Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís e Cadetes do Dumbría afrontan unha ilusionante campaña nas Ligas Galegas

Xuvenís e Cadetes do Dumbría afrontan unha ilusionante campaña nas Ligas Galegas
Nando e Pablo Conde seran os adestradores do Dumbria Cadete e Xuveni Nando e Pablo Conde seran os adestradores do Dumbría Cadete e Xuvenil Despois complicado curso pasado, a familia do CF Dumbría volve á competición. Faino esta fin de semana na súa volta á Preferente, mentres xa prepara os seus equipos de base. Coordinado por Óscar Leis, o equipo dumbriés afronta este ano con dous equipos en Ligas Galegas. Unhas Ligas Galegas que comezan o 9 de setembro e rematan o 26 de maio e que xa teñen os seu calendario completo en www.futboldacosta.com, onde faremos un completo seguemento dos seus resultados. Pola volta, aínda estamos esperando os calendarios das Ligas comarcais de Xuvenís e Infantís (onde xogará o cadro dumbriés que dirixirá Huelvis) que arrincan o 3 de setembro, mentres que nos Infantís non empezará a rodar o balón ata o 7 de outubro.

Os Xuvenís de Pablo Conde

Así, nas Ligas Galegas, os Xuvenís de Pablo Conde comezan o 9 de setembro cun derbi nas Eiroas ante o Bergantiños. O obxectivo será lograr un ano máis a permanencia e formar os xogadores para poder chegar o primeiro equipo. Practicamente a totalidade do persoal renovou o seu compromiso con cadro dumbriés, e Conde contará con 20 xogadores, se ben hai aínda algún xogador pendente de completar un plantel máis amplo para poder afrontar unha liga tan competitiva con garantías.
Xogador Posición
Isma Porteiro
Jorge Porteiro
Josiño Lat. Der.
Rey Lat. Esq.
Juan Lat. Esq
Esteban Lat. Der.
Eloy Central
Ayose Central
Pablo Central
Gusa Central
Samu Central
Mario Medio
Fabio Medio
Jony Medio
Adrián Medio
Brais Medio
Borja Medio
Tajes Dianteiro
Xabier Extremo
Martín Extremo
 

Os cadetes de Nando

Pola súa parte, os cadetes de Nando (un dos grandes formadores da nosa base volve ao Conco) comezan na casa ante o Xuventude Oroso, e o choque máis esperado, ante o Deportivo B, será na xornada 8 (21/10/2017), cando o Conco recibirá a visita do cadro branquiazul. O obxectivo en será o de non pasar os apuros da temporada pasada e manter a categoría. A día de hoxe Nando conta con 24 xogadores dos cales 14 xa estaban no club, ademais de 10 altas. Salvo novidade de última hora, o equipo parece pechado e disposto a comezar a campaña.
Xogador Posición
Rubén Porteiro
Mario Porteiro
Breo Porteiro
Tomás Defensa
Samu Defensa
Alex Defensa
Yeray Defensa
Xan Defensa
Carlos Defensa
Martín Defensa
Leo Defensa
Lucas Medio
Yago Medio
Castro Medio
Berto Medio
Anxo Medio
Moi Medio
Lucas Medio
Ángel Banda
Diego Banda
Iago Banda
Chao Banda
Brais Banda
Sendón Dianteiro
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios