Mércores. 19.06.2019
El tiempo

20 [email protected] de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría comezan o obradoiro “Proturismo 2017”

20 [email protected] de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría comezan o obradoiro “Proturismo 2017”
Obradoiro de Emprego de Santa Comba Mz e Dumbria

Ademais do obradoiro muradán e carnotán, os Concello de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría tamén comparten esta iniciativa de inserción laboral que promove a Xunta. Estes obradoiros de emprego saben que son 9 meses de formación teórica e práctica, durante ademais reciben un soldiño. Un xeito de dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reincorporarse ao mercado laboral.

O Centro integrado de formación Terra de Xallas de Santa Comba acolleu a inauguración do Obradoiro “Proturismo 2017”. As sesións irán enfocadas ás especialidades, por un lado de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes; e polo outro, de promoción turística local e información ao visitante.

Anabel Piñeiro, directora do Obradoiro; Xoan Blanco, alcalde de Mazaricos; María Pose, alcaldesa de Santa Comba; Ovidio Romero, responsable da Xunta; e Raúl González, concelleiro dumbriés Anabel Piñeiro, directora do Obradoiro; Xoan Blanco, alcalde de Mazaricos; María Pose, alcaldesa de Santa Comba; Ovidio Romero, responsable da Xunta; e Raúl González, concelleiro dumbriés

Dentro da especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes están previstas 19 actuacións entre as que destacan a mellora de zonas verdes na Picota, en Pino de Val ou Cumbráns e na Ruta do Monte Aro, en Mazaricos; melloras nas áreas recreativas de Albarín, Vilar, o Freixo ou Castriz, en Santa Comba; ou a mellora e mantemento das áreas verdes situadas no Conco, en Olveira, ou no Ézaro, en Dumbría.

O alumnado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante ten encomendada a tarefa de promover os destinos turísticos locais colaborando na xestións dos servizos de información turística. Así, no municipio de Santa Comba, o obxectivo é deseñar un plan turístico local con especial atención ao turismo de restauración e o turismo de eventos deportivos traballando ademais na procura da colaboración entre o sector público e privado. No caso de Mazaricos, o estudo daqueles produtos turísticos do concello que contén cun potencial de aproveitamento turístico ademais de organizar, preparar información turística dos eventos do Concello. En canto a Dumbría, colaborar coa técnico de turismo na organización de toda a información.

Ao remate do curso (28 de xuño de 2018), os alumnos-traballadores recibirán un certificado de capacitación profesional con validez en todo o Estado que lles habilita para empregarse nas especialidades nas que se formarán durante os vindeiros nove meses.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios