Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Os empates de Corme e Os Miúdos devolven ao Fisterra á loita e mete ao Soneira como gran tapado

Xuvenís: Os empates de Corme e Os Miúdos devolven ao Fisterra á loita e mete ao Soneira como gran tapado
Convocatoria do SD Fisterra juvenil a semana pasada O Fisterra xuvenil volve meterse de cheo na pelexa

A xornada 10ª da Liga Unificada Xuvenil deixou un par de empates como resultados máis singulares. Os dous primeiros, Corme e Os Miúdos, non pasaron de sendos empates en choques, a priori, sinxelos, ante equipos da metade da táboa.

Uns resultados que deixan ao Fisterra de novo na 2ª praza, a só 2 puntos do Corme, e que permite que Sofán, Soneira, Cabana e mesmo Esteirana teñan aínda opcións de subir ao carro.

O líder, aínda invicto, empatou a 2 en Fontenla

Mesmo resultado no Eleuterio Balayo, nun choque no que o Outes (equipo irregular polo de agora), se meteu pronto por diante. O cadro muradán tivo que levar o peso do partido co 0-2 no marcador, creando numerosas ocasións pero sen acerto. O Outes aguantou 80 minutos coa portería a 0, ata que Rubén marcaba un golazo de falta, dando ás aos seus. Co ímpetu, os muradáns foron arriba e nun reixete á saúda dun córner Ángel Sanandres asinou unhas táboas que saben a pouco nos dous bandos.

O Soneira, o gran tapado

Soneira Xuvenil O Soneira xuvenil é o único equipo, xunto ao Corme, que non coñece a derrota

O Fisterra deu conta do Zas sen apuros, cun 9-1 que demostra a diferencia entre ambos equipos. Curiosamente dábase outro 9-1 en Vimianzo, onde o Cee, no que Andrés deixa o banco, caía con rotundidade ante un Soneira que se mantén como o segundo equipo sen encaixar unha soa derrota, e que pode ser o gran tapado. Os de Pichón están 5º, a 5 do liderato, pero con dous partidos menos. Os soneiráns xa conseguiron empatar co Corme pero aínda teñen que co resto de equipos da zona alta.

No resto de choques, un dos choques máis igualados foi o Cabana-Sofán que se decantou con vitoria visitante por 1-3. Un choque tenso, cun Sofán que se adiantaba tras unha mellor primeira parte. Pero na segunda, ando mellor estaba o Cabana, Nachete sorprendiu ó porteiro que estaba adiantado e marcou o gol desde 35 metros, que practicamente sentenciaba o partido.

Outro dos que non queren descolgarse é a Esteirana, que confirmou que este non vai ser o ano do San Lorenzo cunha ampla vitoria por 4-1.

Por abaixo o Camariñas foi quen de vencer a un Ponteceso que segue sen atoparse.

 

Todas as crónicas do Fútbol Xuvenil

https://quepasanacosta.gal/xuvenis-unha-demostracion-de-deportividade-no-medio-dun-partido-de-tolos/

Comentarios