Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Cee frea ao Xallas

Xuvenís: O Cee frea ao Xallas
O Cee Xuvenil está a completar unha gran campaña O Cee Xuvenil está a completar unha gran campaña A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Primeiros 2 puntos que se deixa, en toda a tempada, o Xallas de Dani Calvete. E foi ante un potente Cee, que xa se cre capaz de todo. Os de Rafa asumen o seu papel de máximos candidatos a acompañar aos xalleiros na Fase de Ascenso á Liga Galega, e suman 5 puntos máis que os seus perseguidores, os Ponteceso e Cabana que pelexando entre eles perden a comba dos dous de arriba.  

Liguilla Previa de Ascenso, xornada 5

 

Xallas - Cee (2-2)

  • Xallas: Koke, Raúl (Pablo), Cristian, Rubén, Xoel, Alberto, Juanjo, Carlos (Thiago), Rachón, Sergio e Santi Díaz (Óscar).
  • Cee: Paulo, Iván (Adrián, m.65), Senlle, Borja, Castillo (Samu Filgueiras 57), Hugo, Pablo (Toño, m.80), Soto (Alex Castro, m.70), Isma, Xabi Castro, Lagoa (Chiqui, m.77).
  • Goles: 1-0, m.10: Santi Díaz; 1-1, m.21: Xabi Castro de penalti; 2-1, m.74: Thiago nunha xenialidade; 2-2, m.88: Xabi Castro tras un córner.
Primeiros 2 puntos Partido moi disputado e moi difícil de xogar polo forte vento e choiva que provocou que o campo estivese encharcado. Tanto a primeira parte como a segunda foron moi igualadas sen un dominador claro se ben o vento favoreceu lixeiramente ó Xallas na primeira parte e ao Cee na segunda, nun partido que deixa ao Xallas sen os dous primeiros puntos da temporada Soubo aproveitar ben as súas armas o cadro ceense, gañando ben os segundos balóns e buscando a velocidade dos seus puntas, ante un Xallas que non estaba tan preciso como acostuma. Adiantouse nunha contra o Xallas pero pronto empata o Cee dende os 11 metros, tras un penalti inocente. Era unha primeira metade de moito mediocampismo e imprecisións debido a auga, que converteron o partido en disputado pero aburrido. Na segunda saliu mellor o Xallas tendo dominio do xogo, pero sen crear demasiado perigo, un man a man de Sergio que sacou o porteiro foi a mais destacable. Facía máis dano o Cee sobre todo nun par de chegadas nos pés de Lagoa, que mandaba ao longueiro. Pero foi Thiago o que destapou o xerro das escencias cunha gran gol. Críase coa vitoria o Xallas, que conseguía dominar as embestidas ceenses, pero o Cee non se deu por venido, creu nas súas posibilidades e nun córner acadaría o empate case que co tempo cumplido.  

Baio - Montelouro (1-1)

  • Baio: Julián, Queiro, Alex F., Michi, Jose Antonio, Sergio, Alberto, Estefan, Ayoub, Cristian e Santi Moreira. Tamén: Mikael, Javier Muíño, Regueira e Brandon.
  • Montelouro: Joaquín, Bouzas (Javi, m.60), Sergio, Borja, Juan, Xanma, Alexis, Anxo, Adri CC, Aarón (Bertín, m.50) e Fran.
  • Goles: 1-0: Santi Moreira; 2-0: Cristian; 3-0: Sergio; 3-1: Anxo (descanso); 3-2: Anxo; 3-3: Bertín.
Remontada con penalti parado para estrear o taboleiro Manñá desapacible no Platas Reinoso e pouco público nas gradas. Baio e Montelouro cerraban a primeira volta da liga da fase de ascenso. Comenzaron fortes os de Baio que se puxeron cun claro 3-0 na primeira media hora de xogo, ante un Montelouro que saíu durmido ao partido. Recortaria distancias o equipo visitante antes de iren o descanso. Reaccionaron tralo severo correctivo do adestrador nos vestiarios e saíron na segunda a por todas. Anxo e Berín empataron o partido e Joaquín foi o salvador facendo unha marea de intervencións e parando un penalti no m.85, e permitindo que o cadro loureán sume o seu primeiro punto na Liguilla.  

Ponteceso - Cabana (0-3)

  • Ponteceso: Damián, Loureiro, Ismail (Feliciano), Jorge, Villar, Yago (Aitor), Luca, Aarón (Alberto), Eloy, Aday (Javier) e Jose (Adri).
  • Cabana: Darío, Martín (Aurelio), Pipa, Ferreiro, Reigía, Mateo, Santi, Alberto, Julián, Álex (Carlos) e Pablo (Nando)..
  • Goles: 0-1, m.50: Pablo tras un recorte despois dunha boa xogada colectiva; 0-2, m.74; Santi tras un rexeite; 0-3, m.89: Santi.
  • Expulsión: o cabanés Aurelio no m.84.
Gran segunda metade cabanesa Partido de gran rivalidade, que ademais se presentaba moi importante sobre todo para comprobar as aspiracións do cadro pontecesán de meterse na Fase de Ascenso. E saíu ben o cadro de Fernando, ex adestrador ademais do equipo cabanés. Dominou na primeira metade, cun control de xogo bastante inerte e sen grandes ocasións, alén dun disparo de Eloy que saiu fóra. A segunda metade comezaba co tanto de Pablo, que facía o seu típico recorte e superaba a Damián. Tivo que subir liñas o cadro local pero un erro do seu meta deixaba o balón para que Santi fixese o segundo, xa co partido ben dominado polos cabaneses, que sentenciarían no treito final.  

Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 4

Zas - Corcubión (4-)

  • Zas: Hadrián, Rubén, Damián, Manu (Boli, m.75), Brais, Adrián, Pedro, Álvaro, Elías, Manu Laxe (andy, m.35) e Andrés.
  • Corcubión: Santi, David, Andrés, Beto, Porto, Makareno, Samu, Germán, Dani, Rama e Maikel. Tamén xogaron: Joselu, Mesejo e Breixo
  • Goles: 0-1: Maka; 1-1: Elías de penalti cometido sobre el mesmo; 2-1: Andy a pase de Pedro; (descanso); 3-1: Elías dende fóra; 4-1: Pedro tras un bo pase de Elías; 4-2: Rama de penalti.
  • Lesión: Manu Laxe.
Na piscina Outro partido condicionado polo estado do campo e que se tivo que xogar ao “pelotazo”. Non o puxo fácil o Corcubión, que na primeira metade se puxo por diante cun gol á saída dun córner. Empataba o Zas e se metía por diante antes do descanso. Na segunda controlou mellor o partido o cadro local caeron dous tantos máis antes de que o Corcubión, xa no 90, recurtase dende os 11 metros.  

Camariñas - Castriz (8-1)

  • Goles: Adrián Vardanca (2), David (2), Joseba (2), Álvaro e Pablo Suárez para o Camariñas. E Julián para o Castriz.
Sen porteiro Sen porteiro, con varios cadetes e con varios lesionados presentouse o Castriz en Camariñas, deixando que o partido fose de pouca intensidade.  

Outes - Os Miúdos (3-0)

  • Outes: Álex, César, Cutu, Hortas, Brión, Adrián, Simón, Fabio (Jairo), Adán (Serxio), Fran (Sergio Nieto) e Santi.
  • Os Miúdos: Xandre, Lize, Óscar, Yerai, Álex, Jose, Raúl, Pesky, Miguel, Bruno (Manuel) e Xavi.
  • Goles: 1-0, m.20: tras varios rexeites; 2-0, m.60: Santi remata un centro de César; 3-0, m.70: Serxio empurra en boca de gol un pase de Santi, outro dos destacados.
  Ben armados contra vento e marea Partido duro co campo anegado e un día horrible de chuvia e vento ao que se soubo adaptar mellor o cadro local. Saíron os locais moi metidos nos partido, e a pesar da calidade dos muradáns foron capaces de impoñero o xogo colectivo cunha moi boa orgánizacion defensiva, e cun Adrián no medio centro que garantizou un perfecto equilibrio defensivo perfecto. Os da Serra vencían cada valón dividido e froito desa presión, chegaban roubos na saída do balón dos visitantes e goles á contra.  

Esteirana - Coristanco (1-7)

  • Goles: Gabriel (3), Iván Villar (2), Álex Botana e Chiki para o Coristanco.
Cas pernas tesas Partido con poucas historia que venceu con solvencia o cadro coristanqués ante unha Esteirana con só 5 xuvenís, e cunha marea de cadetes que viñan dun partido complicadísimo no enlamado campo de Arliña, e apenas puideron aguantarse sobre o campo.  

Máis información

Fonte

Comentarios