Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Esteirana e Fisterra pegan un estirón

Xuvenís: Esteirana e Fisterra pegan un estirón
Esteirana lider da Liga Xuvenil A Esteirana de Josiño Alves, é o lider da Liga Xuvenil Despois da apurada xornada de xoves, o sábado disputábase a 8ª xornada da Liga Unificada Xuvenil. Unha xornada que deixa dous protagonistas: Esteirana e Fisterra. O cadro muradán segue sen perder e suma xa 20 puntos, un máis que o Fisterra, que sufría para superar o muro do Baio. Ambos aproveitaron que descansaba o Corme para abrir unha fenda de 5 e 4 puntos co cadro cormelán, e co San Lorenzo. Ademais, o Cabana tamén saca a cabeza pola zona de arriba tras superar (no partido e na táboa) ao Coristanco.  

Outes - Soneira (1-4)

  • Outes: Antón (Siro, m.85), Fabián, Christian, Joel, Cartucho, Boris, Alberto, Marta (Nicolás, m.53), Canoa (Rubén min 46), Josiño (Ángel, m.57) e Fran.
  • Soneira: Christian, Moreira, Ángel, Raúl, Pablo, Alex, Fran Moreira, Lucas, Sebas, Brais e Cristian Canosa. Tamén: Damián, Sergio, Edgar e Nico.
  • Gol: 0-1, m.8: Pablo; 1-1, m.18: Josiño; 1-2, m.31: Fran Moreira; 1-3, m.33: Cristian Canosa; 1-4, m.53: Cristian Canosa.
Non está o Outes nun bo momento, que non é capaz de repoñerse dos goles recibidos. E iso que soubo empatar o gol inicial do cadro soneirán gracias ao tanto de Josiño. Pero pouco a pouco o Soneira ía facéndose co partido e antes do descanso Fran Moreira e Cristian Canosa case que deixaban o choque sentenciado. Facía calor e tralo refresco do descanso, Cristian si que sentenciaba, deixando media hora sosa de dominio visitante inerte. Os soneiráns quixeron dedicarlle a vitoria a Óscar, compañeiro do equipo séniro que sufriu unha lesión importante.  

Coristanco - Cabana (2-5)

  • Coristanco: Cancela, Iago, Varela, Álvaro, Sebas, Dani, RR, Braian, Castro, Cambón e Fran. Tamén: Arturo, Cristian, Black e Ezequiel.
  • Cabana: Marcos (Roberto), López, Pipa, Dani, Rubén, Alberto, Castro, Breo (Yago), Simón (David), Manuel (Samuel) e Cristian.
  • Goles: 1-0, m.13: Braian; 1-1, m.17: Simón; 1-2, m.31: Manuel a pase de Castro; 1-3, m.40: Breo anota un golazo de forte disparo; 2-3, m.41: Castro; 2-4, m.51: Simón en boa xogada individual; 2-5, m.79: Castro en xogada individual.
Coristanco-Cabana-Foto-Cabana Coristanco-Cabana-Foto-Cabana Partido no que o Cabana meteulle máis intensidade que o cadro coristanqués. Un Cabana que soubo adaptarse á medida da Rocheira e que comezaba co tanto local. Pero o Cabana conseguía levantarse, darlle a volta ao marcador, defendendo todo o equipo e xogando moi compactos. Castro recurtaba e metía de novo ao Coristanco antes do descanso, pero o cadro verde (que notou a falta de Eloy na banda) non tiña a intensidade necesaria para superar a un gran Cabana. Coristanco-Cabana-Foto-Cabana Coristanco-Cabana-Foto-Cabana

Corcubión - Ponteceso (2-0)

  • Corcubión Abel; Álex, Fran, Oca, Sergio; Samu, Xuli, Jon, Luis Lojo; Lagoa e Hugo. Tamén Marcos, Saulo, David e Mesejo.
  • Ponteceso: Damián, Íker, Raúl, Brais, Luca, Pop, Moussi, Sergio, Iván Rodríguez e Manu Cancela. Tamén: Josiño, Isaac, David Velo e Adrián Pose.
  • Goles: 1-0, m.7: Lagoa; 2-0, m.67: Saulo nunha contra.
Ponteceso Xuvenil en Corcubion Ponteceso Xuvenil en Corcubion Partido serio proposto polo Corcubión ante un Ponteceso mandón, como gusta, buscando saír á contra xogando polas bandas. O Ponteceso tería máis de dominio na primeira parte pero aos 7 minutos Lagoa adiantaría os locais. O Ponteceso, falto de intensidade, non conseguía meterse no partido. Xa na segunda parte, continuaba dominio, case inerte, do Ponteceso coun Corcubión defendendo todo o que podía e nunha contra Saulo rompería a defensa visitante e definiría con clase a un lado. De aí o final do partido o Ponteceso intentaría meterse no encontro pero non foi capaz.  

Esteirana - Muxía (9-0)

  • Esteirana: Alex de Yi, Chaki, David, Joaquín; Sergio (Álex), Juan, Jaime (Carajillo), Rodrigo, Farinós (Iker), Xián (David Pais) e Roberto.
  • Muxía: Roi, Fabián Vilela, Christian, Papin, Rodri, Fabián Agulleiro, Xan, Martín, Marce, Damián e Evaristo. Tamén: Pablo Vilela e Liñeiro.
  • Goles: Jaime (4), Roberto (2), Íker (2) e Carajillo (66).
Partido fácil para a Esteirana que non necesitou apretar o a acelerador ante un Muxía que non consegue meterse na competición. Apenas o capitán muxián inquedou a Alex de Yi, pero o balón non saía do campo visitante.  

Laxe - San Lorenzo (1-5)

  • Laxe: Pablo; Valentín, Jesús, Bruno, Edu, Álvaro, Juanili, Íñigo, Solís, Borha e Miguel. Tamén: Iván, Santi Casas e Iago.
  • San Lorenzo: Benjamín, Fidi (Darío, m.70), Eloy (Ivito, m,46), Álex Fernández, Fidalgo (Esteban, m.46), Pablo Garrido (Alberto, m.46), Martín, Jose (Álex Rodríguez, m.46), Cotelo, Aarón e Iván Cancela.
  • Goles: 0-1, m.6: Eloy; 0-2, m.Eloy; 0-3, m.11: Iván Cancela; 0-4, m.15 Aarón; 0-5, m.65: Aarón; 1-5, m.75: Santi Casas.
Moitas lesións no equipo laxense que non lle permiten competir con todo un San Lorenzo. O equipo de Juni empezaba fortísimo, e nun cuarto de hora xa deixaba sentenciado o partido con 4 goles. Na segunda metade o Laxe dou un pequeno paso a diante, que lle permitiu marcar, pero tamén deixou moitos espazos que non aproveitaron os locais. O peor do partido foi a lesión no hombro do meta carballés Benjamín, tras unha caída pero non parece nada grave.  

Baio - Fisterra (1-2)

  • Baio: Julián, Jose Figueiras, Pablo Queiro, Queiro (Manuel María, m.80), Iago (Martín Romero, m.85), Sergio, Dylan, Santi, Mohedano, Anxo, Regueira.
  • Fisterra: Jose Carlos, Diego (Sergio, m.55), Juanfran (Rui, m.65), Ángel, Gabi (Manu, m.50), Pichino, Ezequiel, Miguel, Iván (Benlloch, m.70), Dani (Xan Xixo, m.70), Aarón.
  • Goles: 1-0, m.20: Anxo; 1-1, m.61: Aarón; 1-2, m.84: Dani Martínez.
Choque intenso con dous equipos que saían con propostas diferentes. O Baio, moi serio, intentaba esperar ben pechado atrás e buscando as contras coa velocidade de Regueira. O Fisterra intentaba dominar pero custáballe superar o muro baiés. Adiantábase o Baio de MC e Bieito aos 20 minutos e pouco despois puido chegar o segundo, ante un Fisterra que ía quedando sen ideas. Na segunda, Pablo Lestón dáballe máis ritmo á pelota para abrir espazos. Primeiro avisaba Ezequiel, unha das sensacións do equipo verde neste comezo de campaña (xuvenil de primeiro ano xa xogando co equipo de 1ª), pero non estaba acertado. Os que si acertaron foron Aarón e Dani que remontaban, e aínda Xan Xixo puido sentenciar. Pero aínda tivo o Baio unha para empatar tras un choque de José Carlos cun dos seus centrais, que deixaba a Pablo Queiro o balón franco pero lanzou dende 30 metros ca portería baleira. Ademais, os baieses pediron unha cesión ao porteiro que o colexiado non viu.  

Camariñas - Os Miúdos (4-4)

  • Camariñas: Mohamed; Facundo, Brais, Manuel (Joseba, m.46), Gabriel; Eric (Hugo, m.46), Fran, Eloy, Juanito (Mario, m.46), Anxo e Adrián Bardanca.
  • Os Miúdos: Alberto, Xian, Dani, Isma (Xaquín), Flavio, Abel, Jose Lado, Josiño (Ismiña), Riomao (Ángel), Gael (Javi) e Xavi.
  • Goles: 0-1, m.21: Jose Lado; 1-1, m.21: Adrián; 1-2, m.33: Josiño; 1-3, m.35: Riomao; 2-3, m.48: Adrián; 2-4, m.64: Xavi; 3-4, m.75: Adrián; 4-4, m.89: Mario.
Primeiro punto dun Camariñas que segue en proceso de mellora e mereceu máis ante un cadro muradán que se deixou a actitude na casa. O choque estivo bastante igualado, con golpes constantes por un lado e polo outro. O cadro visitante mandou na primeira metade, e marcharon ao descanso cun claro 1-3. Pero cambiou o conto na segunda. Dominaba o Camariñas de Saviola e Adrián anotaba 3 tantos para que o cadete Mario acadase o empate ao fío do pitido final.  

Sofán - Xallas (3-1)

  • Sofán: Christian, Alberto, Alex Docampo, Juan Bello, Nacho Eirís, Aarón, Eloy Cabeza, Simón, Sergio García, Nacho Moreno e David López. Tamén: Ángel Cotelo, Artom, Sebas Cabeza, Álex Cabeza, Amarelle.
  • Xallas: Fabián, Nando, Mourelle, Fabián, Guillín, Adri, Manu, Brais, Pablo, Dani Antelo e Kevin. Tamén Brais.
  • Goles: 0-1, m.7: Nando de cabeza nun córner; 1-1, m.19: David López; 2-1, m.58: David López; 3-1, m.82: David López.
Sofan-Xallas xuvenil Sofan-Xallas O cansando e a falta de cambios pasoule factura a un Xallas que segue con grandísimos problemas de efectivos. Comezou gañando, pero pronto o cadro local empataba por medio dun David López, que completaba a remontada na segunda metade cun triplete. O Sofán dominaba pero só David estaba acertado cara gol. Polo lado xalleiro, o capitán Manu Pérez facía bastante perigo á contra.  

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios