Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Pasado polo filtro do surrealismo

Xuvenís: Pasado polo filtro do surrealismo
Fran Moreira, o xuvenil do Soneira, protagonista da xornada Non somemos analizar demasiado as polémicas arbitraxes pero o vivido en Ara Solis este pasado sábado foi, compartido, polos dous equipos, un esperpento. 11 tarxetas nun choque limpo, e dous finais de partido dan conta dun empate que deixa ao Fisterra líder en solitario tras disputarse esta 3ª xornada da L.X.U. 5 equipos mantéñense a un só punto dos fisterráns, sendo Muxía, Baio, Xallas e Camariñas os únicos que aínda non estrearon o taboleiro de puntos. A xornada tivo ademais un protagonista persoal: Fran Moreira. O xuvenil do Soneira marcou 5 tantos (6 apuntoulle o colexiado) e confirma por que xa vai convocado co primeiro equipo.  

Xallas - Corcubión (2-3)

  • Xallas: Fabian, Pablo Nando, Dani, Fabián Amarelle, Mourelle, Kevin, Guillín, Peke e Grille (Calo).
  • Corcubión: Abel; Álex Agulleiro, Fran, Oca, Sergio; Samu, Xuli, Lagoa, Luis Lojo; Hugo e Saulo. Tamén Nico e Roberto.
  • Goles: 0-1, m.31: Saulo; 0-2, m.44: Samu; 1-2, m.60: Guillín; 1-3, m.82: Saulo; 2-3, m.84: Peke.
Está moi xusto este Xallas neste comezo de temporada, e Juan Prado apenas puido contar con 12 xogadores. Foi un choque con dúas partes diferenciadas. Na primeira serían os visitantes quen terían o dominio do xogo e das ocasións, o cal permitiulles adiantarse no marcador por medio dun gol de Saulo. Os locais terían dúas boas ocasions para empatar pero non acertarían. Xa a piques de chegar ó descanso o Corcubión tería dúas oportunidades a balón parado, marrando a primeira delas pero acertando na segunda Samu de cabeza. Na segunda parte o Xallas conseguía meterse no partido cun tempraneiro gol de Guillín pero os de Carlos Lema marcarían o 1-3 á contra de novo por medio de Saulo. Xa cara o final do partido o Xallas marcaría o golazo da tarde, cun gran disparo de Peke de primeiras desde a frontal da área á saída dun córner que se metía pola escuadra contraria. Non lle daba tempo a cadro xalleiro a empatar.  

San Lorenzo - Ponteceso (1-0)

  • San Lorenzo: Darío, Fidi, Fidalgo, Álex Fernández, Iván Cancela, Eloy, Pablo Garrido, Álex Rodriguez, Áarón, Rubén e Brais. Tamén: Benjamín, Jose, Esteban, Ivito e Cotelo.
  • Ponteceso: Damián, Adrián, Raúl, Jorge, Brais, Luca, Loureiro, Aarón, Pop, Mussi e Iván. Tamén: Pablo, David, José, Isaac e Sergio.
  • Gol: 1-0, m.53: Eloy colle o rexeite dunha falta botada por Álex Rodríguez .
Partido moi disputado, con pouco fútbol pero moitas ocasións (moito balón parado) para ambos a pesar do curto resultado. Primeiros 20 minutos nos que o San Lorenzo tivo tres ocasións clarisimas de gol, con dous lanzamentos o longueiro por parte de Brais e Aarón, e un man a man deste último que saca o porteiro do Ponteceso, Darío. Os visitantes facían dano a balón parado pero sen demasiada profundidade co balón. Comezou de novo moi ben o cadro de Juni, e aí se adiantaron os locais por medio de Eloy. Estaba o xogo moi parado fundamentalmente por unha arbitraxe que perxudicou o xogo de ambos, con dous penaltis non pitados para o San Lorenzo e outro claro para o Ponteceso. O San Lorenzo metíase atrás e o equipod e Gurita aínda sufría a expulsión de Darío por facer unha falta nunha contra a Cotelo. Intentou acadar o empate con 10 o equipo pontecesán pero a defensa dos de Verdillo estivo moi segura.  

Fisterra - Esteirana (2-2)

  • Fisterra: Jose Carlos, Diego (Benlloch, m.60), Ángel, Sergio, Gabi, Dani, Pichino, Eze, Miguel, Iván e Aarón.
  • Esteirana: Álex de Yi, Fari, Chaki (Sergio), Kevin, David (Joaquín), Álex de Dina, Xian, Jaime (Rodrigo), Roberto, Carajillo e Iker.
  • Goles: 1-0, m.3: Dani; 1-1, m.58: Carajillo; 1-2, m.60: Xián aproveita o rexeite despois de que Jose Carlos parase un penalti; 2-2, m.85: Aarón.
Partido marcado por unha arbitraxe esaxerada que rematou con 11 tarxetas nun partido donde no houbo xogo violento algún e con dous finais, si. Era o m.85 e o colexiado pitaba o final,. Os xogadores marchan os vestuarios e logo, decatándose de que faltaban 5 máis o desconto, volve chamalos para acabar o partido… Situación algo surrealista a que vivían fisterráns e esteiráns en Ara Solis. No deportivo foi un partido igualado e que rematou cun empate xusto. Saía forte o equipo de Pablo Lestón cunha primeira ocasión que sae arrentes do pao tras parada do porteiro. Pouco despois abría Dani o marcador, cando aínda non cumprira o m.5. O partido non collía ritmo polas continuas paradas, pero xa era a Esteirana a que comezaba a darlle a volta ao campo, conseguindo darlle a volta o marcador no comezo da segunda metade, cun penalti discutido e que remata cun xogador expulsado por celebrar o gol ca familia e dicirlle a un siareiro local “así das exemplo”. Non parou aí o esperpento e dúas xogadas máis tarde expulsa ao local Sergio por ser, dubidosamente, o último home. O Fisterra foise arriba con Ezequiel na sala de mandos, e Aarón conseguía empatar a 5 para o final tras unha boa xogada colectiva. Chegou aí o momento de “final interruptus”, ida aos vestiarios, volta, e aínda deu tempo para que o colexiado anulase un tanto legal ao Fisterra por fóra de xogo cando o último pase ía cara atrás.  

Baio - Coristanco (1-2)

Xuvenis do Coristanco Xuvenís do Coristanco
  • Baio: Julián (Cedrón, m.80), Iago, Jose, Figueiras, Pablo, Queiro (José Figueiras, m.65), Manuel María, Sergio, Mohedano, Santi, Regueira, Damián (Ariel, m.75) e Anxo.
  • Coristanco: Iago Cancela, Cristian, Sebas, Álvaro, Iago, Cambón, RR, Braian, Castro, Black e Fran. Tamén: Arturo, Esteban, Varela, Dani e Borga.
  • Goles: 0-1, m.29: Cristian; 0-2, m.39: Castro; 1-2, m.89: Santi Moreira.
Partido igualado o vivido no Pratas Reinoso que comezaba cun Baio ben enchufado tendo un man a man de Anxo que non acertaba. Pouco a pouco o Coristanco íase asentando e collendo máis protagonismo, tendo boas ocasións pero con pouco acerto. Os dous equipos tentaban combinar e era o cadro de Eloy o que tiña máis profundidade e, tras varias intervencións do meta local Julián, e conseguía abrir a lata no último cuarto de hora da segunda metade, cos goles de Cristian e Castro. Na segunda metade o Baio subíu liñas e intentaba facer dano polas bandas, causando serios apuros na defensa visitante. A falta de 10 minutos, púidose meter o Baio no partido cunha pena máxima, protestada polos visitantes, que Santi non acertou. El mesmo si que recortaría xa case que co tempo cumplido pero sen tempo para acadar o empate.  

Cabana - Corme (0-2)

  • Cabana: Roberto, López (David), Pipa, Samuel (Veloso), Dani, Nando (Simón), Rubén, Castro (Pablo), Yago, Alberto e Cristian.
  • Corme: Lucas, Pandi, Brais, Aitor, Fran, Eloy Villar, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samu. Tamén: Roque, Alex Mato, Javi Bermúdez, Miguel e Noel.
  • Goles: 0-1, m.49: Samu; 0-2, m.53: en propia.
Igualado partido nas Redondas entre dous bos equipos, marcado polas lesións de dous importantes xogadores cabaneses. A primeira parte non tivo dominador claro, e foi determinante a saída fulgurante do Corme no segundo tempo. Samuel non fallaba ante Roberto no man e man e pouco despois un gole en propia daba unha importante vantaxe aos de Lelo. Non tiveron forzas os de Fernando para recuperar o pulso do partido deixándose ir. Un Fernando que foi expulsado por primeira vez na súa carreira.  

Soneira - Muxía (7-1)

  • Soneira: Christian, Ángel, Esteban, Raúl, Pablo, Sergio, Álex, Fran, Brais, Sebas e Lucas. Tamén: Santi, Edgar, Nico, Cristian Canosa.
  • Muxía: Roi, Iván, Miguel, Rodri, Cheo, Vilela, Evaristo (Pablo, m.80), Martín (Liñeiro, m.80), Borja, Damián (Xan, m.40) e Martín.
  • Goles: Fran (5), Braise Edgar para o Soneira. Xan para o Muxía.
Fran Moreira do Soneira Xuvenil 1 Fran Moreira co balón Non foi tan claro o partido como di o marcador, se ben xa se adiantaba no primeiro minuto o equipo de Roland Caamaño e Pichón no primeiro minuto cun gol de Fran Moreira, o gran protagonista do partido cun impresionante repóker de goles. Un Fran que xa debutou co primeiro equipo. O Muxía esperaba atrás buscando algunha contra mentres o cadro soneirán mandaba pero non certificada o seu dominno. Álex mandaba ao pua ao fío do descanso na mellor xogada dos locais, e xusto cando mellor estaba o cadro muxián, chegaba o segundo tanto, un minuto antes de chegar ao descanso. Un gol que obrigou ao cadro de Romaní a estirarse e consegue reducir distancias e meterse no partido. Pero o Soneira superou uns momentos de nerviosismo, facía o terceiro provocando que se rompese o choque e deixando afundido fisicamente ao cadro muxián, á deriva ante a goleada local.  

Camariñas - Laxe (2-5)

  • Camariñas: Sergio, Fran, Gabri, Eric, Luís, Brais, Anxo, Adrián Bardanca, Hugo, Juanito, Moha (Joseba) e Manu Pasantes.
  • Laxe: Pablo, Enrique, Edu, Miguel, Iago, Bieito, Valentín, Urquiza, Álvaro, Íñigo e Juan. Tamén: Julián, Samuel, Santi Casas e Iván.
  • Goles: 1-0, m.1: Adrián Bardanca; 2-0, m.5: Juanito; 2-1, m.24: Juan; 2-2, m.38: Íñigo; 2-3, m.58: Sani Casas; 2-4, m.62: Santi Casas; 2-5, m.88: Santi Casas.
Comezou o Camariñas de Dani, que está comezando o curso con claros problemas de efectivos (tiña ata 5 baixas), moi eficaz. Mandaba aos 5 minutos por 0-2, querendo ter o balón e de feito tívoo durante o primeiro treito de partido, ante un Laxe de Dani Argüelles e Martín Carrabete que daba minutos a todos os seus xogadores. Pouco a pouco íanse metendo no partidos os laxenses que xa empatara antes do descanso, gracias a un par de erros da defensa camariñá. A pesar de quedar con 10 ao comezo da sehunda metade, e de sufrir un penalti en contra (parado por Pablo), o Laxe conseguía matar o partido con varias contras rápidas da man de Santi Casas, ante un Camariñas que se foi vendo abaixo, e que aínda ten moito por percorrer.  

Os Miúdos - Outes (3-1)

  • Os Miúdos: Alberto, Miguel, Migel Gesto, Dani, Isma Mayo, Abel, Gael, José Lado, Xavi, Flavio e Ángel. Tamén: Xián, Gabri, Ismiña, Rubén e Antón.
  • Outes: Antón, Joel, Álvaro, Christian, Adrián Nieto, Josiño, Nico, Boris, Alberto, Fran Lago e Fabián. Tamén: Jose.
  • Goles: 1-0, m.36: Xavi; 1-1, m.44: Adrián Nieto; 2-1, m.62: Gael; 3-1, m.82: Antón.
Parece que o equipo muradán vai collendo ritmo e foi dominador do choque ante un Outes plagado de baixas e con apenas 12 xogadores no Eleuterio Balayo. Os de Javier Lodeiro e Claudio intentábano a arreóns e buscando balñons longos, ante un equipo muradán, dirixido por Fernando Silva e Manolo Camello, que intentaba xogar algo máis. Adiantábse os locais pero empataba antes do descanso o Outes. Foi na segunda parte, xa cun Outes moi canso, cando se decantaba o partido para os locais.  

Novas relacionadas

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios