Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Ponteceso, Xallas e Cee pegan primeiro

Xuvenís: Ponteceso, Xallas e Cee pegan primeiro
Cabana-Cee de Xuvenis-Foto-Cabana O Cee soprendeu ao Cabana nas redondas-Foto-Cabana A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Arrincou a segunda fase en categoría Xuvenil con dous focos moi distintos. Por un lado, a intensa Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, cos 6 mellores equipos. Pola outra, a insulsa a href=http://www.futboldacosta.com/?deporte=1&temporada=7&tc=145>Liguilla Copeira, que directamente non vale para nada, pois dadas as baixas de Corme, Muxía e Porteño, os 9 participantes meteranse nos Oitavos. O único premio será para os 3 primeiros, que evitarán enfrontarse cos da Liguilla de campións na primeira rolda.

Así, analizamos a Liguilla de ascenso, na que o Xallas mete medo, o Ponteceso confirma a súa cndidatura, mentres o Cee deu a relativa sorpresa da xornada vencendo ao Cabana.

Liguilla Previa de Ascenso, xornada 1

 

Ponteceso - Baio (2-0)

  • Ponteceso: Damián, Adrián (Minichema), Ismail, Jorge, Villar, Alberto, Aday (Gabri), Yago, Eloy (Loureiro), Diego Cacha (Iván) e Luca (José Ángel).
  • Baio: Jose Manuel, Fran Gabín, Alex F. (Santi Moreira), Michi (Alberto), Brandon, Sergio, Estefan, Luís Eiroa, Javier Muíño (Sustitucions.Cristian), Regueira (Ayoub) e Anxo (Maikel).
  • Goles: 1-0, m.50: Ismail; 2-0, m.70: Eloy.
Ponteceso ganou ao baio en Xuvenis-Foto-SDYago, o capi do Ponteceso no choque ante o Baio no comezo da Liguilla-Foto-SD

Saída en tromba

Primeiro partido da segunda fase da Liga da Costa que dá acceso os postos para á promoción de ascenso. Bo ambiente no Pinguel con numeroso público disposto a animar aos rapaces dos dous equipos. Partido intenso no que ambos equipos empregábanse a fondo na procura da vitoria. Era un clásico choque entre ambas propostas, cun Ponteceso que xogaba na casa e como campión in pectore, levando a iniciativa diante do equipo visitante que intentaba conter o xogo local e saír á contra.
Poucas oportunidades nesta primeira parte destacando un remate de Fran Gabín o executar un tiro libre sobre a portería do Ponteceso no que se lucía o cancerbeiro local e un remate o largueiro dos locales xa no último minuto deste primeiro tempo.

Na segunda metade non poideron empezar mellor as cousas para o Ponteceso que saía en tromba e se adiantaba aos 5 minutos obra de Ismail. A partir de aí os visitantes perderon o sitio e estiveron a merced dos locais que empezaron a chegar a meta de Jose Manuel con mellores condicións de finalización. Pouco despois Ponteceso despediciou un penalti, que saíu fora por moi pouco, executado por Diego "Cachadiña”.

O CD Baio intentou reaccionar pero os da vila de Pondal apenas concedían ocasiíns remanchando o partido Eloy, no minuto 75, cun remate dentro da área que mandou ao fondo das maias. Ata o final o Ponteceso aguantou ben o partido e o CD Baio era un querer e non poder ante un equipo mellor posicionado no campo. Xusta vitoria local e bo partido dos dous conxuntos na apertura dunha fase que ogalla se presente emocionante na disputa dos dous postos da promoción.

 

Montelouro - Xallas (0-10)

  • Montelouro: Xacobo, Adri, CC, Borja, Sergio, Juan, Anxo, Juan de Celia, Fran, Manuel, Bertín..
  • Xallas: Coke, Raul, Cristian (Pablo), Rubén (Parri), Xoel, Alberto, Carlos (Óscar), Rachón (Juanjo), Anxo, Sergio e Santi.
  • Goles: Rachón (5), Sergio (3), Xoel e Santi.

A fame cas gañas de comer

Se ante un equipazo como este Xallas, que parece o gran favorito, enfróntaste cunha marea de baixas, e das importantes, o resultado fala por si só. Gañou con solvencia o cadro de Dani Calvete cunha primeira metade espectacular dos verdes que deixaron o partido sentenciado 0-7 ao descanso. golearon na primeira. Na segunda parte o Xallas levantou o pé do acelerador, e foi unha segunda metade por momentos aburrida.

 

Cabana - Cee (2-5)

  • Cabana: Darío, Martín, Pipa, Ferreiro, Bieito, Mateo (Nando), David Muíño (Santi), Alberto, Julián, Álex Lema (Carlos) e Pablo (Diego).
  • Cee: Paulo, Alex Agulleiro, Senlle, Chema, Borja (Iván, m.85), Castillo (Adrián, m.78), Chiqui (Lagoa, m.60), Hugo (Saulo, m.66), Isma, Xabi Castro e Alex Castro (Pablo, m.60).
  • Goles: 1-0, m.40: Pablo finaliza ben unha boa xogada colectiva; 1-1, m.44 nunha falta desafortunada que acaba con gol en propia porta de Alberto ó intentar despexar; 2-1, m.60: Alberto remachando de cabeza un córner e resarcíndose do autogol anterior; 2-2, m.71: Isma de penalti; 2-3, m.81: Xavi Castro tras un roubo na nosa salida de balón; 2-4, m.83: Saulo dun bo disparo de fora da área; 2-5, m.89: Isma.
  • Expulsións: os cabaneses Darío (m.70) e Julián e Alberto (m.89).

Penalti e expulsión

Partidazo o vivido nas Redondas entre dous bos equipos. O Cabana comezou moi ben pero acabou sucumbindo no treito final tras unha xogada clave a 20 minutos para o remate.

O partido comenzou cos dous equipos tanteando ó rival pero a partir dos Cee fíxose co control do xogo levando a iniciativa ante un Cabana que se viu obrigado a esperar no seu campo e buscar a contra. En todo caso non había ocasións e só un remate de Alex Agulleiro nun corner dentro da área pequena puxo o ui nas bancadas.

O Cabana, moi ben prantado, adiantábase antes do descanso e o Cee tivo a fortuna de empatar antes de ir aos vestiarios cun autogol.

Comezaba a segunda tamén moi igualada, e de novo era o cadro local o que se adiantaba. Pero partir de aí e cun Saulo como perfecto revulsivo, o Cee conseguía empatar na xogada clave do partido: penalti e expulsión de Darío, que daba o empate. A partir de aí, o Cabana intentou aguantar pero o Cee foise metendo arriba e conseguindo darlle a volta ao resultado.

 

Liguilla Copeira, xornada 1

 

Corcubión - Coristanco (1-1)

  • Corcubión: Santi, David, Oca, Jose, Porto, Isma, Samu, Germán, Maikel, Rama e Moure.
  • Coristanco: Alberto, Álvaro, Iván, Vázquez, Álex, Sergio; Bértoa, Adrián, Anido, Chiki; Gabriel e Villar. Tamén: Eloy, Dani, Suso e Carlos.
  • Goles: 0-1, m.30: Villar; 1-1, m.75: Rama.
  • Expulsións: os visitantes Álvaro (m.15), Bértoa e Suso contra o final.

Bronco

Partido bronco o xogado no Cubaleiro, condicionado pola expulsión do visitante Álvaro ao cuarto de hora. A pesar diso os verdes estiveron mellor no primeiro tempo e se adiantaron. Foron perdendo forzas co paso dos minutos, e na segunda metade o Corcubión veuse arriba, dominou, empatou e tivo ocasións para manter os 3 puntos. Os visitantes criticaron a actuación arbitral que deixou ao equipo con 8.

 

Os Miúdos - Esteirana (2-0)

  • Os Miúdos: Xandre, Dani, Yeray, Isma, Gael, Jose, Flavio (Jose), Lize (Sil), Óscar (Bruno), Airán (Alberto) e Xavi.
  • Esteirana: Álex (Alejandro), David, Tobío, Anxo, Álex (Eloy), Xian, Jaime, Chaky, Brais (Juan), Manu (Carlos) e Íker.
  • Goles: 1-0, m.55: Jose nun córner; 2-0, m.87: Jose dende fóra da área.

Derbi de circunstancias

Chegaban os dous equipos con moitas baixas a este derbi, pero cos cadetes respondendo como si xogaran na súa categoría. Empezaron os Miúdos con control do balón e creando xogo, pero a Esteirana defendíase cunha defensa máis experimentada. O control do balón dos Miúdos non se traducía en ocasións, mentres as contras perigosas dos blaugrana, da man de Íker e Manu, facían algo de dano.

Cambiou o panorama na segunda, e os locais saíron con máis gañas, e pronto se adiantaban Tocaba estirarse á Esteirana pero atopouse cun Xandre que fixo un gran partido baixo paus. Foi de novo Jose o que sentenciaría pero só a 3 do final, aínda con incertidume no marcador.

 

Castriz - Fisterra (2-5)

  • Fisterra: Xose, Fabián, Ángel, Juanfran, Papin, Gabi da Anchoa, Andrés, Asier, Dani, Ivan, Breixo.
  • Castriz: Víctor, Luís, Brais, Richi, Cambón, Rony, Balsa, Mika, Julián e Álex. Tamén: Isma, Javi, Álex e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.5: Breixo; 0-2, m.8: Breixo; 0-3, m.10: Breixo; 1-3, m.13: Richi; 1-4, m.20: Breixo; 1-5, m.40: Asier; 2-5, m.65: Isma.

Durmidos

Chegaba o Fisterra ao partido con só 11 xogadores, pero empezaron moi metidos no partido, aproveitando que os locais saíron durmidos e colocando un claro 0-3 no marcador en poucos minutos e un Breixo en plan estelar.

Tardou pero reaccionou o Castriz que recurtaba e tiña varias ocasións para meterse no partido, pero Breixo facía case unha mellor marca anotando 4 tantos en 20 minutos. A segunda parte case que sobraba, cun ritmo moito máis lento e o choque decidido.

 

Outes - Zas (3-0)

  • Outes: Alex, César (Fran), Cutu, David, Brión, Saúl, Simón, Adán (Serxio), Jairo (Adrián), Fabio (Kevin) e Santi (Iván).
  • Zas: Hadrián, Boli, Damián, Brais, Ternande, Pedro, Manu, Dani, Álvaro, Elías e Andres. Tamén xogaron: Manu Laxe, Rubén, Andy e Adrián.
  • Goles: 1-0: Cutu de falta directa; 2-0: Santi de remate tras saque de falta; 3-0: Santi tras un rexeite.

Sentenciado ao descanso

Moi bo partido, moi serio, do cadro da Serra, ante un Zas que marcha con dor por caer tan rotundamente. Saíron os dous equipos moi metidos no partido, co Zas intentando ter o balón, ante un Outes que roubaa en liñ de tres cuartos e saía aproveitando a velocidade e os desmarques de ruptura dos puntas. Se por arriba o Zas tamén chegaba, atrás sufría para neutralizar os ataques rápidos á hora de realizar as coberturas.

Pronto encarrilou o patido o cadro local, que antes do descanso e aproveitando a pasividade defensiva dos visitantes, deixou o choque sentenciado.

 

Novas relacionadas

Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Fonte

Comentarios