Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O San Lorenzo vai en serio

Xuvenís: O San Lorenzo vai en serio
San Lorenzo Xuvenil nas Pedreiras-Foto-Fin Lema O San Lorenzo Xuvenil vai moi forte nesta a súa estrea de categoría-Foto-Fin Lema A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook 6 equipos aínda non coñecen a derrota no que vai de liga en categoría xuvenil. Xa temos trío de candidatos para pasar á fase de campións na Liga Sur, Xallas e Cee, ademais do Outes que ten un partido menos, contan os seus partidos por vitorias. Polo Norte, o sorprendente debutante San Lorenzo (ou As Pedreiras segundo o nome oficial) comparte liderato co Ponteceso, con 13 puntos, dous máis que un gran Coristanco, e 3 que un Corme que precisamente sucumbía no partidazo da xornada, o que os enfrontaba en Verdillo ao colíder.  

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 5

  Xallas - Esteirana (6-0)
  • Campo: San Pedro de Castriz.
  • Xallas: Coke, Denis, Pablo (Brais), Alberto, Raúl, Fran, Juanjo (Cambón), Martín (Mosti), Rachón, Thiago (Guillín) e Carlos (Manu).
  • Esteirana: Álex, Álex Dina, Chaki, David, Anxo, Jaime (David Pais), Xián (Yeray), Rubén, Carlos (Fran), Pachi e Iker.
  • Goles: 1-0: Rachón; (descanso); 2-0: Rachón; 3-0: Rachón; 4-0: Rachón; 5-0: Thiago; 6-0: Alberto.
Set e partido Aguantou a Esteirana a primeira metade a pesar do dominio xalleiro. Un Xallas que saíu moi concentrado, combinando ben dende atrás, ante unha Esteirana ben prantada que sufría algunha ocasión, pero que tamén probaba á contra. Ao fío do descanso só Rachón foi capaz de perforar a meta visitante aproveitando un erro da defensa e porteiro visitantes. Na segunda, o Xallas tomou aínda máis o partido polo mango, e si foi capaz de materializar as ocasions. Rachón asinou un poker e Thiago e o cumpleañero Alberto completaron o set final.   Cee - Os Miúdos (3-0)
  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Cee: Trillo, Borja, Rubén, Hugo, Chema, Castillo, Pablo, Jon, Isma, Samuel e Álex Agulleiro. Tamén xogaron: David, Iván, Xabi, Adrián e Carlos.
  • Os Miúdos: Gabri, Isma (Dani, m.75), Gesto, Flavio, Anxo, Jose, Xavi, Josiño (Manuel, m.46), Javi, Raúl (Bruno, m.80) e Gael (Miguel. m.80).
  • Goles: 1-0, m.46: Isma; 2-0, m.70: Isma; 3-0, m.87: Xabi.
A pegada Foi determinante a pegada do equipo de Carlos Pazos nun partido moi apretado, sen demasiadas ocasións, no que o cadro muradán saía atrás defendendo moi xuntos, deixando poucos espazos. O Cee controlaba o balón e os de Fernando Silva aguantaban e buscaban a contra. Sen goles se chegaría ao descanso. Non cambiou o guión na segunda, pero si que o acerto dos ceenses, e o desacerto dos visitantes, que permitiron un par de balóns ás costas que Isma non desaproveitou. Os Miúdos estirábanse pero o Cee sentenciaba.   Outes - Montelouro (5-1)
  • Campo: O Cunchido.
  • Outes: Álex (Siro), Cartucho, Joel, Gorgal, Hortas, Saúl (Jairo), Fabio (Fran), Adán (Sergio Nieto), Serxio, Adrián e Simón.
  • Montelouro: Joaquín, Javier, Sergio, Jose, Antonio, Adrián, Caamaño, Áxel, Ángel, Juan de Celia e Fran. Tamén xogaron: Alexis, Bertín e Felipe.
  • Goles: 1-0, m.21: Hortas; 2-0, m.32: Serxio; 3-0, m.56: Adán; 4-0, m.65: Serxio; 4-1, m.71: Juan de Celia; 5-1, m.75: Adán de tiro lonxano.
Confianza Gran partido do Outes controlando moi ben en defensa a dous dos mellores da Liga como son Juan de Celia e Adrián. O Montelouro saía moi limitado polas lesións, e con cadetes de primeiro ano no 11 inicial de Óscar Leis. Comezou ben o partido o cadro loureán, con dous ocasións, pero sería o Outes o que se adiantaría aos 20 minutos nunha xogada a balón parado. O gol deulles confianza aos da Serra, que pronto ampliaron a renda a base de intensidade, e cun Serxio tremendamente mellorado que pasaba en pouco tempo de ser suplente en xuvenís a ir co primeiro equipo en 1ª Autonómica. Ese é un dos motivos que alegra a Manu Roque, pois Serxio e Simón están sendo xa habituais cos maiores. Na segunda parte cos cambios (moitos xogaban cos maiores ao día seguinte) o equipo visitante baixou moito, e os de locais o aproveitaron para ampliar a renda.   Muxía - Fisterra (0-2)
  • Campo: O Conco.
  • Muxía: Hugo, Fran, Juan, Gusa, Vilela, Cristian, Ander, Mario, Xan, Iván (Marce) e Toja.
  • Fisterra: Aarón, JF, César, Cristopher,Sergio, Manu, Pichino, Andrés, Álex, Asier e Aarón.
  • Goles: 0-1, m.65: Asier; 0-2, m.89: Andrés.
A golpes de corazón Desprábase o Muxía ata o Conco por mor das obras en Arliña, e non lle sentaron ben as dimensións do campo dumbriés. Estivo mellor o Fisterra, controlando o balón, nun choque en todo caso moi disputado, sen apenas ocasións e con moito control no medio. O Muxía entraba por banda dereita con perigo, pero non conseguía facer demasiado dano. No segundo tempo o Fisterra creaba algo de superioridade cos laterais, e nunha desas internadas, no ecuador do segundo tempo, Asier adiantaba aos de Eskío, que daban un paso atrás, replegándose e buscando as contras ca velocidade dos extremos. Intentouno aí o Muxía de Romaní, con máis corazón que cabeza, ata que no desconto o Fisterra sentenciaba nunha contra.  

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 5

  Ponteceso - Camariñas (8-1)
  • Campo: O Pinguel.
  • Ponteceso: Víctor, David, Iván C., Aarón, Samuel, Ismail, Iván Rodriguez, Jose, Eloy, Aday e Pop. Tamén xogaron: Álex, Damián, Jorge, Loureiro e Brais.
  • Camariñas: Manuel, Pablo mouzo, Facundo, Gabriel, Brais Alonso, Joseba, Pablo Suárez (Eloy, m.65), Alex, Josiño, Parri e Hugo (Brando, m.46).
  • Goles: Eloy (2), Ivan Rodríguez (2), Aaron, José, Loureiro e Aday para o Ponteceso, que tamén marcou, en propia meta, o gol camariñán.
Devolvendo á malleira dos maiores Realmente foron os maiores os que responderon á malleira dos xuvenís do sábado. Se na Liga da Costa o Camariñas endosaba un 7-1 ao Ponteceso, bnos Xuvenís foi ao contrario. Só houbo un equipo no campo. O cadro de Faus non apareceu polo Pinguel, sen intensidade, e algo desmotivados tras este inxusto inicio de tempada no que aínda non estrearon o taboleiro de puntos. O equipo de Gurita, ademais dos goles, celebraron a reaparición de Samuel ao equipo despois dun ano cunha larga lesión de xeonllo.   Laxe - Baio (0-1)
  • Campo: Cabo Darea.
  • Laxe: Íñigo, Bruno, Manuel, Nico (Enrique), Valentín, Álex (Dani), Cristian, Santi (Fabio), Bieito (Álvaro) e Samu (Borja).
  • Baio: Julián, Iago, Gavin, Javi Muíño, Souto, Sergio, Manu Leal, Miguel, Santi, Alex e Estefan. Tamén xogaron: Queiro, Mohedano, Alberto Fuentes e Luís.
  • Gol: 0-1, m.35: Estefan.
O Baio tira de oficio Bo ambiente no Cabo da Área con 150 afeccionados nas bancadas para un partido bastante malo para o espectador. I é que resulta difícil relatar una historia cando non existen nela os protagonistas ou canto menos éstes son secundarios. Os verdadeiros protagonistas do encontro creían que o partido se xogaba entre libros e pupitres e deixaron o importante do choque para outra ocasión: o Fútbol. Os do banquillo pendentes dos rivales no campo, os do campo pendentes do que había na grada, e os da grada expectantes do que podía suceder no terreo de xogo, e así finalizou o encontro, co público preguntándose cómo o Baio puido levarse os tres puntos. A resposta é moi sinxela: Aparecíu o talento no medio da nada, personificado en Estefan Gonzalez, sendo dos poucos que se centraron en dalo todo para conseguir a vitoria. Foi un partido xogado no medio campo, onde ninguén quería arriscar. Na segunda parte cambiaron as tornas e o Laxe meteu ao Baio no seu campo creando máis perigo, con boas ocasións como as de Bieito, e facendo méritos para acadar un empate que nunca chegou.   Pedreiras - Corme (3-2) As Pedreiras ou San Lorenzo Xuvenil-Foto- Fin Lema As Pedreiras ou San Lorenzo Xuvenil no choque ante o Corme-Foto- Fin Lema
  • Campo: As Pedreiras.
  • Pedreiras: Benjamín, Kuki, Alex, Andrade, Fidalgo, Eloy, Jose (Iván), Alberto (Rubén), Cotelo (Esmorís), Brais (Diego), Aarón.
  • Corme: Lucas, Ángel, Cristian, Fran, Manu Porteiro; Manu Garrido, Aitor, Javi, Mauro; Manu Bermúdez e Diego. Tamén xogaron; Ángel, Noel e Roque.
  • Goles: 0-1, m.15: Aitor; 1-1, m.35: Aarón; 2-1, m.50: Cotelo; 3-1, m.60: Jose; 3-2, m.78: Aitor de penalti.
Corme Xuvenil nas Pedreiras-Foto-Fin Lema Corme Xuvenil nas Pedreiras-Foto-Fin Lema O San Lorenzo está para quedar Chegaban os dous equipos no máis alto da táboa e o cadro de Verdillo demostrou que a cousa vai en serio. Foi un gran partido xogado polos de Rudi e os de Lelo, con ocasións para os dous equipos. No primeiro tempo adiantouse o Corme nun córner, pero era o cadro local o que tiña máis o dominio do balón, e conseguía a igualada. Seguía mandando á volta dos vestarios o Pedreiras que se colocaba 3-1 ao cuarto de hora. Pero aí o Corme comezaba a estirarse. Un penalti a 7 do final confirmaba a reacción dun Corme que meteu ao Pedreiras na súa área nos últimos minutos, pero o empate non chegaría. San Lorenzo-Corme xuvenil-Foto-Fin Lema Imaxe do San Lorenzo-Corme xuvenil-Foto-Fin Lema O Porteiro cormelan Lucas en Verdillo-Foto-Fin Lema O porteiro cormelán Lucas en Verdillo-Foto-Fin Lema   Coristanco - Cabana (1-1)
  • Campo: A Rocheira.
  • Coristanco: Eloy, Espasandín, Jorge (Varela), Sergio, Cristian, Carlos (Jose), Alex, Adrián (Braian), Dani, Anido e Castro (Esteban).
  • Cabana: Jose Ángel, Nando, Rubén, Martín, Steven, Julián, Yago (Kevin), Breo (Álex López), Ferreiro, Alberto e David (Alex Lema).
  • Goles: 0-1, m.25: Iago de penalti cometido sobre el mesmo; 1-1, m.40: Castro de penalti.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/cabana.soc.dep/videos/664257747082890/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Empate a penaltis Partido moi disputado nas Redondas, cun Cabana sempre presionando e incomodando ao Coristanco, sen deixalo xogar. Mandaba o cadro cabanés que se adiantaba co penalti de Yago. Tería o cadro local varias ocasións pero a mala sorte e os paos privaríanlle de meter o segundo. O Coristanco, truncado polas 3 lesións que sufriu ao longo do choque (Castri, Jorge e Cristian, que deixaban ao equipo con 10 o último cuarto de hora), o intentaba á contra, pero José Ángel estaba moi seguro baixo a meta visitante. Ao fío do descanso chegaba o empate, tamén dende os 11 metros. Na segunda saíu algo mellor o equipo verde, pero acaba sufrindo cun home menos.   Zas - Sofán (3-1)
  • Campo: San Andrés.
  • Zas: Hadrián, Calo (Madelin), Darío, Brais, Adrián (Dani); Cristian, Adri, Kevin, Álvaro, Ismael; e Andrés.
  • Sofán: Christian Rodríguez, Borja, Nacho Eirís, Alex Fidalgo, Alberto Fidalgo, Dani Padín, Eloy Cabeza, Brais Rey, Sergio Cuadrado, Nacho Moreno e Dani Bolón. Tamén xogaron: David Dourado, Iván González, Juan Pardiñas, Ángel Rodríguez e Pablo Souto.
  • Goles: 0-1, m.3: Sergio Cuadrado; 1-1, m.8: Andrés; 2-1, m.32: Cristian; 3-1, m.48: Álvaro.
Disparidade Visións distintas as dos adestradores de Zas e Sofán sobre o visto no céspede de San Andrés. O Sofán comezou mandando, pero o Zas conseguía reaccionar e empataba pronto. Chegaban ocasións para os dous lados, pero mentres os carballeses perdoaban ante Hadrián, os Cristian e Álvaro non fallaban. ”Xusta vitoria local” para Corredoira, e “enganoso resultado” para Javier Cabeza.  

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Comentarios