Martes. 23.04.2024
El tiempo

Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial

Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial
Podio feminino no campionato de tenis de mesa de Zas Podio feminino no campionato de tenis de mesa de Zas

Menuda festa do deporte de base acolleu este pasado sábado 13 o pavillón municipal de Zas. O Campionato Provincial de Tenis de mesa, organizado pola AD Zas dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, contou coa participación de 36 equipos das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino como femenino. Un evento que mobilizou a máis de 130 persoas entre xogadores e acompañantes procedentes de Ferrol, Narón, A Coruña, Cambre, Oroso, Santiago, Noia, Outes, Mazaricos, A Baña, Vimianzo e os anfitrións de Zas.

Desputouse en xornada de mañá e tarde tendo o mediodía unha comida grupal nun restaurante da localidade zaseiro.

Podio masculino no campionato de tenis de mesa de Zas Podio masculino no campionato de tenis de mesa de Zas

En canto aos resultados, estos foron moi bos para os equipos da comarca, con 3 campións, 1 subcampionato e un 3º posto.

Estes foron os resultados por categorías: Benxamín mixto !º San Xoán de Ferrol 2º A Solaina de Narón 3º CTM Arteal de Santiago 4º AD Zas 5º CPI A Baña alevín femenino 1ª Virxe do Mar de Narón 2º AD Zas 3º AD Zas - BAIO 4º A SolaIna de Narón 5ª CPI A Baña 6º Club del Mar de A Coruña alevín masculino 1º CPI A Baña 2º Club del Mar de A Couña 3º San Xoán de Ferrol 4º AD Zas 5ª Cruceiro de outes 6º A Solaina de narón Infantil masculino 1ª Club del Mar de A Coruña 2º Oroso Tm 3º Narón 4º David Buján de Cambre 5º Cruceiro de Outes 6º Concello de Vimianzo 7º Ferrol Vello Infantil Femenino 1ª San Xoán de Ferrol 2º David Bujan de Cambre Cadete Masculino 1º Concello de mazaricos 2º Cruceiro de Outes 3º liceo de Noia 4º David bujan de Cambre 5º Fernado Esquío de Narón Cadete Femenino 1º AD Zas 2º Fernando Esquío de narón 3º CPI A Baña  

O AD Zas quedou a un paso do título

Por outra banda, o domingo 14 celebrouse a última xornada da liga de afeccionados Ksas TM na que AD Zas rematou en 2ª posición e Vimianzo Tm en 3ª lugar, sendo campión o equipo local, Oroso TM entre 15 clubes de toda Galicia. Nesta liga puntuaban todos os xogadores que participaban en cada xornada. Esta edición estivo disputadísima e non se decidiu ata a última xornada, pois o campión só aventaxaba nun punto ao AD Zas. E os de Vimianzo remontaron a desvantaxe que tiñan co clube de Monteporreiro que se tivo que conformar coa 4ª posición.

Nas distintas xornadas desta liga os xogadores de Vimianzo, Baio, Zas, Santa Comba, Mazaricos e A Baña localidades donde o AD Zas imparte clases entrenamento desprázaronse en autobús que foron sufragados polos concellos de Zas (1), Vimianzo (1), A Baña (1) e os propios xogadores (3).

Agora quedan os distintos torneos de verán entre os cales o AD Zas voltará a orgaanizar o torneo Ponciano Nieto que nesta será a 9ª edición.

Concello de Vimianzo en liga Ksas Tenis Mesa Concello de Vimianzo en liga Ksas

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios