Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Xallas e Ponteceso impoñen o seu ritmo

Xuvenís: Xallas e Ponteceso impoñen o seu ritmo
Deportivo e vistoso foi o derbi muradán-Foto-Nieves FOrmoso Deportivo derbi muradan-Foto-Nieves FOrmoso A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

A vitoria do Xallas en Cee deixa ao cadro de Dani Calvete como máximo favorito ao título da Liga Sur, sacando xa 5 puntos ao propio cadro ceense que mantén 3 de vantaxe sobre os perseguidores. Parece que vai haber loita por esa terceira praza cos equipos do sur moi empregados.

Mentres, polo Norte, o Ponteceso vai imparable, xa con 7 de 7 e sacando 8 puntos ao segundo vagón. Corme, Cabana deron un paso, pero Coristanco, Bao, Zas e Muxía van dar loita por esas prazas.

 

Liga Xuvenil Sur, xornada 8

Os Miúdos - Montelouro (0-2)

  • Os Miúdos: Xandre, Lice, Alberto, Yeray, Gael, Álex (Airán), Miguel (Bruno), Jose, Tajes (Óscar), Santi e Xavi (Manuel).
  • Goles: 0-1, m.21: Anxo; 0-2, m.27: Luís.

Fermoso derbi muradán, moi limpo, con alternativas no xogo, que se decantou do lado loureán en dúas xogadas no ecuador do primeiro tempo aproveitando que a defensa dos Miúdos estaba mal colocada. O cadro de Tata intentou reaccionar, intentouno pero non puido cun Louro que tiña unha defensa moi ben armada e que soubo durmir o partido.

Os Miúdos gañaron o derbi muradan-Foto-Nieves Formoso Os Miudos ganaron o derbi muradan-Foto-Nieves Formoso  

Cee - Xallas (0-2)

  • Cee: Paulo, Adrián, Senlle, Borja (Tivi, m.65), Alex Agulleiro, Castillo (Álex Castro, m.55), Xabi Castro, Chema (Samu Trillo, m.71), Isma, Samuel Filgueiras (Pablo, m.86) e Chiqui (Hugo, m.63).
  • Xallas: Álex (Coke), Raúl, Cristian, Xoel (Pablo), Rachón, Alberto, Juanjo(Jony), Carlos (Thiago), Anxo (Óscar),Sergio e Santi.
  • Goles: 0-1, m.30: Rachón remata un centro que se envelena; 0-2: Sergio nunha galopada que o deixou diante do porteiro e definiu con calidade.
Bo partido disputado en San Paio dos Refoxos, entre o primeiro e o segundo clasificado, que están situados aí por algo. Un partido especial para un Rafa Suárez agora no banco ceense e hai un par de anos no xalleiro.

Un Cee moi ben traballado discutiulle a posesion do balón o Xallas, aínda que con pouca profundidade sen apenas crear ocasions por ningún bando. O Xallas incómodo ante a disputa da posesión tirou de veteranía e soupo impoñerse o equipo local roubando balóns no medio campo aproveitando algunha que outra imprecisión dos locais.

Chegou o gol de Rachón e o Cee non soubo recuperarse, e tivo que ser Paulo o que salvou varias ocasións, se ben Coke tamén tivo que estirarse cunha gran parada a tiro de Xabi. Na segunda metade, o Xallas facíase cada vez máis co control do xogo e Sergio sentenciaba a contenda.

 

Corcubión - Outes (1-5)

  • Corcubión: Mesejo, David, Isma, Maikel, Porto, Senra, Rama, Samuel, Germán, Carlos e Gabi Golpes. Tamén xogaron: Joselu e Álvaro.
  • Outes: Gorgal, César (Serxio), Brión, David, Cutu, Simón, Adrián (Jairo), Saúl (Fran), Adán (Serxio Nieto), Santi (Fanio) e Carlos.
  • Goles: 0-1: Adán; 0-2: Santi (descanso); 1-2: Gabi de falta; 1-3: Carlos; 1-4: Simón anota un golazo; 1-5: Carlos.

Non foi tan sinxelo o partido para o Outes como sinala o marcador. Despois dunha moi boa primeira parte dos de Eli, o novo adestrador do cadro da Serra que segue contando coa colaboración de Manu Roque, e co 0-2 a favor, o Corcubión metíase no partido no segundo tempo. Gabi marcaba e cando o empate estaba máis preto, o gol de Carlos cambiou o rumbo do partido, e os 4º e 5º tantos xa foron co Corcubión batido.

 

Castriz - Fisterra (3-3)

  • Castriz: Víctor, Julián, Richi, Javier N, Elías, Balsa, Miguel, Luís R, Martín (Manu, m.65), Alejandro, Ismael (Rubén, m.75).
  • Fisterra: Aaron, César, Ángel(Xose), Fabián, Juanfran, Dani, Anchoa, Papin, Asier, Gonzalo e Iván.
  • Goles: 1-0, m.30: Cambón nun córner; 2-0, m.50: Miguel; 2-1, m.60: Marco nun balón ás costas da defensa; 3-1, m.65: Miguel co corpo presionando o despexe do porteiro; 3-2, m.75: Iván de penalti; 3-3, m.88: Dani aproveita un mal despexe da defensa.

Partido tan bronco coma tolo, con moitas imprecisións nos primeiros minutos e con alternativas no marcador e no xogo. Intentou o Fisterra, que chegaba con moitas baixas, impoñer o seu xogo combinativo pero cando mellor estaba, pero era o Castriz o que avisaba con perigo. Un defensa visitante tiña que sacar un remate de Cambón na liña de gol, e pouco despois era o pau o que repelía un tiro do mesmo xogador. Á terceira foi a vencida e Cambón abriu o marcador nun córner.

Comezou o Fisterra máis enchufado na segunda, pero era o Castriz o se aproveitaba dunha indecisión entre defensa e porteiro para ampliar a renda. Recurtou o cadro fisterrán pero Miguel presionaba o balón e vía a recompensa en forma de gol.

Quedaba moito tempo e o partido complicouse, volveuse máis brusco, pero o colexiado non foi quen de rebaixar a tensión. O ambiente entre o público caldeouse demasiado para estas categorías e eso trasladouse ao terreo de xogo. Pediron un penalti os fisterráns que non lle pitou o colexiado, pero si sinalou un que non era. Recurtaba o Fisterra pero á contra o Castriz tiña a sentenza nas botas de Ismael. Pero nunha xogada de boa presión, outro despexe do porteiro rebota nun dianteiro fisterrán quedándolle o empate franco a Dani.

Aínda tivo Luís un man a man e Balsa un remate nun córner pero o marcador non se movería.

 

Liga Xuvenil Norte, xornada 8

 

Baio - Ponteceso (1-4)

  • Baio: Julián (Jose Manuel, m.70), Queiro (Ayoub, m.60), Fran G., Sergio, Jose Antonio, Álex F., J. Muíño (Alberto, m.65), Estefan (Cristian, m.60), Luís Eiroa, Regueira (Moreira, m.60)e Anxo.
  • Ponteceso: Damián, Adrián, Ismail (Feliciano, m.79), Jorge, Villar, Yago, Alberto, Diego Cacha (Aday, m.46), Eloy (Loureiro, m.70), Luca (Lucas, m.62) e José Ángel (Javi Añón, m.66).
  • Goles: 0-1, m.15: José Angel remata unha falta botada por Cacha; 1-1, m.47: Anxo presiona o despexe do porteiro, o balón pega nel e entra; 1-2, m.51: José Ángel; 1-3, m.56: Eloy; 1-4, m.87: Yago.

Non foi tan fácil como parece a vitoria do lider en Baio. O líder visitaba o Platas Reinoso de Baio disposto a manter a racha de vitorias da que fai gala no campeonato de Xuvenís. Pero foi un partido moi igualado, na que o Baio fixo sufrir ao cadro pontecesán moitos minutos.

Saiu ben o equipo local disposto a facerlle frónte e sen ningún complexo. Así dispuxo das primeiras oportunidades e ben que se pudo adiantar no marcador con un remate de Luís Eiroa (que fixo un gran partido) ó longueiro tras tocar o porteiro do Ponteceso ou unha boa chegada por banda naque o centro posterior paseuse pola area pequena sen encontrar rematador. O Ponteceso foise asentando no campo e chegar a meta local con perigro, adiantándose nunha falta que non acertou a despexar a defensa local a pesar da inxenuidade da execucion.

Non facia xustiza o acontencido ata ese momento, aínda así, o equipo local non lle volvía a cara ao rival e este tivo e subir a intensidade se quería manter a vantaxe. Eloy tivo tamén unha clara ocasión dirante de Julián pero no acertou.

Tralo descanso pouco tardou o CD Baio en conseguir a igualada por medio de Anxo e tras un erro do porteiro visistante que se fixo un lío co balón e que, tras intentar despexar topouse co dilanteiro e o rexeite introduciuse na súa portería.

Parecia que iamos asistir a unha segunda parte na que os locais intentarían meterlle man o Ponteceso. Non foi así, e o líder puxo as pilas e tirou da súa calidade para sentenciar o choque en dúas accions case seguidas nas que puxeron o 1-3 no luminoso. De aí ao final empuxou o CD Baio en busca de reducir distancias pero unhas veces a zaga visitante e outras a mala puntería non deron pe a tal posibilidade. O 1-4 final e xa nos ultimos minutos non fixo máis que certificar o bo momento do Ponteceso líder destacado en puntos e o máis importante... en xogo.

 

Porteño - Zas (1-4)

  • Porteño: Álex, José Manuel, Gonzalo, Bruno, Mario, Álvaro, Porto, Oli, Matías e Fabio. Tamén xogaron: Rubén, Antonio, Martín e Josiño.
  • Zas: Hadrián, Boli, Rubén, Damián, Brais, Ternande, Pedro (Cristian, m.80), Elías (Adrián, m.46), Álvaro (Manu Laxe, m.68), Dani Mato e Andrés (Andy, m.62).
  • Goles: 0-1, m.10: Andrés dende a frontal; 0-2, .58: Damián de falta; 0-3, m.60: Álvaro de tiro cruzado; 1-3, m.65: Toxo tras un córner; 1-4, m.80: Dani Mato a pase de Andy.

Tardou o Zas en amoldarse ao pequeno e natural campo da Grixa, e na primeira metade puido o cadro local meterse en varias ocasións por diante. Aínda así era Andrés o que adiantaba aos zaenses cun bo tiro dende a frontal. Tivo o empate o Porteño pero non acertou.

Tralo descanso o partido tinguise do Zas disputando moito cada balón e en apenas 2 minutos sentenciaban o choque cun golazo de falta de Damián e un de Álvaro de tiro cruzado.

Empurrou o Porteño para recurtar distancia no marcador e conseguiuno facendo o 1-3, pero xa era demasiado tarde e foi o Zas o que completou a goleada.

 

Cabana - Muxía (5-1)

  • Cabana: Darío, Julián, Pipa, Ferrreiro, Bieito, Mateo, Reigía(Santi), Alberto, Carlos (Aurelio), David Muíño (Martín), Pablo.
  • Muxía: José, Gusa, MacAreno, Juan, Iván, Marco, Cris, Ander, Rubén, José e Mario.
  • Goles: 0-1, m.30: Jose de falta directa marca un golazo; 1-1, m.48: Pablo; 2-1, m.68: Aurelio rematando de cabeza nada máis saír o campo no primeiro balón que tocaba; 3-1, m.79: Santi; 4-1, m.82: Alberto finalizando unha gran xogada de equipo; 5-1, m.88: Pablo.

Con 11 xustos chegaba o Muxía ás Redondas pero se ata se puxo por diante. Aguantou ben a primeira metade o cadro muxián, ben agazapados e sen fisuras. Pero o gol nada máis volver dos vestiarios e, sobre todo, o segundo de Aurelio, abriu definitivamente a lata e se viñeron abaixo, permitindo que os cabaneses se empregasen con comodidade.

 

Corme - Coristanco (4-1)

Corme e Coristanco xuvenis-Foto-Fin Lema Corme e Coristanco xuvenis-Foto-Fin Lema
  • Corme: Fran, Martín, Ángel, Cris, Aitor, Eloy, Bruno, Trulli, Javi, Kike e Manu. Tamén xogaron: Isaac, Mauro, Yago, Ian e Isma.
  • Coristanco: Eloy; Dani, Íker (Iván, m.70), Corral, Suso (Javi, m.60); Adrián (Castro, m.60), Sergio, Bértoa, Iván Villar; Anido (Alberto, m.70) e Gabriel. Tamén xogaron:
  • Goles: 1-0, m.10: Javi de penalti cometido sobre el mesmo; 2-0, m.25: Manu de cabeza; 3-0, m.60: Kike nunha contra; 4-0,m.70: Kike noutra contra; 4-1, m.85: Dani Vázquez.
Capis do Coristanco e Corme xuvenis-Foto-Fin Lema Capis do Coristanco e Corme xuvenis-Foto-Fin Lema

Fixo o Corme un gran partido controlando case que os 90 minutos. Adiantouse pronto e seguíu percutindo deixando un claro 2-0 ao descanso.

Na segunda o Coristanco quixo reaccionar pero o Corme soubo dar un paso atrás e gardala roupa. En dúas contras sentenciaba o partido cun doblete do extremo Kike.  

Crónicas dos Xuvenís

Crónicas da semana

Máis información

Fonte

Comentarios