sergio, José Antonio, Cristian, Estefan, Luís Eiroa, Regueira, S. Moreira e Anxo. Tamén: Julián, Alberto, Ayoub, J. Muíño e Queiro.
  • Muxía: Hugo, Álex, Iván, Juan (Rubén), Paulo, MacAreno, Ander, Cris, Mario, Carlos e José.
  • Goles: 1-0, m.10: Anxo; 1-1, m.15: MacAreno dende o medio campo; 2-1, m.47: Regueira; 3-1, m.50: Estefan; 4-1, m.55: Luís; 5-1, m.65: José Antonio; 6-1, m.70: José Antonio; 7-1, m.80: Luís.
  • Expulsións: o muxián Jose.
Baio-Muxia xuvenis-Foto-Alejandro Mel Baio-Muxía -Foto-Alejandro Mel Baio-Muxia xuvenis-Foto-Alejandro Mel Baio-Muxia -Foto-Alejandro Mel

Demasiado longo

Mañá soleada a do domingo, na que se encontraron o CD Baio e o Muxía para disputar un encontro marcado pola superioridade local no segundo tempo. Dicimos segundo tempo porque no primeiro pelexaron ben os dous equipos non habendo moita diferencia entre eles.Adiantouse o Baio por medio de Anxo nada máis empezar, e non tardou o equipo visitante en empatar, antes de se que cumprirar os 15 primeiros minutos. De aí e ata o descanso houbo alternativas no xogo polos dous equipos co CD Baio gozando de mellores oportunidades.

Tras o descanso saiu dormido o Muxía e encaixou tres goles en apenas 10 minutos. A partir de aí, e co Muxía xa con 8 sobre o campo tras unha expulsión e un par de lesionados, a desesperación apareciu en forma de protestas e barullo que o único que fixo foi deslucir o partido. Houbo momentos tensos nos banquiños pero a maioría dos muxiáns comportáronse deportivamente.

 

Coristanco 5-2 Zas

  • Zas: Hadrián, Rubén, Brais, Damián, Ternande, Pedro, Adrián, Álvaro, Manu Laxe e Andrés.
  • Coristanco: Eloy, Varela, Iván Vázquez (Javi, m.80), Álvaro, Sergio, Bértoa (Dani, m.75), Adrián (Jorge, m.75), Corral, Chiki, Gabriel e Anido (Iván Villar, m.46).
  • Goles: 1-0, m.25: Corral; 1-1, m.35: Elías; 2-1, m.60: Chiki; 3-1, m.65: Corral; 3-2, m.80: Christian; 4-2, m.80: Chiki; 5-2, m.85: Gabriel de penalti.

Segunda parte para os locais

Non puido contar Martín con pezas fundamentais na mañá dominical pero fixo unha boa primeira metada ante un bo Coristanco. Rematou cun xusto empate o primeito tempo pero os erros individuais da defensa zaense e a falta de fondo de armario decantaron o partido para os locais.

 

Crónicas dos Xuvenís

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios