Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Fisterra sobrevive á lama de Verdillo e mete un pé na Fase de Ascenso

Xuvenís: O Fisterra sobrevive á lama de Verdillo e mete un pé na Fase de Ascenso
fisterra xuvenil marzo18 O Fisterra venceu en Verdillo e mete un pé na fase Co Corme celebrando o Santo título como xusto campión (adiantou o seu partido á Semana Santa e o sábado recibía a homenaxe no Cairo), a loita pola segunda praza que dá acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega centraba toda a atención da 31ª xornada da Liga Unificada Xuvenil. https://www.facebook.com/corme.cf.7/videos/2501330573426430/?t=3 O choque de Verdillo acaparaba todas as miradas. San Lorenzo e Fisterra xogábanse, a falta de 3 xornadas para o remate, boa parte das súas opcións de entrar na Fase. A lama impediu ver a calidade de moitos dos mellores xogadores da categoría, pero aínda así foi un partidazo cheo de tensión, que deixa aos de Pablo Lestón a 3 vitorias, ante equipos a priori asumibles (Soneira, Muxía e Ponteceso) de asegurar a 2ª praza. Atento a calquera erro o San Lorenzo, aínda empatado a puntos pero cun partido máis. Os de Verdillo aínda teñen o golaveraxe cos fisterráns (gañaron 0-3 en Ara Solis), pero tamén teñen que contar coa Esteirana, a só dous puntos desa 2ª praza. Un empate dos fisterráns en calquera dos últimos tres partidos deixaría á Esteirana, se gaña os seus combates, 2ª, pois ten o golaveraxe individual gañado co cadro verde.

San Lorenzo - Fisterra (1-2)

  • San Lorenzo: Darío, Fidi, Eloy, Ivito, Fidalgo, Pablo, Jose, Martín, Aarón, Álex Rodríguez e Iván Cancela. Tamén: Esteban, Alberto e Benjamín.
  • Fisterra: Jose Carlos, Cristopher, Ayoze, Juanfran, Diego, Manu (Xan Xixo, m.85), Pichino, Ezequiel (Gabi, m.85), Aarón (Rui, m.65), Ángel e Dani (Isaac, m.50).
  • Gol: 1-0, m.30: Álex Rodríguez; 1-1, m.60: Isaac de cabeza a unha contra de Ezequiel; 1-2, m.75: Cristopher nunha xogada con Isaac.
Partido de novo marcado pola mala situación do campo de Verdillo, tremendamente enlamado, dificultando o xogo notablemente. O San Lorenzo saiu mellor na primeira parte pero sen conseguir crear ocasións de perigo. Pero a primeira ocasión era para os fisterráns, cun centro de Aarón que pegou no pau cando xa cantaban gol. O San Lorenzo tomaba o bando do balón a pesar do campo, e só a balón parado conseguir facer perigo. Así chegou á media hora o gol de Álex, tras un centro lateral que o porteiro visitante deixa morto que este gaña a todos e envía á rede. A entrada de Isaac nas filas verdes na segunda metade foi clave. O Fisterra estirouse, adiantou liñas e xa dende o comezo foi chegando á área rival. Dani xa avisaba pronto pero o porteiro local comezou a demostrar a súa valía, pero non puido parar o segundo remate de Isaac para facer o empate. Comezou aí un estrano baile de tarxetas, rematando cun xogador fisterrán (Juanfran) expulsado por dúas tarxetas pero sen ser consciente de ter recibido a primeira. E nunha contra, co San Lorenzo deixando espazos por verse cun home máis, chega o gol á contra do Fisterra para poñer o definitivo 1-2 nunha contra levada por Isaac e rematada por Christofer. Aínda quedaban uns minuto de asedio local, sobre todo con balóns aéreos, pero José Carlos estivo moi seguro, asegurando a vitoria dos de Pablo Lestón fronte aos de Juni.  

Esteirana - Laxe (13-0)

  • Goles: Xián (4), Íker (2), Roberto (2), Dani Curriño, Sergio, Benji, Carajillo e Juan.
Non é que necesite goles a Esteirana para loitar por esa 2ª praza pero é que o Laxe chegaba ao Xosé Luís Vara con 9 xogadores. Os de Esteiro dominaron por completo o control de balón e puideron marcar aíndamáis goles ante uns laxeiros que abondo fixeron con intentar defenderse.  

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios