Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Xuvenís: Rotando o liderato

Xuvenís: Rotando o liderato
Dumbria-Fisterra Xuvenil-Foto- Jorge Parri

Nun só punto se moven os dous tríos de cabeza de ambas ligas. Malpica, Ponteceso e Cabana polo norte e Dumbría, Xallas de Santa Comba e Fisterra polo sur encabezan a táboa e alternan a posición de liderato tralos enfrontamentos directos. Esta semana o Baio foi o gran perxudicado polo norte, quedando algo descolgado tras caer ante o potente Malpica no choque da xornada, mentres que polo sur o Dumbría amosou que tamén está preparado para quedar co título.


Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 8

Continúa máxima igualdade no alto da táboa do Grupo 3, e cada semana imos vendo un equipo novo no liderato. O trío de cabeza continúa nun pano e a cada enfrontamento directo saltan as chipas. Esta fin de semana o Dumbría arrebatoulle o liderato ao Fisterra no partido da semana, tras este arrebatarllo ao XSC a semana pasada.

O XSC non tivo piedade do Muros cun Marquiños que se adicou a dar asistencias para que marcasen os Landeira (2), Yordi (2), Dani Martínez (2) Cristian, Styven e Fabián. O partido xa rematara aos 15 minutos co 3-0 no marcador. Un marcador que xa sinalaba 7-0 ao descanso.

Pegado aos 3 de arriba mantense o Cee, que sufríu para gañar en Esteiro tras un partido moi igualado e con alternativas, pero sobre todo, marcado pola grave lesión do xogador ceense José Ramón, que mesmo tivo que ser trasladado en ambulancia ao Hospital. Demasiado cara saíulle a vitoria ao cadro de José Carlos e Jorge, que por certo, foron expulsados.

O-ceense-Jose-Ramon-tivo-que-ser-trasladado-en-Ambulancia-dende-o-campo-de-Esteiro-Foto-Jose-Cambeiro

O que sorprendeu foi o Soneira ao Mazaricos. Un Mazaricos que chegaba con baixas, pero que non amosou o bo comezo de campaña e permitiu que o Soneira sumase os seus primeiros puntos e a súa primeira vitoria.

E Corcubión, o cadro de Alfonso estivo a piques de sacar algo positivo, pero o gol de Sergio non foi suficiente para superar a un Outes con máis efectivos.

Corcubion-Outes Xuvenil - Foto-Jorge Parri 2 Corcubión-Outes - Foto-Jorge Parri

Dumbría - Fisterra (3-2)

Dumbria-Fisterra Xuvenil-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Chupi, Roi, Samuel, Cabana, Dito, Jose, Alex Siaba (Rafa, min.10) (Charli, min.85), Lucas (Adrián Ozón, min.80), Javi (Kevin, min.78), Israel (Tomás, min.82), Martín.
  • FISTERRA: Ángel, Ángel Cadete, Javi, Cartamil, Rubén, Hidalgo, Manute, Abel, Josiño, Bruno, Manu. Tamén xogaron Moisés, Iski, Josema, Suárez, Antonio.
  • Goles: 1-0, min.8: Alex Siaba; 2-0, min.50: Israel dende a borde da área pola escuadra; 2-1, min.52: Bruno; 3-1, min.75: Javi; 3-2, min.85: Manu.
  • Lesión: Alex Siaba resentiuse dunhas molestias musculares.
Os xuvenis do Dumbria celebran un tanto - Foto- Jorge Parri

Bo partido o disputado no Conco, ante unha boa entrada de afeccionados locais e fisterráns. E respostaron os dumbrieses que fixeron un grandísimo partido, moi entregados, sabendo controlar os puntos fortes do Fisterra (os que moven o balón no medio campo estaban moi ben tapados) e aproveitando as debilidades rivais. Os Pablo Conde e Serguei no banco local venceron a partida aos Nando e Falito no banco visitante.

Un Fisterra que chegaba algo confiado tras vencer ao XSC, e que non veu o balón nos primeiros 45 minutos. Un primeiro tempo no que ademais do gol de Alex Siaba, puideron chegar varios máis, pero os dumbrieses marraron varias ocasións dentro da área e mesmo un penalti por medio de Israel.

Pero non quedou tranquilo o medio dumbriés ata que marcou o segundo tanto tralo descanso, un auténtico golazo dende o borde da área tras un rexeite e de volea que se colou pola escuadra sen que Ángel puidese facer nada.

Durou pouco a alegría no bando local pois de contado Bruno tirou de orgullo e recurtaba distancias e o Fisterra conseguía meterse definitivamente no partido. Pero cando mellor estaba, Javi marcaba o 3-1 que parecía rebaixar os ánimos visitantes. Así e todo non tiraron a toalla o Fisterra que recurtou e aínda acosou a meta rival durante os últimos 5 minutos mantendo a tensión no partido.


Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 8

Camarinas-Laxe de Xuvenis-Foto- Os Leons de Camarinas

Nun só punto se moven tamén o terceto de cabeza. O Malpica puido co Baio no partido da xornada polo que deixa aos baieses a 6 puntos da cabeza, aínda cun partido menos (o da segunda xornada ante o Muxía aprazado pola Barca). Os que manteñen o ritmo do Malpica son Ponteceso e Cabana. Os de Mato vencía en Arliña nun choque bronco e malo, no que amosaron a súa superioridade ante un moi digno Muxía. Pola súa banda, o Cabana apenas sufría para vencer ao Corme cun set.

Ademais, o Coristanco é o que agora ocupa a 4ª praza. Os de Rochiccioli vencían con bastante solvencia ao Zas e non dan por perdidas esas tres prazas de arriba. Tras unha primeira metade máis dominada polos coristanqueses, o Zas conseguíu meterse no partido no segundo tempo, pero os locais foron máis eficaces e aproveitaron o acerto de Alexis e Magovi.
Na zona baixa, o Laxe superaba aos Leóns de Camariñas nun bo partido no que Elías se erexía como protagonista ao asinar os dous tantos do cadro laxense.

Malpica - Baio (4-1)

Malpica-Baio xuvenil - Foto- Vilas Lopez
  • MALPICA: Jesús; Víctor Novo (Joro, min.57), Fenosa (David, min.65), Canario, Lexi, Kevin, Guille (Aitor, min.57), Diego (Pitís, 65), Martín Maradona, Juny, Camilo.
  • BAIO: Poyo, Xoel, Silvariño, Pablo, Kevin, Fachal (Guille, min.87), David (Farruco, min.52), Carlos (Hío, min.47), Cachopo,(Miki, min.76), Lucas, Santi Díaz (Pedro, min.89).
  • Goles: 1-0, min.20: Pablo a pase de M. Maradona. 2-0, min.30: Diego tras un pase da morte de Juny que se internaba tras un bo pase de Guille. 3-0, min.75: David aproveita un despexe de Poyo a tiro de Pitis. 4-0, min.80: Pitis a centro de David. 4-1, min.80: Pablo de fermosa volea de 40 metros.
  • Expulsións: o local Juny e o visitante Farruco tras unha liorta no min.75.
  • Lesión: o local Diego.

Ambientazo en Pedra Queimada con churrascada e todo polas festas do barrio das Neves de Malpica.

Foi letal o Malpic anos primeiros 45 minutos nos que deixou encarrilado o encontro. Os de Tato combinaron con moita profundidade facendo moito dano á defensa baiesa, mentres que os Cachopo e Santi Díaz estaban demasiado vixiados e non puideron facer perigo. Camilo e Juny avisaron nos primeiros minutos pero foi Pablo quen abriu o marcador tras un erro defensivo local. Un erro que se repetiría 10 minutos despois pero tralo que Poyo tiña que facer unha gran intervención a tiro de Juny. Por bando baiés David probaba a Jesús de falta directa e Santi Díaz mandaba un balón a rentes do pao. Diego facía xustiza á media e asinaba o segundo tras unha boa internada do capitán malpicán.

Na segunda o choque foi máis igualado, e trabado. O Baio conseguía parar o xogo combinativo dos malpicáns pero o partido foise endurecendo e os piques xa se notaban en cada entrada. Así foron expulsados Juny e Farruco nunha tangana mentres David marcaba o terceiro. Chegaba o 4º e só contra o final e cun golazo dende 40 metros, o Baio recurtaba por medio de Pablo, nun partido no que se agardaba máis dos baieses.

Malpica-Baio xuvenil-Foto- Vilas Lopez

Máis información

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios