Martes. 23.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Cairo deixa como foco principal a loita pola 2ª praza

Xuvenís: O Cairo deixa como foco principal a loita pola 2ª praza
Corme- Esteirana de xuvenis-Foto-Fin Lema Partidazo no Cairo entre Corme- Esteirana de xuvenis-Foto-Fin Lema Xxornada moi ventada a da pasada fin de semana, marcada polo partido do Cairo. Un partido que practicamente podería ter senteciado o título, pero que demostra que o Corme aínda terá que pelexar o título e o ascenso. A Esteirana foi mellor que o cadro cormelán e non levou a vitoria pola calidade dos puntas azulóns. Nese grupo de perseguidores que loitan pola segunda praza, non fallaba, aínda que sufría, o Fisterra ante a visita dos Miúdos. Pero si o facía o San Lorenzo. O eterno rival, o Sofán, roubáballe parte das posibilidades de ir á fase de ascenso nun ateigado derbi carballés nas Eiroas. Na táboa, a cousa queda como estaba, co Corme líder destacado con 9 puntos sobre a Esteirana (que ten un partido máis que o resto do grupo cabeceiro), e 10 sobre San Lorenzo e Fisterra. A finais de semana analizaremos como afrontan os 4 equipos de arriba as súas posibilidades de meterse na Fase de Ascenso, falando cos proptagonistas.  

Corme - Esteirana (4-4)

Corme Esteirana 2 Foto do choque de Fin Lema
  • Corme: Lucas, Ángel, Noel, Aitor, Fran, Javi Bermúdez, Eloy Villar, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samuel. Tamén: Pandi, Martín, Roque, Alex Mato e Mauro.
  • Esteirana: Álex de Yi; Farinós (Joquín), Kevin (Sergio, m.40), David Pais, David e Noia; Alex de Dina, Juan (Roberto), Xián; Carajillo, Jaime e Íker.
  • Goles: 0-1, m.25: Carajillo; 1-1, m.41: Ángel; 2-1, m.46: Javi Bermúdez; 2-2, m.48: Íker; 2-3, m.63: Carajillo; 2-4, m.65: Íker; 3-4, m.73: Manu Bermúdez; 4-4, m.76: Manu Tasende.
Corme-Esteirana no Caito-FotoFin LemaCorme-Esteirana no Caito-FotoFin Lema Corme-Esteirana saltando ao Cairo-Foto-Fin Lema Gran partido o vivido no Cairo marcado polo ventono que se alguén puido gañar foi a Esteirana, que xogou máis ao fútbol, ante un Corme que non estivo a altura e que quixo destruír máis que construir. Pero a calidade dos Samuel ou dos Manus é importante, e apareceron cando máis a necesitaba o seu equipo para deixar un empate que deixa moito máis contentos a cormeláns e esteiráns. Non permitía demasiado o vento, pero era o cadro esteirán o que trataba de baixar o balón ante un Corme que buscaba máis as contras. Adiantáronse os de Josiño Alves tras un despexe de Lucas que co vento case vai de volta á área cormelá, un balón que aproveitaba Carajillo para abrir o marcador. O choque seguía igualado e Ángel empataba ao fío do descanso. Na segunda adiantaron liñas os esteiráns, máis necesitados dos puntos para recortarlle ao líder e para manterse na loita pola 2ª praza de ascenso, e buscaron máis balóns directos. E foron minutos tolos, marcou o Corme e de seguido empatou de novo a Esteirana. Aí se lle puña o partido de cara aos blaugranas, con outros dous tantos de Carajillo e Íker, un par de balóns aos paus e varias intervencións do meta Lucas a Xián e Íker, que o ratificaron foi o mellor do partido. Pero este Corme nunca desaparece. Os de Lelo mantivéronse no partido, e nun balón longo ás costas da defensa, Joaquí dubidada e Manu Bermúdez recurtaba. Non pasaron 5 minutos e aparecía de novo a calidade doutro Manu, Tasende, para facer o empate con outro glado de calidade. O porteiro cormelan Lucas foi clave no Corme-Esteirana de xuvenis-Foto-Fin Lema O porteiro cormelan Lucas foi clave no Corme-Esteirana de xuvenis-Foto-Fin Lema  

Muxía - Laxe (4-6)

  • Muxía: Roi, Evaristo, Cheo, Marce, Vilela, Miguel, Louzán, Raúl, Iago, Pablo e Xan.
  • Laxe: Iván, Valentín, Kevin, Íñigo, Álvaro, Juan, Borja, Lema, Iago, Miguel e Santi Casas. Tamén: Bieito, Samuel e Miguel.
  • Goles: 1-0, m.15: Raúl; 1-1, m.22: Álvaro, 2-1, m.26: Rodrigo; 3-1, m.60: Raúl; 3-2, m.65: Santi Casas de penalti; 3-3, m.70: Íñigo; 3-4, m.71: Santi Casas; 4-4, m.75: Marce; 4-5, m.78: Santi Casas; 4-6, m.85: Bieito.
Partido tolo en Arliña, con alternancia no xogo e no marcador, que se levou o que máis acerto tivo de cara a porta. Empezou mellor co vento a favor o Muxía que se adiantaba pronto. O Laxe respostaba pero o Muxía conseguía ampliar a renda a 3-1 pouco despis de comezar a segunda metade. Era cando mellor estaba o Muxía, e mesmo perdoaba o 4º tanto. Pero aí espertou, co vento a favor, o Laxe e o pichichi destacado da liga (48 goles…) e en apenas 5 minutos dáballe a volta ao marcador. Sería capaz de volver a empatar o Muxía pero nada máis sacar de centro volveria adiantarse o Laxe que sentenciaría nunha contra.  

Fisterra - Os Miúdos (4-3)

  • Fisterra: Jose Carlos, Ayoze (Rui, m.45), Juanfran, Cristopher, Diego (Isaac, m.80), Ángel (Dani, m.60), Pichino, Ezequiel, Miguel, Iván Escarís (Manu, m.75) e Aarón.
  • Miúdos: Alberto, Ismiña, (Jesús, m.46) Xian, Flavio, Dani, Abel, José (Javi, m.60), Gesto, Gael (Gabri, m.70), Sergio (Isma, m.46) e Rubén.
  • Goles: 1-0, m.3: Pichino; 2-0, m.5: Aarón; 3-0, m.33: Iván Escarís; 3-1, m.57: Rubén; 3-2, m.63: Rubén; 3-3, m.74: Flavio; 4-3, m.80: Pichino.
Partido vibrante en Ara Solis cun cadro muradán que pelexou cun dos de arriba ata o último suspiro e respondeu os golpes e foi capaz de empatar un choque que tiña perdido. Comezaron os locals moi metidos en campo rival, aproveitando o vento a favor, e en 5 minutos xa marcaran dous goles. O cadro visitante aguantaba e non permitía demasiadas ocasións ata que Iván facía o terceiro. Cambiou o conto na segunda, cun Fisterra máis relaxado e un Miúdos que aproveitaba o vento para irse arriba. Conseguían remonta e mesmo empatar a 3, pero ese gol espertou aos fisterráns, con máis fondo de armario, que volveron dominar os últimos 15 minutos e marcaron o gol da vitoria que os mantén en plena loita cun tiro raso de Pichino desde fora da área.  

Xallas - Camariñas (4-3)

Xallas Xuvenil Xallas Xuvenil
  • Xallas: Fabián, Peke, Pablo, Héitor, Dani, Nando, Mourelle, García, Calo, Manu e Guillín.
Xuvenis do Camarinas Xuvenis do Camariñas
  • Camariñas: Sergio, Gabriel, Facundo, Luís, Anxo, Juan, Mario, Adrián Bardanca, Joseba, Fran e Eric. Tamén: Nando e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.4: Peke; 2-0, m.12: Mourelle; 3-0, m.20: Nando; 4-0, m.40: Pablo; 4-1, m.42: Adrián; 4-2, m.60: Fran; 4-3, m.80: Adrián.
Xallas - Camarinas Foto Nuria Mato Foto: Nuria Mato Aproveitou o Xallas unha primeira metade co vento a factor e se colocaba 4-0 con claridade. Pero Adrián recurtaba antes do descanso. Na segunda, o Camariñas o intentaba e metíase no partido, aínda máis cando as dúas expulsións dos xalleiros inclinaban máis o campo. Adrián facía o 3º pero o empate non chegaría. Xallas-Camarinas-Foto-Nuria Mato Xallas-Camariñas-Foto-Nuria Mato  

Soneira - Coristanco (4-2)

  • Soneira: Isaac, Chasco, Angel, Raúl, Sergio, Álex, Fran Moreira, Lucas, Edgar, Sebas e Brais. Tamén: Damián, Hugo, Ricardo, Santo e Cristian.
  • Coristanco: Borja, Amado, Cambón, Álvaro, Sebas, Cristian, Dani, Braian, Black, Eloy e Ezequiel. Tamén: Borja e Cancela.
  • Goles: 0-1, m.2: Braian; 1-1, m.23: Fran Moreira; 2-1, m.39: Chasco; 4-1, m.46: Brais; 4-1, m.47: Fran Moreira; 4-2, m.55: Cristian.
Segue o Coristanco moi tocado de efectivos e chegaba con 11 xustos a Vimianzo, entre eles 2 cadetes e dos porteiros facendo de xogares de campo. Aínda así pelexaron como xabatos e se mantiveron no partido ata o comezo da segunda metade, marcando de inicio e tendo vairos mans a mans que non acertaron gracias ao bo facer do meta Isaac e dun defensa. Pero o Soneira non perdoaba os regalos. Os soneiráns foron entonándose co paso dos minutos, e sentenciaba con dous goles nada máis comezar a segunda metade. O Soneira quíxolle dedicar a victoria a Carmen Leis (nai do xogador xuvenil Nico) que estar a pasar por un pequeno bache pero de seguro que todo saira ben. #ForzaCarmen.  

Cabana - Baio (2-3)

  • Cabana: Marcos, Yago (López), Rubén, Samuel (David), Dani, Alberto, Castro, Breo (Veloso), Simón, Manuel e Cristian.
  • Baio: Julián; Regueira, Jose, Queiro (Manuel María), Iago; Dylan, Santi (Ariel), Sergio; Raúl (Aníbal), Anxo e Mohedano (Tinciño).
  • Goles: 0-1, m.4: Sergio; 1-1, m.18: Alberto; 1-2, m.39: Raúl; 1-3, m.54: Raúl; 2-3, m.89: Rubén.
Chegaba o Cabana moi tocado de efectivos, e mesmo con xogadores tocados no campo. Ademais, non tiveron o día e mesmo mandaron 4 balóns á madeira. Estiveron máis finos os baieses, que comezaban con moita forza, e conseguían romper o partido cos goles de Raúl antes e despois do paso polos vestiarios. Non sufriu o cadro baiés a pesar de que Rubén recurtaba deixando certa incertidume no marcador.  

San Lorenzo - Sofán (0-0)

Sofan-San Lorenzo xuvenil
  • San Lorenzo: Benjamín, Fidi, Álex Fernández, Eloy, Fidalgo, Pablo Garrido, Jose, Martín, Aarón, Álex Rodríguez e Iván Cancela. Tamén: Darío, Esteban e Brais Rey.
  • Sofán: Christian, Alberto, Adrián Juan Bello, Nacho Eirís, Alex Fidalgo, Eloy Cabeza, Aarón, Sergio García, Nacho Moreno, e David López Ruibal. Tamén: Iván, Sergio Pombo, Sebas, Alex Docampo e José A.
Partido de xuvenis ateigado nas Eiroas para o Sofan-San Lorenzo Partido de xuvenis ateigado nas Eiroas para o Sofan-San Lorenzo 400 persoas nas Eiroas para ver o derbi carballés de xuvenís. Típico derbi no que se igualan as forzas e quizáis puido máis a tensión que o xogo, facendo que os dous equipos abusasen do fútbol directo, pero sen ter apenas ocasións. O cadro de Juni, necesitado da vitoria para manter a loita pola fase de ascenso, tiña o balón, ante un Sofán moi ben colocado, moi serio, que non tiña fisuras e non permitía grandes ocasións. Si que viu o San Lorenzo como o colexiado lle anulaba un tanto de Álex Fernández por fóra de xogo á saída dunha falta. Tampocuo atinaban en sendos balóns colgados Aarón e Alex Rodríguez ca meta sofanista. O San Lorenzo, cos cambios, comezaban a segunda metade máis incisivos, e Iván vía como o colexiado lle anulaba outro tanto. Os de Verdillo protestaban ademais os continuos paróns que provocaba o colexiado, mentres o Sofán pedía un penalti que non viu. Nos últimos minutos tivo a vitoria o cadro local, pero os de Cabeza se mantiveron vivos cun Christian espectacular baixo paus. Aarón cruzaba demasiado, Eloy e Jose remataban alto e Darío, na mellor ocasión, non podía superar a un gran Christian cando cantaban gol. E como son as cousas, na última xogada case leva o partido o equipo sofanista cunha contra de David que salvou Benjamín. Sofan-San Lorenzo xuvenis na Eiroas Derbi Sofan-San Lorenzo xuvenis na Eiroas  

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios