Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Xallas campión inapelable e o Montelouro na fase

Xuvenís: O Xallas campión inapelable e o Montelouro na fase
Xuvenis do Xallas campions do Sur Xuvenis do Xallas celebrando o título de campións do Sur cuns números impecables A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

14 vitorias en 14 partidos, 75 goles a favor e 10 en contra, falan ás claras da superioridade deste Xallas na Liga Xuvenil Sur. O cadro de Dani Calvete celebrou o título desta primeira fase con dúas xornadas de marxe, que quedan sen interese ningún neste grupo, unha vez que o empate en Castriz bastoulle ao Montelouro para unirse ao propio Xallas e ao Cee, na "Liguilla dos mellores".

Polo Norte, xa co Ponteceso campión e o Cabana clasificado para esa Liguilla, só queda saber quen será o 3º equipo que completará eses "6 melllores". Ten todo de cara o Baio, pero aínda o Coristanco e mesmo o Corme teñen certas posibilidades.

O resto de equipos xogarán a insulsa liguilla copeira, que apenas serve para deixar un par de equipos fóra. Como nota para a Copa, o Muxía xa anuncia que non se vai presentar.

 

Liga Xuvenil Sur, xornada 15

Esteirana - Xallas (1-10)

  • Esteirana: Álex de Yi (Dani); Damián, Anxo, Chaki (Manu), David de Noia; Pachi, David, Xian, Fran; Manu de Yi (Eloy) e Íker.
  • Xallas: Coke (Ángel); Álvaro, Raúl, Rubén (Óscar), Carlos, Thiago, Sergio (Juan M), Anxo (Alexánder), Santi, Pablo, Alberto e Juan J.
  • Goles: 0-1, m.8: Anxo; 0-2, m.20: Anxo; 0-3, m.31: Sergio; 0-4, m.44: Santi; 0-5, m.50: Sergio; 0-6, m.52: Santi; 0-7, m.58: Sergio; 1-7. m.67: Íker; 1-8, m.70: Sergio; 1-9, m.78: Carlos; 1-10. m.85: Santi.
  • Goleada e título cantado

    Vitoria sen paliativos do Xallas no Xosé Luis Vara ante unha Esteirana chea de cadetes, que lle serve para proclamarse campión de liga. Repoker de Sergio Barbeira, tres de Santi Díaz, Anxo e Carlos completaron a goleada.

    Comezaba o partido e o Xallas saía co guión de toda a tempada, coa intención de resolver o encontro nos primeiros compases. A penas opuxo resistencia a Esteirana e xa no minuto 8 Anxo abría o marcador. Tralo gol xalleiro, intentaba o cadro esteirán manterse vivo no partido, tentando chegar á area visitante con perigo. Reclamaron penalti os locais por mans dun xogador xalleiro, pero o colexiado non decretou a pena máxima. Tivo ocasión de empatalo partido nun balón en profundidade que recibe Pachín, que olla ó porteiro adiantado, pero a súa vaselina saíu rozando o pau. Tras uns minutos de disputa o Xallas volveu tomalo mando con firmeza e borrou todo atisbo de reacción local. No minuto 20 Anxo volvía a anotar. Sergio e Santi marcaban antes do descanso, poñendo no marcador un claro 4-0 que deixaba por diante unha segunda metade sen historia.

    Na segunda parte o Xallas dedicouse a aumentala renta ante un cadro azulgrana con moitas dificultades. Sergio en tres ocasións, Santi en dúas e Carlos anotaban para os de Santa Comba. Entre os goles do conxunto verde, Íker asinaba o gol da honra para a Esteirana.

    Cerra así o Xallas o seu brillante título de liga, cunha nova goleada ante unha Esteirana co desexo de rematala liga canto antes e comezala Copa con ilusións renovadas.

     

    Corcubión - Fisterra (2-4)

    • Corcubión: Santi, Oca, Isma, Jose, Porto, Beto Samu, Germán, Joselu, Maikel e Rama. Tamen xogou: Moure.
    • Fisterra: Aaron, Cesar, Angel (Kelvin), Fabián, Papin, Gabi da Anchoa, Pichino, Dani (Breixo), Asier, Gonzalo e Iván (Xose).
    • Goles: 1-0, m.20: Gonzalo de penalti cometido sobre el mesmo; 2-0, m.42: Breixo; 1-2, m.55: Samu de penalti; 1-3, m.65: Breixo nunha xogada de fe presionado o porteiro marcaria de rebote; 2-3, m.75: Jose de penalti; 2-4, m.83: Xosé.

    Pegada fisterrá

    Partido igualado no que o acerto por parte do Fisterra foi superior o local. Comezou o Fisterra a primera parte dominando, combinando no medio campo e levando Gonzalo moito perigo pola banda esquerda. E nunha desas un gran pase de Dani a Gonzalo provocaría penalti que el mismo transformou. Antes do descanso Breixo faría o 2 -0.

    Pero non se rendía o Corcubión que recurtaba ata en dúas ocasións metendo o medo aos verdes. Pero Xose sentenciaba ao final.

     

    Castriz - Montelouro (1-1)

    • Castriz: Víctor, Luís, Rubén, Álex, Brais, Javier N. (Pastoriza, m.68), Balsa, Martín, Julián (Javier E., m.80), Elías e Miguel (Ismael, m.46).
    • Goles: 1-0, m.42: Martín G.; 1-1, m.89: Juan.

    Empate que vale unha clasificación

    Partido disputado ata os últimos minutos no campo do Castriz. Comezou o cadro local moi entonado, tendo boas ocasións por mediación de Julián pero coa súa perna contraria mandaba o balón arriba dos paus. Quería máis o Castriz e Martín G. abría o marcador no ecuador do primeiro tempo.

    Pouco a pouco o partido íase quentando e as decisións arbitrais cabreaban ao público, provocando unha subida da agresividade entre ambos equipos.

    Así, o cadro visitante conseguían o empate tras unha moi protestada polos xogadores locais.

    Xuvenis do Montelouro clasificados Os Xuvenís do Montelouro, clasificados para a liguilla dos mellores  

    Cee - Outes (1-1)

    • Cee: Paulo, Iván (Adrián, m.71), Senlle, Alex Agulleiro, Tivi (Isma, m.28), Castillo, Pablo (Toño, m.62), Alex Castro, Saulo, Samu Filgueiras e Lagoa (Chiqui, m.56).
    • Outes: Alex, Serxio (César), Cutu, David, Brión (Aarón), Simón, Saúl (Adán), Fabio (Adrián), Fran (Jairo), Carlos e Santi.
    • Goles: 1-0, m.25: Samu Filgueiras de tiro lonxano; 1-1, m.91: Carlos tras unha boa xogada de Santi.
    • Expulsión: o ceense Saulo (m.44).

    Partido no que tiveron minutos no equipo de Cee, xa clasificado, os xogadores menos habituais e que aproveitaron para reivindicarse. E puido levarlle o partido o Outes pero a eterna falta de puntería dos da Serra privounos dun resultado mellor.

    Os reservas ceenses fixeron unha boa primeira parte levando a iniciativa e circulando o balón con criterio e velocidade pero lles faltou un pouco de pausa e acerto para xerar mellores ocasións. A lesión de Tivi antes da media hora trastocou a idea do míster Rafa e a expulsión de Saulo fixo que o partido se igualara na segunda metade.

    Na reanudación tivo o Cee algunha ocasión para sentenciar, e pouco a pouco o Outes foi tomando o mando e acabou dominando por completo, debido ó cansancio provocado pola inferioridade numérica local, xerando ocasións ben atalladas por Paulo. Os da Serra non decaeron ata o final e acadaron o premio do empate xa no desconto cun tiro cruzado.

     

    Liga Xuvenil Norte, xornada 15

    Corme - Camariñas (4-5)

    • Corme: Fran, Ángel, Martín, Aitor, Cristian Garrido, Eloy Villar, Bruno, Ismael, Manu Bermúdez, Kike e Fran. Tamén; Manu, Mauro, Ian, Pandi e Diego.
    • Camariñas: Brais, Barreio (Joseba, m.20), Pifo, Brais C.,Facundo, David (Brandon, m.50), Chicote (Juanito, m.70), Pablo Suárez, Pablo Mouzo (Gabriel, m.55), Álvaro e Adrián.
    • Goles: 1-0, m.35: Kike; 1-1,m .43: Álvaro; 2-1, m.44: Manu Bermúdez; 3-1, m.44: Fran; 4-1, m.66: Manu Bermúdez; 4-2, m.71: Brandon de penalti; 4-3, m.80: Joseba; 4-4-, m.81: Pablo Suárez; 4-5, m.89: Álvaro.
    • Lesión: Fran Barreiro.

    Incrible remontada

    Incrible o que acontecía no Cairo. O Corme vencía 4-1 ata que faltaban 20 minutos, pero un sprint final camariñán espectacular, acompañado pola "pájara" dos cormeláns, daban como resultado a vitoria visitante pola mínima.

    Comezaba o choque igualado, pero a espeluznante lesión do camariñán Fran Barreiro conmocionaba ao seu equipo. Portouse ben a parroquia cormelá co rapaz e Tedín e Baña levaron ao rapaz ao San Rafael, onde foi atendido coa mesma camisola do seu equipo.

    Grave lesion do Camarinas Fran Barreiro que non quixo quitar a camiseta do seu equipo Grave lesion do camariñán Fran Barreiro que non quixo quitar a camiseta do seu equipo

    Mentres, o Corme ía aproveitando o despiste visitante para poñerse 4-1 no ecuador da segunda metade. Pero aí cambiou todo, e en 20 minutos, o Camariñas deu a volta ao resultado. Unha tolemia de partido no que debutou Brandon, o rapaz camariñán de 15 anos procedente do Dumbría da División de Honra Cadete, chamado a facer grandes cousas.

     

    Cabana - Coristanco (3-3)

    • Cabana: Darío, Kevin (Álex Lema), Pipa, Ferreiro, Martín (Bieito), Mateo, David Muíño (Santi), Alberto, Julián, Carlos (Nando) e Pablo.
    • Goles: 0-1, m.22: Gabriel; 1-1, m.37: Alberto dun bo disparo; 2-1, m.50: Pablo fai un gran gol en xogada personal; 2-2, m.65: Gabriel remachando un balón solto; 2-3, m.69: Marcos Parafita á saída dun córner; 3-3, m.87: Alejandro Lema culminando unha boa xogada colectiva.

    Empate de poder a poder

    Partido moi disputado no que o Coristanco chegaba a Cabana coa imperiosa necesidade de sacar os 3 puntos en xogo para ter claras opcións de clasificarse entre os 3 primeiros, necesidade que se viu en todo o momento reflexada. Na primeira parte o Coristanco tiña as ideas moi claras do que quería marcando un gol e creando algunha ocasión máis, pero o Cabana reaccionaba e empataba e ademais Pablo mandaba un balón ao longueiro.

    Comezaba o Cabana forte e se puxo por diante, pero pouco a pouco o Coristanco tomou o mando e volveu a darlle a volta o encontro, pero o toma e daca era tal que o Cabana conseguía empatar finalmente.

     

    Ponteceso - Zas (4-2)

    • Ponteceso: Damian, Adrian (Fandiño), MiniChema, Jorge, Ismail, Loureiro (Busto), Luca, Yago (Iván), Eloy (Lucas), Aday (Feliciano) e Jose Ángel.
    • Zas: Hadrián, Boli, Brais, Damián, Rubén, Adrián, Pedro, Elías, Álvaro, Andrés e Andy.
    • Goles: 1-0, m.16: José Ángel; 2-0, m.20: Loureiro; 2-1, m.25: Andrés; 3-1, m.47: Eloy; 4-1, m.74: Ismail; 4-2, m.83: Manu de Laxe a centro de Álvaro.

    Implacable Ponteceso

    Non sufriu demasiado o Ponteceso campión ante un Zas que xa estaba pensando na Copa, e que saíu moi durmido, e pronto quedou fóra do partido a pesar de recortar en dúas ocasións.

    Xuvenis do Ponteceso de churrascada O Ponteceso foi de churrascada ao remate do encontro para celebrar o título acadado a semana pasada  

    Porteño - Muxía (5-1)

    • Porteño: Pablo, Dani, Manuel, Gonzalo, Toxo, Josiño, Martín, Porto, Oli, Rubén e Fabio. Tamén xogaron: Álex, Álvaro, e Raúl
    • Muxía: Jesús, Álex, Rubén, Gusa, Rodri, Ander, MacAreno, Xan, Cris, Carlos e Mario.
    • Goles 1-0, m.12: Porto; 2-0, m.28: Rubén; 2-1, m.40: Mario; 3-1, m.42: Fabio; 4-1, m.58: Martín;  5-1, m.64: Martín.

    O Muxía desexan acabar

    Partido de dominio absoluto do Porteño ante un Muxía que chegou cos 11 xustos. Precisamente, esa falta de efecttivos obriga ao muxiáns a renunciar á Copa.

     

    Crónicas dos Xuvenís

    Máis información

    Fonte

    Comentarios