Venres. 29.03.2024
El tiempo

1 millón de euros para a mellora da estrada de Hospital a Brens

Melloras na DP-2302
1 millón de euros para a mellora da estrada de Hospital a Brens

A DP 2302, a estrada que une Dumbría con Cee, dende Hospital a Brens, recibirá un investimento de 1 millón de euros para sufrir unha importante mellora entre os puntos kilométricos 2+100 e 5+890.

As obras aumentarán a sección actual dotándoa de dous carrís de circulación con 3 metros de ancho e beiravías de 0,50 metros, e na modificación de catro interseccións, co suavizado de curvas e a execución de carrís de espera e cuñas para facilitar as incorporación e mellorar a visibilidade, Ademais, repoñerase o firme en toda a zona de actuación.

Comentarios