20 novos diplomados cos Obradoiros de Emprefo de Dumbría, Mazaricos e Santa Comba
15:31 28/06/18
Fornada de diplomados na Casa do Pozo
Remataron eses fantásticos nove meses de formación e prácticas pagadas que supoñen os Obradoitos de Empreto que subvenciona a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Remataron os Obradoiros de “Instalacións e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes” e “Promoción Turística Local e Información ao Visitante”, para os 20 alumn@s-traballadores de Dumbría, Mazaricos e Santa Comba.
Este xoves tivo lugar no Pazo de Santiso de Santa Comba, o acto de entrega de diplomas, no que a cirectora do Obradoiro “Proturismo2017”, Anabel Piñeiro, queixo destacar a implicación do seu alumnado.
Aí quedan moitas cousas feitas durante estes meses. Os novos profesionais do turismo destacaron pola elaboración de visitas teatralizadas no Pazo de Santiso, a promoción de eventos coma o “Bolo do Pote”, o deseño de folletos e material turístico con incorporación de códigos QR ou por esas viaxes de promoción turística a Italia. Para os de Xardinería quedan moi ben feitas esas actuacións entorno do Parque Infantil e a Piscina Municipal de Santa Comba; a parcela de equipamentos na Picota (Mazaricos) así coma a Praza de Olveira en Dumbría.
Anabel Piñeiro explicando o devir do Obradoiro
A alcaldesa de Santa Comba María Pose facendo entrega dos diplomas