Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Xallas e Ponteceso mandan

Xuvenís: Xallas e Ponteceso mandan
Camarinas-Porteno Xuvenil-Foto-Camarinas 3 Vivido e deportivo o derbi entre Camariñas e Porteño-Foto-Camarinas A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Só dous equipos suman partidos por vitorias. No Sur parece o Xallas o gran favorito ao título, cun Cee que vai collendo ton e varios equipos, como Outes, Muídos, Montelouro, Castriz, Esteirana ou Fisterra, que de seguro van estar moi igualados.
Polo Norte, o Corme, que era alcanzado polo Baio, deixa só no alto ao Ponteceso, que sufría para superra a un gran Coristanco.

Ademais, a xornada deixaba un fermoso, vivido e deportivo derbi camariñán.

Liga Xuvenil Sur, xornada 4

Outes - Xallas (1-3)

  • Outes: César, Cutu, Serxio (Aarón), Brión (Fran), Davi, Simón, Adrián, Saúl (Jairo), Fabio (Santi), Carlos e Adán (Sergio Nieto).
  • Xallas: Alex, Cristian, Raúl, Pablo, Xoel (Parri), Alberto, Juanjo (Carlos), Rachón (Thiago), Anxo (Samu), Sergio e Santi (Jony).
  • Goles: 1-0, m.15: Adrián marca un bonito gol de cabeza; 1-1, m.40: Santi; 1-2, m.70: Anxo dende a frontal; 1-3, m.80: Anxo pola escuadra.

Sufrida 5ª vitoria

Mantén o Xallas un ritmo impresionante e superou un dos campos complicados da Liga, acadando unha sufrida vitoria. E iso que o Outes comezou ben, e se adiantou pronto con gol de Adrián. Pero pouco a pouco o cadro de Dani Calvete foi meténdose arriba. Aguantaban ben posicionados os locais defendéndose coma leóns, ata que ao fío do descanso Santi empataba nunha indecisión do porteiro local.
Na segunda estirouse un pouco máis o Xallas pero sen crear moito perigo. Foi Anxo o que puxo aos xalleiros por diante cun zurdazo desde a frontal. Sentenciou o propio Anxo cunha falta pola escuadra.


Os Miúdos - Corcubión (5-0)

    Os Miúdos: Gael, Santi, Yeray, Gael, Álex, Gesto, Jose, Miguel, Tajes e Xavier. Tamén: Airán, Óscar, Jicho, Toni.
  • Corcubión: Mesejo, David, Isma, Maikel, Porto, Álvaro, Moure, Samuel, Germán, Samu, Rama e Carlos. Tamén xogaron: Joselu e Garea.
  • Goles: Santi, Jose Canario (2), Tajes e Álex.

Vitoria agridoce

Gañou ben o equipo muradán pero a vitoria sóubolle algo agria porque foi o último partido de Mané Senande no banco. O adestrador muradán, despois destes dous grandes anos de estrea do equipo negro na categoría, ten que deixalo equipo por motivos de saúde, e aproveita para agradecer a confiianza, en particular a Vintos, e mais a todos os rapaces.

Uns rapaces que venceron con solvencia a un Corcubión que aguantou ata o descanso, marchando só 1-0 no marcador. Pero o 2-0 de libre directo sentenciou o partido e os visitantes baixaron os brazos, permitindo que os muradáns fixesen unha gran segunda metade con xogo bonito.


Fisterra- Esteirana (5-1)

  • Fisterra: Aaron; Fabian, César, Ángel (Andrés), Breixo, Daniel, Gabriel, Iván (Gonzalo), Asier, Gabriel Papín (David) e Juan.
  • Esteirana: Álex de Yi; Eloy, Rafa (Tobío), Manu, Anxo; Antonio, Rubén, Jaime, Áxel (Damián), Manu de Yi e Íker.
  • Goles: 1-0, m.1: Breixo; 2-0, m.28: Breixo; 2-1, m. 42: Manu de Yi; 3-1, m.65: Breixo; 4-1, m.76: David; 5-1, m.80: Breixo.

Goles de temporal

Aveciñábase temporal para a fin de semana, e entrou con forza no Ara Solis, onde o Fisterra pasou coma un vendaval por riba da Esteirana. Comezou o choque cun Fisterra moi metido no encontro, que se adiantaba no primeiro minuto de xogo, aproveitando un erro da zaga visitante. Os locais tiveron uns primeiros trinta minutos de xogo brillante, con un fútbol combinativo, de primeiro toque e moita velocidade, desarbolando por completo ó conxunto dirixido por Lodeiro.

Nunha transición rápida chegaría o segundo gol para o Fisterra, nun pase á espalda da defensa que Breixo materializa en gol, batendo por riba a Álex. Intentaba repoñerse a Esteirana, con máis corazón que cabeza, e a pesares do dominio local, dispuxo de numerosas ocasións antes do descanso como para empatalo partido, primeiro nun man a man de Antonio que non é quen de superar ó meta local, outro de Manu que perdía no man a man con Aarón, caéndolle de novo o rexeite nos pés e enviando o balón fóra ca meta baleira. Finalmente, si conseguía acertar Manu ca portería fisterrá poñendo o 2-1 no marcador, resultado co que se chegaba ó descanso.

Na reanudación continuaba a Esteirana dispoñendo de boas ocasións. Puido empatar Manu de novo, nun balón morto na área pequena, que non é quen de resolver. Disporía Damián da ocasión máis clara para poñer as tablas no taboleiro, nun dous para un contra o porteiro, encara Yi, cédelle o balón a Damián que envía o balón fóra co gardamallas xa batido. A partir de aí, volveu o rodillo fisterrán, recuperando o temón do partido ata o pitido final. Poñía Breixo terra de por medio anotando de cabeza á saída dun córner. David anotaba o cuarto da tarde nunha gran xogada colectiva dos locais, que tras unha serie de pases gañan a liña de fondo, poñendo o pase atrás para que este cruce ó segundo pau. A piques estivo de chegalo quinto noutra xogada colectiva, pero esta vez o esférico foi repelido polo longueiro tras un gran remate de cabeza. Minutos despois, erixíase Breixo coma o gran protagonista da tarde, anotando o quinto para o Fisterra e o cuarto na súa conta particular, dun forte disparo dende o borde da área que se cola pola escadra, sen que Álex puidese facer nada.

Gran encontro do Fisterra, que fai difícil explicar a súa situación na táboa clasificatoria.


Montelouro - Cee (0-4)

Montelouro - Cee - Foto-Nieves FormosMontelouro - Cee - Foto-Nieves Formos Montelouro - Cee - Foto-Nieves Formoso
  • Cee: Paulo, Adrián, Senlle, Borja, Álex Agulleiro, Castillo, Xabi Castro, Chema, Ismael (Toño, m.60), Samu Filgueiras (Tivi, m.60) e Álex Castro (Samuel Trillo, m.55).
  • Montelrouo: Joaquín, Sergio, Bolo, Juan, Bouzas, Juanma, Juan Pedro, Cristian, Juan de Celia, Anxo e Luís.
  • Goles: Ismael, Xabi Castro, Ismael e Senlle.

O mellor partido para uns e o peor para outros

Foi o mellor partido da tempada do Cee en control do xogo e intensidade, pero tamén foi opeor partido dos muradáns, deito que explica perfectamente o resultado. Xustos vencedores os ceenses, demostrando un bo nivel sobre todo na primeira metade na que, malia que só aproveitaron unha ocasión.
Na segunda parte o nivel do xogo decaeu un pouco pero os de Rafa tiveron máis acerto de cara gol. Pola contra Paulo salvou algunha ocasión dos de Caluso.


Liga Xuvenil Norte, xornada 4

Muxía - Zas (1-1)

  • Zas: Sergio, Rubén, Damián, Ternande, Brais, Manu, Pedro, Álvaro, Dani Mato, Andrés e Andy (Manu Laxe, m.65).
  • Muxía: José, Rubén (Chori, m.50), Álex, Gusa, Paulo, Santi, Juan, Cristian (Rodri, m.70), Mario (Iván, m.60), Carlos, e Ander.
  • Goles: 0-1, m.25: Andrés de tiro cruzado; 1-1, m.44: Santi nun córner.

Empate trabado

Partido incómodo en Arliña, con moito xogo no medio campo, e poucas chegadas a area. Aínda así, aproveitou o Zas de Martín unha das súas poucas chegadas para facer o 0-1, pero era o Muxía o que logaba empatar antes do descanso tras un saque de esquina.

Máis do mesmo na segunda metade, sendo desta volta o Muxí ao que máis preto estivo da meta rival, pero tampouco sen demasiado perigo.


Camariñas - Porteño (3-3)

  • Camariñas: Brais Baña, Barreiro, Brais (Pifo, m.75), Miguel (Pose, m.50), Pablo S., David, Joseba (Gabri, m.70), Chicote (Brian, m.75), Espi, Adrián e Pablo Mouzo.
  • Porteño: Alex, Gonzalo, Manuel (Raúl, m.65), Jose, Bruno, Álvaro (Josiño, m.67), Oli, Mario, Porto, Fabio (Antonio, m.60)e Matías (Martín, m.46).
  • Goles: 1-0, m.15: Pablo Mouzo; 2-0, m.25: Espi; 2-1, m.40: Fabio; 3-1, m.55: Espi; 3-2, m.75: Antonio; 3-3, m.80: Porto.

Fermoso derbi

Fantástico ambiente no Hermanas Patiño para ver un limpo, intenso e deportivo derbi, que ademais tivo o aliciente dos goles. A primeira metade foi do equipo local pero a raíz do 2-0, (un golazo de Pablo Mouzo e o primeiro de Espi, que quixo adicarllo a Sergi "O Galés"), o Porteño foi igualando a contenda e recurtou a pouco do descanso.

Comezaba tamén a segunda igualada pero o Camariñas algo máis enriba, ampliaba a conta pero deixaba vivo cun erro aos veciños, que aproveitaron estar os últimos 15 minutos cun home máis pois o Camariñas quedou sen cambios e sufriu unha lesión. Ao final, Antonio e Porto acadaron o empate e deixaron ao Camariñas sen o premio que crían ter na man.


Baio - Corme (2-1)

  • Baio: Jose Manuel, Queiro (Ayoub, m.75), Fran G, Sergio, Jose Antonio, Javier Muíño, Alberto (Cristian, m.55), Estefan, Luís Eiroa (Regueira, m.25), Alex (S. Moreira, m.70) e Anxo.
  • Corme: Fran, Ángel, Martín, Aitor, Cris, Eloy, Isma, Bruno, Isaac, Manu e Javi. Tamén xogaron: Tasende, Trully, Iago, Kike e Pandi.
  • Goles: 1-0, m.4: Estefan; 1-1, m.6: Isaac; 2-1, m.80: Anxo tras un erro da defensa cormelá.

Fermoso espectáculo no Platas Reinoso

O Baio e Corme depararon na tarde do sábado un encontro a peito aberto, ben bonito de ver e que poido gañar calquera dos dous equipos. Adiantouse o Baio nada maáis empezar cun gol de Estefan. Empezaban ben os locais, máis enchufados e con gañas de melloralas últimas prestacións de encontros anteriores, ante un Corme que viña moi forte. Pouco lle durou a alegría aos de Julio Vila e o Corme acadou o empate dous minutos máis tarde da man de Isaac. A partir de aí houbo dominio alterno dos dous conxuntos con oportunidades para ambos lados ata o descanso.

No segundo tempo e a volta dos vestiarios saiu outra vez mais enchufado o equipo local ao que respondiu rapidamente o Corme. A uns minutos de dominio dun equipo respondia o outro con animo de revancha e así chegouse ao último cuarto de hora co empate no marcador. Anxo tras un erro dos visitantes puxo por diante os de Baio apenas faltaban nove minutos para o remate. Arreón final do Corme e o Baio defendéndose con orde para chegar o final do encontro.

Segunda vitoria do CD Baio que os acerca precisamente ao Corme, segundo clasificado nun campeonato que se antoxa moi igualado.


Coristanco - Ponteceso (2-3)

  • Coristanco: Alberto, Álex (Eloy, m.85), Álvaro, Varela, Sergio, Bértoa, Corral, Adrián, Chiki (Suso, m.80), Iván Villar (Gabriel, m.46) e Dani.
  • Ponteceso: Damián, Javi (Loureiro, m.58), Ismail, Adrián, Villar, Yago, Alberto (Gabriel, m.87), Diego Cacha, Eloy (Lucas, m.90), Aday (Feliciano, m.89) e José Ángel (Luca, m.65).
  • Goles: 0-1, m.15: Diego Cacha; 1-1, m.30: Dani; 2-1, m.40: Varela; 2-2, m.80: Diego Cacha; 2-3, m.89: Eloy.
  • Expulsión: o míster coristanqués Chipi por fumar no banco.

Vitoria "in extremis"

Menudo partido o vivido na Rocheira. Comezou o Portenceso meténdose por diante gracias á calidade de Diego Cacha, pero o Coristanco veuse arriba e acabou dominando o primeiro tempo e remontando o partido, ata poñerse 2-1 antes do descanso.

Comezaba a segunda co Ponteceso de Fernando algo máis arriba, pero os de Chipi aguantaban ben as embestidas. Ata que a 10 do final, Diego Cacha empataba o partido e xa case que co tempo cumplido, Eloy facía o 2-3 e deixaba sen premio ao Coristanco, que ademais de perder os 3 puntos viron como o colexiado expulsaba ao adestrador por fumar no banquiño.

Segue pendente o cadro pontecesán da evolución do xogador Samuel, que tras baixarlla a hinchazón da semana pasada, fará a resonancia este mesmo mércores.


Crónicas dos Xuvenís

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

Comentarios